Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2002, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relaciona acordo derivado de acta de desconformidade e proposta de resolución de expediente sancionador pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (José Ramón Vidal Quintas).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo derivado de acta de desconformidade e proposta de resolución de expediente sancionador pendentes de notificar despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Inspección Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral de inspección de tributos e artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con domicilio na rúa Progreso, 38 ent., Ourense, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 21 de xaneiro de 2002.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

José Ramón Vidal Quintas

DNI 76720107-L

C/ Alfredo Nan, 7-3ºA

Allariz-Ourense

Acordo derivado de acta de desconformidade, proposta de resolución expediente sancionador

Nº 32/2001/00234-0225 T.P. e A.J.D.

Exercicio 1997