Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.837

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 13 de febreiro de 2002 pola que se regulan as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios durante o ano 2002.

O Decreto 332/1995, do 27 de decembro, establece para a Comunidade Autónoma de Galicia as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios, coa finalidade de que un maior número de agricultores e gandeiros poidan beneficiarse das vantaxes que supoñen os seguros como un instrumento

que lles permite facer fronte ás perdas económicas que poidan ter nas súas produccións como consecuencia da actuación de axentes alleos, como a climatoloxía, enfermidades, etc.

Tendo en conta a evolución da contratación de seguros agrarios nas últimas campañas, é necesario regular determinados aspectos para o ano 2002, como a contía das axudas e o seu financiamento.

Conforme o previsto no artigo quinto do título II da Lei 87/1978, do 28 de decembro, e o regulamento que a desenvolve, aprobado polo Real decreto 2329/1979, do 14 de setembro, a Entidade Estatal de Seguros Agrarios elaborou o Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2002, o contido do cal se axusta ó acordo de bases para a elaboración dos plans de seguros agrarios combinados, para o trienio 2001-2003, aprobado pola Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos, con data do 8 de novembro de 2000.

No plan determínanse as distintas porcentaxes de subvención que lle corresponde a Enesa achegarlle á Administración do Estado, nos diferentes grupos de liñas de seguro e os criterios para a súa asignación; os estudios de viabilidade e condicións de cobertura ás novas liñas de seguro ou garantías adicionais que se poden incorporar como novidades; a elaboración e revisión das normas de peritación; as datas de subscrición e prazos de elaboración de cada seguro e demais cuestións relacionadas co plan.

O Plan anual de seguros agrarios aprobouse para este exercicio por acordo do Consello de Ministros, do 30 de novembro de 2001, e foi publicado por Resolución do 3 de decembro (BOE do 20 de decembro).

Neste plan 2002 establécense importantes novidades, en canto a novas garantías e liñas de seguro, introducindo cambios substanciais e variantes en canto á subvención ás pólizas contratadas. Entre estas novidades cabe destaca-la inclusión de riscos excepcionais non controlables polo agricultor nas liñas de froiteiras, kiwi e hortalizas (choivas persistentes), o seguro de pataca, o seguro equino, e a creación dun grupo V cunha liña de seguro para a cobertura dos gastos derivados da destrucción de animais bovinos mortos na explotación (materiais específicos de risco MER).

Estas circunstancias motivan a Comunidade Autónoma de Galicia a participar nas subvencións que financien estas pólizas de seguro, co fin de fomenta-la contratación de seguros agrarios.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, modificada pola Lei 11/1988, reguladora da Xunta e do seu presidente, e o Decreto 25/1998, do 22 de xaneiro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e beneficiarios.

Durante o ano 2002 poderán beneficiarse das axudas establecidas polo Decreto 332/1995, do 27 de decembro, os asegurados titulares de explotacións

agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre e cando subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan anual de seguros agrarios combinados de 2002, ou pólizas de liñas gandeiras dos plans anuais de seguros agrarios combinados de 2001 e 2002, e cumpran o establecido no devandito decreto e nesta orde.

Artigo 2º.-Entidades aseguradoras autorizadas.

1. A subscrición do seguro realizarase unicamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Facenda e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras de los Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro) e a través dos axentes de seguros autorizados, todo isto na forma establecida a teor da Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados e demais normativa concordante.

2. A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou ben de forma colectiva, por medio de tomadores rexistrados pola Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa).

Artigo 3º.-Liñas de seguros subvencionables e contía da axuda.

1. A axuda que concederá a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural consistirá, agás nas liñas de seguro do grupo V, nunha porcentaxe da outorgada para o mesmo fin pola Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa), que xa dá un tratamento diferenciado segundo as características dos titulares de explotacións agrarias e establece os grupos de liñas de seguro para efectos da aplicación das subvencións conforme a normativa estatal do plan anual vixente.

2. Para o ano 2002 fíxase a subvención da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural nun 18% sobre a axuda á contratación que lle corresponde a Enesa para tódalas liñas de contratación dos grupos I, II, III e IV, reflectidos no anexo II, agás para as liñas seguintes:

-Liñas de uva de vinificación, froiteiras (mazá de mesa, pera, pexego, albaricoque e ameixa), cereixa e kiwi, en calquera das súas modalidades de contratación, nas que esta porcentaxe será do 55%.

-Liñas de seguro de explotación de gando vacún reproductor e recría e seguro de explotación de cebo, nas que a porcentaxe para o cálculo da subvención será do 22%.

3. No caso da liña de seguro (grupo V do anexo II) de cobertura de gastos derivados da destrucción de animais bovinos mortos nas explotacións (MER), a subvención aplicable será do 30% sobre o custo neto do seguro.

4. A concorrencia das axudas das administracións públicas non superará as porcentaxes máximas establecidas nas directrices comunitarias (2000/C 28/02) sobre axudas estatais ó sector agrario para atender posibles perdas causadas por desastres naturais e acontecementos de carácter natural ou por fenómenos climáticos adversos asimilables a desastres naturais.

Artigo 4º.-Procedemento e prazos de execución.

1. As solicitudes para acceder ó pagamento desta subvención da consellería faranse conforme o modelo que figura no anexo I.

2. As datas de inicio do prazo de presentación das solicitudes de axuda para a contratación de seguros están reflectidas no anexo II, de forma particular en cada liña de contratación, regulada pola correspondente normativa do MAPA do plan anual vixente, onde se fixan as datas de inicio para a subscrición das pólizas do seguro de que se trate.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de decembro de 2002, coincidindo coa data final de subscrición das pólizas de seguro.

3. O importe da axuda que pagará a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural será deducido do importe da prima que aboará o tomador ou o asegurado no momento de subscribi-la póliza. As cantidades así descontadas seranlle aboadas pola Comunidade Autónoma a Agroseguro contra certificacións de liquidación, e sempre de acordo co procedemento establecido no correspondente convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e Agroseguro.

4. O convenio establece, entre outros, os prazos e a documentación que Agroseguro lle deberá xuntar a cada certificación de liquidación, co fin de que se poidan efectua-las comprobacións oportunas para a resolución por parte da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, antes de realiza-los correspondentes pagamentos da axuda a Agroseguro.

5. Correspóndelle ó conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural a aprobación destas axudas por proposta do director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria no prazo máximo de seis meses, contados a partir da data de entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Entenderase desestimada se no devandito prazo non se notificase a resolución.

6. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá recorrerse potestativamente en reposición perante o mesmo órgano que a dictou nos prazos establecidos no artigo 117 da Lei 30/1992, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben poderá ser impugnada directamente ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo establecido no artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Artigo 5º.-Obrigas dos beneficiarios e tomadores dos seguros.

1. Como condición indispensable para proceder ó pagamento da axuda a Agroseguro, os tomadores dos seguros deberán presentar obrigatoriamente as solicitudes normalizadas da axuda previstas no anexo I desta orde, preferentemente nos rexistros das delegacións provinciais da Consellería de Polí

tica Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural ou en calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, nos 10 días hábiles seguintes á finalización do mes no que se formalizou a póliza do seguro.

2. Os tomadores dos seguros deberán achegar, así mesmo, unha lista resumo das pólizas subscritas así como toda aquela documentación relacionada coa contratación do seguro, se así lles fose solicitado tanto polo órgano competente de xestión como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

3. Os solicitantes das axudas presentarán, coa solicitude, unha declaración de conxunto de tódalas solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas, das distintas administracións públicas competentes, para a mesma finalidade.

4. Toda alteración das condicións requiridas para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais o internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución do pagamento da axuda.

5. O incumprimento destas obrigas suporá a perda total ou parcial da axuda, así como a obriga de restituí-las cantidades percibidas, sen prexuízo doutras responsabilidades en que puidesen incorre-los beneficiarios.

Artigo 6º.-Financiamento.

O financiamento das axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios realizarase, de conformidade co disposto no Decreto 401/2001, do 28 de decembro, con cargo ó concepto orzamentario 09.03.614A.773.0, de apoio á eficacia dos sistemas productivos agrarios dos orzamentos prorrogados da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, dotado con 420.703 euros para este programa.

No momento de aprobación dos orzamentos da Comunidade Autónoma para 2002, publicarase a ampliación da dotación orzamentaria que financie as axudas recollidas nesta orde.

Disposicións derraderias

Primeira.-Facúltase o director xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria para dictar cantas disposicións considere necesarias no desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

ANEXO II

Grupos de liñas de seguro para efectos da aplicación das subvencións

* Liñas de seguro incluídas no grupo I:

Seguros para cultivos herbáceos extensivos: data de inicio de presentación das solicitudes: 1-3-2002 e con axuda do 18% sobre a subvención de Enesa.

Seguro Combinado de Cereais de Inverno.

Seguro Combinado de Cereais de Primavera.

Seguro Combinado de Leguminosas Gran.

Póliza Multicultivo en Cultivos Herbáceos Extensivos.

* Liñas de seguro incluídas no grupo II:

Seguros para froiteiras: data de inicio de presentación das solicitudes: 15-1-2002 e con axuda do 55% sobre subv. Enesa.

Seguro Combinado de Kiwi.

Seguros para hortalizas e flores: con axuda do 18% sobre subv. Enesa.

Seguro Combinado de Alcachofa. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-7-2002).

Seguro Combinado de Allo. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-9-2002).

Seguro Combinado de Berenxena. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 15-1-2002).

Seguro Combinado de Cebola. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 15-1-2002).

Seguro Combinado de Coliflor e Brócoli. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-3-2002).

Seguro Combinado de Cultivos Protexidos. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-6-2002).

Seguro Combinado de Amorodo. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-9-2002).

Seguro Combinado de Chícharo Verde. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-7-2002).

Seguro Combinado de Faba Verde. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-7-2002).

Seguro Combinado de Feixón Verde. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 15-1-2002).

Seguro Combinado de Leituga. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-3-2002).

Seguro Combinado de Melón. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 15-1-2002).

Seguro Combinado de Pemento. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 15-1-2002).

Seguro Combinado de Pataca. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-3-2002).

Seguro Combinado de Sandía. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 15-1-2002).

Seguro Combinado de Tomate. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 15-1-2002).

Seguro Combinado de Tomate de Inverno. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-4-2002).

Seguro Combinado de Cenoria. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 15-1-2002).

Póliza Multicultivo en Hortalizas. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-7-2002).

Seguros para cultivos industriais: data de inicio de presentación das solicitudes: 1-3-2002 e con axuda do 18% sobre subv. Enesa.

Seguro Combinado de Lúpulo.

Seguros para viñedo: data de inicio de presentación das solicitudes: 1-2-2002 e con axuda do 18% sobre subv. Enesa.

Seguro Combinado de Viveiros de Viñedo.

Seguros para as restantes produccións agrícolas: data de inicio de presentación das solicitudes: 1-3-2002 e con axuda do 18% sobre subv. Enesa.

Tarifa Xeral Combinada.

Seguros complementarios e extensións de garantías correspondentes ás liñas de seguro incluídas no grupo III.

* Liñas de seguro incluídas no grupo III:

Seguros para cultivos herbáceos extensivos: data de inicio de presentación das solicitudes: 1-9-2002 e con axuda do 18% sobre subv. Enesa.

Seguro Integral de Cereais de Inverno en Secaño.

Seguro Integral de Leguminosas Gran en Secaño.

Seguros para froiteiras e cítricos:

Seguro Combinado de Froiteiras: Albaricoque, Ameixa, Mazá, Pexego e Pera. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-1-2002 e con axuda do 55% sobre subv. Enesa).

Seguro Combinado de Cereixa. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-1-2002 e con axuda do 55% sobre subv. Enesa).

Seguro Combinado de Cítricos. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-4-2002 e con axuda do 18% sobre subv. Enesa).

Póliza Multicultivo en Cítricos. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-4-2002 e con axuda do 18% sobre subv. Enesa).

Seguro Combinado de Caqui. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-4-2002 e con axuda do 18% sobre subv. Enesa).

Seguros para viñedo: data de inicio de presentación das solicitudes: 15-1-2002 e con axuda do 55% sobre subv. Enesa.

Seguro Combinado de Uva de Vinificación.

Seguros pecuarios:

Seguro de Explotación de Gando Ovino e Caprino. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 15-1-2002 e con axuda do 18% sobre subv. Enesa).

Seguro de Explotación de Gando Vacún Reproductor e de Recría. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 15-1-2002 e con axuda do 22% sobre subv. Enesa).

Seguro de Explotación de Gando Vacún de Cebo. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 15-1-2002 e con axuda do 22% sobre subv. Enesa).

Seguro de Explotación de Gando Equino. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-7-2002 e con axuda do 18% sobre subv. Enesa).

Seguro de Gando Vacún de Alta Valoración Xenética. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-4-2002 e con axuda do 18% sobre subv. Enesa).

Seguro para a Cobertura de Danos por Seca en Pastos. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 1-7-2002 e con axuda do 18% sobre subv. Enesa).

* Liñas de seguro incluídas no grupo IV:

Seguros para cultivos herbáceos extensivos: data de inicio de presentación das solicitudes: 1-9-2002 e con axuda do 18% sobre subv. Enesa.

Seguro de Rendementos en Explotacións de Cultivos Herbáceos Extensivos.

Seguros para froiteiras: data de inicio de presentación das solicitudes: 1-1-2002 e con axuda do 55% sobre subv. Enesa.

Seguro de Explotación de Froiteiras.

Seguros para viñedo: data de inicio de presentación das solicitudes: 1-10-2002 e con axuda do 55% sobre subv. Enesa.

Seguro de Rendementos de Uva de Vinificación.

Seguros complementarios e extensións de garantías correspondentes ás liñas de seguro incluídas neste grupo.

* Liñas de seguro incluídas no grupo V:

Seguros pecuarios:

Seguro para a Cobertura de Gastos Derivados da Destrucción de Animais Mortos Bovinos na Explotación. (Data de inicio de presentación das solicitudes: 15-1-2002 e con axuda do 30% sobre custo neto do seguro).