Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.526

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (464/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 464/2001 seguidos pola instancia de Juan Manuel López Casas contra Serunión, S.A. y otras sobre otros, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 26-12-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a excepción de caducidade invocada pola empresa Serunión, S.A. e desestimando a demanda interposta por Juan Manuel López Casas, contra as empresas Serunión, S.A., Blanco Munín, S.L. e Miguel Pereira, S.L., debo absolver e absolvo os ditos demandados dos pedimentos contidos na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que, contra a referida sentencia, cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, a contar desde a

notificación desta resolución, e no propio termo se o recorrente fose patrón deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, sen os cales requisitos non poderá terse por anunciado o recurso.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación a Blanco Munín, S.L. e Miguel Pereira, S.L. que tiveron os seus últimos enderezos coñecidos en Blanco Rajoy, 6-9, A Coruña e rúa Panaderas, 17, baixo, A Coruña, respectivamente, e que na actualidade se descoñecen, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, o 26 de decembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado