Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.837

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002 pola que se designa a data, a hora e o lugar para a realización do sorteo público ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo, cómpre realizar, previamente á convocatoria dos procesos de selección e con validez para todos eles, o sorteo público no que se determinará a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección que se deriven da oferta de emprego público correspondente ó ano 2002, debendo recollerse o resultado do dito sorteo en cada convocatoria.

En consecuencia, resólvese realiza-lo mencionado sorteo en acto público o día 26 de febreiro, ás 11 horas, na sala B da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL