A Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha
vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que seguidamente se cita:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
c) Nº de expediente: 1/2002.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de restauración e limpeza das instalacións sede, para o desenvolvemento do Programa Atlántida.
b) Prazo de execución: do 4 de marzo ó 2 de xuño de 2002, ámbolos dous inclusive.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 129.241,60 A (cento vintenove mil douscentos corenta e un euros con sesenta céntimos), IVE incluído.
5. Garantías:
Provisional: non se esixe.
Definitiva: si (4% do importe de adxudicación).
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: rexistro xeral e Dirección Xeral de Xuventude. Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Enderezo: San Caetano s/n, bloque 3-1º.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 56 96.
e) Fax: 981 54 58 43.
f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.
g) Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=929.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: si (grupo III, subgrupo 8, categoría C).
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: no prazo de 8 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
2. Domicilio: San Caetano s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na
oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 58 43) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
a) Admisión de varientes: si.
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Enderezo: San Caetano s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data de apertura: oitavo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
e) Hora: ás 12 horas.
10. Gastos de anuncios:
O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2002.
P.D. (Orde 16-12-1997)
Javier Batán Rodríguez
Secretario xeral da Consellería de Familia
e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude