Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.525

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (858/2000).

Carmen Carballo Ramos, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo de cognición que se tramitan neste xulgado co número 858/00-T se dictou sentencia co encabezamento e decisión seguintes:

Sentencia:

A Coruña, 27 de xuño de 2001.

Javier San Claudio Pinón, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos da Coru

ña; vistos os presentes autos de xuízo de cognición, promovidos por instancia de Forjados Rivera, S.A., e na súa representación o procurador dos tribunais Carmen Belo González, e na súa defensa o letrado José María Fraga López, contra Copanco, Proyectos, Construcción y Servicios, actualmente en paradoiro ignorado; sobre reclamación de cantidade e, decido: que desestimando a demanda interposta pola procuradora Belo González na representación de Forjados Rivera, S.A., absolvo a entidade Copanco, Proyectos, Construcción y Servicios, da pretensión exercida. As custas impóñenselle á demandante.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da LAC cabe recurso de apelación para preparar ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Concorda ben e fielmente co seu orixinal ó que me remito en caso necesario e para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia que servirá de notificación ó demandado rebelde, actualmente en paradoiro ignorado; expido e asino o presente testemuño o 27 de xuño de 2001. Dou fe.

A secretaria

Rubricado