Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 11 de febreiro de 2002 Páx. 1.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AG-SA-86/2001-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que no anexo se menciona a resolución, dictada polo director xeral de Producción Agropecuaria, do expediente sancionador AG-SA-86/2001-PO.

Contra esta poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2002.

Miguel Fernández Rodríguez

Director xeral de Producción e Sanidade

Agropecuaria

ANEXO

Expediente: AG-SA-86/2001-PO.

Denunciado: Portafoxo Meáns, S.L.

Feito denunciado: non respecta-lo prazo de espera preceptivo para o sacrificio de animais tratados con pensos medicamentados.

Data do acordo de incoación: 19-4-2001.

Alegacións á incoación: non presentou.

Data da proposta de resolución: 19-7-2001.

Alegacións á proposta de resolución: non presentou.

Data da resolución: 23-11-2001.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 24.3º, número 1, do Real decreto 1749/1998, do 13 de xullo.

Precepto sancionador: artigo 36 b) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e polo artigo 109 b) da Lei 25/1990, do medicamento.

Sanción: 500.001 pesetas (3.005,07 euros).