Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 15 de febreiro de 2002 Páx. 1.842

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo polo que se aproba o calendario laboral da construcción para o ano 2002 da provincia da Coruña.

Visto o expediente do acordo polo que se aproba o calendario laboral da construcción para o ano 2002 na provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 21-12-2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de A Coruña, e, da parte social, polos representantes sindicais de UGT, CIG e CC.OO, o día 17-12-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta

nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Medicación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2002.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Acta nº 1 convenio colectivo construcción provincia da Coruña

Asistentes:

Por Apecco:

Antonio Fernández Durán

Silviano Pizarro Gómez

Antonio Fernández Chao

(Asesor)

Miguel García Eiroa

(Secretario)

Por UGT:

Manuel Carballo Gago

Celestino Pérez Vázquez

Jesús Mª Calvo Romero

Manuel Martínez Arnoso

Por CC.OO.:

Argimiro González Pérez

Santiago Huertas Pozurama

Por CIG:

Victorino Ares Prado

Faustino Barcia Santos

Na cidade da Coruña, 17 de decembro de 2001, ás 17 horas, reúnense nos locais de APECCO os señores que arriba se relacionan para proceder a dar cumprimento ós trámites de constitución da mesa negociadora do convenio colectivo provincial da Coruña, de construcción e obras públicas, e recoñecemento de lexitimidade.

Para efectos de representatividade acredítanse as seguintes porcentaxes:

UGT: 37-4%

CC.OO.: 29,6%

CIG: 30,1%

E, en representación de cada unha das centrais, asistirán as seguintes persoas:

Por UGT:

Celestino Pérez Vázquez

Jesús Calvo Romero

Manuel Martínez Arnoso

Por CC.OO.:

Argimiro González Pérez

Santiago Huertas Pozurama

Por CIG:

Victorino Ares Prado

Faustino Barcia Santos

E, en representación da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de A Coruña (APECCO):

Antonio Fernández Durán

Silviano Pizarro Gómez

Manuel López Grobas

Antonio Fernández Chao

(Asesor)

Miguel García Eiroa

(Secretario)

Nos expresados termos queda constituída a mesa negociadora do convenio colectivo de construcción e obras públicas da provincia da Coruña.

Aberta a sesión e despois dunha ampla deliberación con relación ó calendario laboral que rexerá para o ano 2002, acórdase aprobar por unanimidade o que se xunta á presente acta, como anexo nº I e que entra en vigor na data da súa sinatura.

En consecuencia, páctanse como festivos para o ano 2002 os seguintes:

11 de febreiro

18 de marzo

10 de maio

26 de xullo

16 de agosto

24 de decembro (4 horas)

30 de decembro

31 de decembro

Os días F.C. que figuran no calendario, se coinciden en periodo de vacacións, non computan para efectos de F.C.

No suposto de que no convenio nacional de construcción diminuíse ou aumentase a xornada anual, procederase a axusta-lo calendario aprobado.

Así mesmo, facúltase a Miguel García Eiroa, secretario para a presentación do calendario reseñado ante a Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para efectos da súa homologación e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

En proba de conformidade asínase a presente no lugar e data máis arriba indicados.