De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).
Noméase instructora do expediente a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consi
dere convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretende valerse.
De non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
Ourense, 18 de decembro de 2001.
Agustín Prado Verdeal
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
-Expediente: OU 163/01P.
Denunciado: Miguel Ángel Norte Escudero.
DNI: 21371053.
Último enderezo coñecido: r/ Monte Penamá, nº 30, 1º A (Ourense).
Feito denunciado: pescar empregando cebo natural (becho vermello), prohibido desde o 15 de xullo fóra dos encoros do anexo IV da Orde do 20 de xaneiro de 2000.
Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.
Cualificación da infracción: leve.
Sanción: multa de 5.000 pesetas.
Instructora: Miriam Areal López.