Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.526

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (360/2000).

No procedemento de referencia dictouse a sentencia con encabezamento e parte dispositiva do seguinte teor literal:

«En Santiago de Compostela o 30 de outubro de 2001. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e o seu partido, vistos os presentes autos de LAU/LAR cognición 360/2000 seguidos perante este xulgado por instancia de Hermenegildo Villar Montes, asistido do letrado José Lorenzo Vázquez, contra Gilberto Morales Baluja, declarado en rebeldía procesual, sobre reclamación de rendas.

Decido que con estimación da demanda presentada por Hermenegildo Villar Montes contra Gilberto Morales Baluja debo condenar e condeno o dito demandado a que lle aboe á demandante a suma de 526.113 pesetas que lle reclama, máis os xuros legais, con imposición de custas ó dito demandado».

E como consecuencia do paradoiro ignorado do demandado Gilberto Morales Baluja, redáctase esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 24 de decembro de 2001.

O secretario/a

Rubricado