De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalan a continuación, a iniciación do correspondente expediente sancionador por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG do 11 de xullo).
Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias da Xunta de Galicia. A resolución será acordada polo director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro; DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).
O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo, e presenta-las alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.
Lugo, 20 de novembro de 2001.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: C-65/2001.
Denunciado: José Manuel Díaz Martínez.
DNI: 33322463-V.
Enderezo: Angelo Colloa, nº 30-6º F. Lugo.
Feitos imputados: non levar consigo durante o exercicio da caza a documentación preceptiva (seguro obrigatorio do cazador en vigor), aínda sendo titular dela. Feitos constatados o día 4-11-2001, ás 12.30 horas na zona de Adai. Adai. O Corgo. Lugo.
Precepto infrinxido: 57.4º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.
Cualificación da sanción: leve.
Sanción: 10.000 pesetas (60,10 euros).