Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.526

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (961/2000).

A secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña fai saber que nos autos que a seguir se dirán consta dictada sentencia, con encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Na cidade da Coruña, o catro de decembro de dous mil un.

Javier San Claudio Piñón, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos da Coruña, vistos os presentes autos de xuízo de cognición, promovidos por instancia de Banco de Santander Central Hispano, S.A. na súa representación o procurador dos tribunais Carmen Belo González e na súa defensa o letrado Sr. Castro Díaz, contra Mónica Serantes Golpe declarada en rebeldía e,

Decido que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Belo González na representación de Banco Santander Central Hispano, S.A. condeno a Mónica Serantes Golpe a pagarlle á actora a suma de 397.497 pesetas máis o xuro de demora pactado ó 28% anual desde a data 19-10-2000 ata o completo pagamento. As custas impóñenselle á demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes con indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da LAC cabe recurso de apelación para preparar anter este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notifiación.

Así por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E expídese este edicto para que sirva de notificación en legal forma á demandada Mónica Serantes Golpe, a cal se atopa en paradoiro ignorado. Dado na Coruña, cinco de decembro de dous mil un.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA