Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.861

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación de sentencia (142/2001).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, certifico

que, ante esta sección segunda, se segue o rolo de apelación nº 142/2001, no que se dictou sentencia, da que o encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

(Apelación civil).

A Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, constituída por Abel Carvajales Santa-Eufemia, presidente, Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza e Fernando Alañón Olmedo, maxistrados, pronunciou a seguinte sentencia:

En Ourense o dezaseis de outubro de dous mil un.

Vistos, en grao de apelación, por esta sección segunda da Audiencia provincial, actuando como tribunal civil, os autos de xuízo de menor contía procedentes do Xulgado de Primeira Instancia da Pobra de Trives, seguidos co nº 17/1997 e 72/1997, acumulados, rolo de apelación nº 142/2001, nos que aparece, como parte apelante, Enrique Pérez Fernández, representado polo procurador dos tribunais Jesús Marquina Fernández, e asistido polo letrado Fernando Otero Marquina e, como apelado, Josefa Carballo Martínez, representada polo procurador dos tribunais Andrés Tabares Pérez-Piñeiro e asistido polo letrado José Manuel Orban Sousa, Cipriano Lamelas Carballo, José Manuel Lamelas Carballo, María Paz Lamelas Carballo, Perpetua Lamelas Carballo, Julio Lamelas Carballo, Josefa Lamelas Carballo, Esperanza Lamelas Carballo e Ermitas Lamelas Carballo, en situación procesual de rebeldía. É maxistrado-ponente Fernando Alañón Olmedo.

Decido:

Desestímase o recurso de apelación interposto polo procurador dos tribunais Jesús Marquina Fernández, en nome e representación de Enrique Pérez Fernández, contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia da Pobra de Trives, en autos de xuízo menor contía nº 17 e 72/1997, rolo de apelación nº 132/2001, do 28 de xuño de 1999, que se confirma, con imposición de custas á parte apelante.

Ó notificar esta resolución ás partes fáganse as indicacións a que se refire o artigo 248.4º da LOPX.

Así, por esta nosa sentencia, da que, en unión dos autos orixinais, se remitirá certificación ó xulgado de procedencia, para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Abel Carvajales Santa-Eufemia. Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza. Fernando Alañón Olmedo. Rubricados.

Concorda fielmente co orixinal ó que me remito e para que así conste e sirva de notificación a Mª Paz Lamelas Carballo e a Perpetua Lamelas Carballo, expido e asino esta cédula, que foi lida e pronunciada en audiencia pública o mesmo día da súa data, en Ourense, once de xaneiro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado