Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.527

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (668/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 668/2001 por instancia de José Ramón Arias Porto contra Nova Casa 2000, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 20-12-2001 que copiada nos particulares necesario di así:

«Que estimando a demanda formulada por José Ramón Arias Porto, contra a empresa Nova Casa 2000, S.L. condeno á mesma a aboarlle a cantidade de 77.300 pesetas, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte da súa notificación.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificacióin e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Nova Casa 2000, S.L., expido e asino a presente na Coruña, o 20 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado