Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 18 de febreiro de 2002 Páx. 1.891

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 31 de xaneiro de 2002 pola que se crea un ficheiro automatizado de datos de carácter persoal na Dirección Xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro (BOE nº 298, do 14 de decembro) ten por obxecto garantir e protexer, no que concirne ó tratamento dos datos persoais, as liberdades públicas e os dereitos fundamentais das persoas físicas e, especialmente, a súa honra e intimidade persoal e familiar.

No artigo 20 dispón que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse por medio dunha disposición xeral publicada no Boletín Oficial del Estado ou diario oficial correspondente e sinala, así mesmo, os datos que deberán indica-las disposicións de creación ou de modificación dos ficheiros.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante esta orde, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos crea o ficheiro automatizado de datos de carácter persoal correspondente á Dirección Xeral de Recursos Mariños que se sinala no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación de ficheiros, está contida no anexo desta orde.

Artigo 3º.-Finalidade e uso do ficheiro.

Os datos de carácter persoal, rexistrados no ficheiro automatizado da Dirección Xeral de Recursos Mariños creado por esta orde, só serán utilizados para os fins expresamente previstos no anexo e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

No suposto de cesión de datos ás administracións públicas haberá que se ater ó disposto na normativa vixente.

Artigo 5º.-Órgano responsable da seguridade dos ficheiros.

Será responsable da seguridade dos ficheiros a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Artigo 6º.-Medidas de seguridade.

As medidas de seguridade do ficheiro, e en función do nivel en que este se clasifica, están especificadas no correspondente documento de seguridade.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO

Xestión de Cultivos Mariños.

A) Finalidade e usos previstos para o ficheiro.

Xestión de establecementos de cultivos mariños e auxiliares.

B) Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos.

Titulares de establecementos de cultivos mariños e auxiliares.

C) Procedemento de recollida de datos de caráter persoal.

Solicitudes para a obtención ou modificación dos títulos habilitantes.

D) Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos nel.

D.1) Estructura básica.

Base de datos.

D.2) Tipo de datos de carácter persoal incluídos.

D.2.1) Datos de carácter persoal.

-Nome e apelidos.

-Enderezo.

-Teléfono.

-Fax.

D.2.2) Datos de carácter identificativo.

-NIF.

D.2.3) Outros datos.

-Non existen.

E) Cesións de datos de carácter persoal ou transferencias de datos previstas.

Ningunha.

F) Órgano responsable do ficheiro.

Subdirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura.

G) Servicios ou unidades ante os que se poderán exerce-los dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Subdirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura.

H) Nivel de seguridade.

Medio.