Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 08 de febreiro de 2002 Páx. 1.524

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de xaneiro de 2002 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso na súa escala de auxiliar administrativo.

Detectado erro na resolución da Universidade de Vigo do 2 de xaneiro de 2002 (DOG nº 19, do 25 de xaneiro), pola que se convocaron probas selectivas para o ingreso na súa escala auxiliar administrativa, procédese á súa corrección:

Primeiro: Base 3.4.

Onde di: «Os dereitos de exame serán de 28,25 euros e ingresaranse na conta corrente nº 2091-0501-67-3110002558, Universidade de Vigo. Outros ingresos. (Caixanova, O.P. de Vigo), facendo constar no impreso o enunciado Auxiliares Administrativos.

Debe dicir: os dereitos de exame serán de 28,25 euros e ingresaranse na conta corrente nº 2091-0501-67-3110002558, Universidade de Vigo. Cota oposicións. (Caixa Galicia, O.P. de Vigo), facendo contar no impreso o enunciado Auxiliares Administrativos».

Segundo: ANEXO I.

Onde di: «A/ Fase de oposición: puntuación máxima 85 puntos».

Debe dicir: A/ Fase de oposición: puntuación 85 puntos.

Onde di: «B/ Fase de concurso».

Debe dicir: «B/ Fase de concurso: puntuación máxima 15 puntos».

Terceiro: o modelo válido de solicitude é o que se achega con esta resolución como ANEXO III.

Vigo, 30 de xaneiro de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo