Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.527

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (298/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño; en autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 298/2001 por instancia da Mutua Gallega Accidentes de Trabajo contra INSS e outros sobre resp. prestacións e reintegro, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, o 2 de xaneiro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 298/2001 seguidos a instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, representada e asistida pola letrada Sonsoles Sueiro Lemus, contra o INSS, representado e asistido polo letrado Francisco Requejo Gutiérrez; a TXSS e a empresa Soluciones Constructivas Gallegas, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación responsabilidade prestacións e reintegro.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra, debo declarar e declaro á empresa Soluciones Constructivas Gallegas, S.L. responsable directa do aboamento de tódalas prestacións a que ten dereito Francisco Pesado Jamardo, a raíz do accidente de traballo de 12-8-1999, declarándose a responsabilidade subsidiaria do INSS e TXSS para o suposto de insolvencia da empresa e, en consecuencia, debo con

denar e condeno con carácter principal a empresa Soluciones Constructivas Gallegas, S.L. e o INSS e TXSS con carácter subsidiario a reintegrar á Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo a cantidade de 3.147,24 euros (523.657 pesetas).

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días a contar a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recurrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 150,25 euros (25.000 pesetas) na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603 clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Soluciones Constructivas Gallegas, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña, o 2 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado