Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens mobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, do 24 de abril de 2001, o alleamento en poxa pública do ben moble embargado no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Vigo como da propiedade do debedor Bernardo Díaz, Juan José. NIF 36072232-K que a continuación se describe:

Lote 1:

Vehículo matrícula M-2433-HV, marca Ebro, modelo L-80, tipo camión.

Valor:. 1.815,06 euros.

Cargas: non consta no Rexistro de Bens Mobles.

Tipo: 1.815,06 euros.

Este ben atópase depositado, para o seu exame, en Talleres Pino, S.L. Lugar A Esparela Borreiros nº 24 - Gondomar (Pontevedra).

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que, o día 13 de marzo de 2002 ás 12 horas, nos locais da Zona de Recadación de Vigo r/ Areal nº 62, local 3, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que consta en poder da Zona de Recadación de Vigo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos execu

tantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, expedido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2002.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos