Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2002 pola que se concede a Fondo Promoción de Empleo-Fondo Formación a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor autorizado de calefacción e AQS e de climatización.

Examinada a solicitude e a documentación anexa presentada por Vicente Martínez Graña en representación de Fondo Formación de Empleo-Fondo Formación con CIF G-28990380 e enderezo na rúa Doutor Maceira, 15 de Santiago de Compostela, A Coruña, na que solicita a autorización da cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para acceder á obtención de carnés profesionais de instalador e mantenedor de calefacción e auga quente sanitaria (AQS) e de climatización.

Feitos.

Primeiro.-Con data 10 de xullo de 2001, Vicente Martínez Graña, en nome e representación de Fondo Formación de Empleo-Fondo Formación presentou escrito solicitando ó amparo da Orden do 27 de decembro de 2000, pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, (DOG do 16 de xaneiro de 2001), que lle fose concedida a autorización como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos nos ámbitos solicitados.

Para tal efecto, achegaba a documentación esixida no artigo 13 da citada orde.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base ó Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril (BOE nº 101, do 28 de abril), nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto) e 2563/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro; DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febrero) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro) e no Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de

Industria e Comercio (DOG nº 63, do 2 de abril e nº 89, do 12 de marzo), modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño) con relación á Orde do 27 de decembro de 2000 pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, e demais lexislación concordante.

Segundo.- Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentariamente establecidos.

Terceiro.-A documentación presentada por Vicente Martínez Graña acredita que os seguintes centros de formación en novas tecnoloxías do Fondo Formación en Ferrol, Lugo e Vigo cumpren coas esixencias establecidas no artigo 13 da Orde do 27 de decembro de 2000 para a súa actuación nos ámbitos e categorías solicitadas.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Outorgar a Fondo Formación a autorización da cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para acceder á obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor de calefacción e AQS e de climatización, de conformidade co establecido no capítulo quinto da Orde do 27 de decembro de 2000.

Segundo.-Para imparti-los cursos, deberase comunicar, antes do seu inicio, ás delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, o programa, profesorado, listas de alumnos e lugar, horario e data dos exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Terceiro.-Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante a dirección xeral competente en materia de industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Cuarto.-As entidades recoñecidas quedan obrigadas a comunica-los cambios que se poidan producir na súa estructura de persoal durante o período de validez da autorización. Así como presentar anualmente unha memoria na que se detallen as actividades desenvolvidas.

Quinto.-Poderase, mediante resolución motivada polo director xeral competente en materia de industria, revoga-la a autorización á dita entidade no caso de que se incumpran as obrigas e compromisos que resultan do disposto na Orde do 27 de decembro de 2000, DOG do 16 de xaneiro de 2001.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á data da súa noti

ficación, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL