Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Pena da Cruz. (Expediente IN661A 00/6-3 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Gamesa Energía, S.A. con domicilio para efectos de notificacións na avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15705 Santiago de Compostela (A Coruña), sobre autorización de instalacións do parque eólico denominado Pena da Cruz; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por Resolución do 11 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Industria e Comercio de Ourense, publicada no DOG do 25 de xaneiro de 2001 e no BOE do 3 de febreiro de 2001, someteuse a información pública a petición de autorización administrativa do parque eólico de Pena da Cruz, non téndose presentado ningún proxecto en competencia.

Segundo.-O 16 de abril de 2001, Luis Caamaño Martínez, en nome e representación de Gamesa Energía, S.A., solicitou a autorización administrativa, aprobación de proxecto de execución, recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica, declaración de utilidade pública en concreto e aprobación do proxecto sectorial do parque eólico denominado Pena da Cruz, de 12,75 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e

o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Terceiro.-O proxecto do parque eólico Pena da Cruz someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; decretos 2169 e 2617/1966, xa mencionados, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, mediante resolución da Delegación Provincial de Industria de Ourense do 18 de abril de 2001, publicada no BOP de Ourense do 19 de maio, no DOG do 18 de maio e corrección de erros o 26 de xuño de 2001, no xornal La Región do 18 de maio, e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Castro Caldelas e Chandrexa de Queixa.

Durante o período de información pública presentouse a seguinte alegación formulada por Ovidio Fernández Ojea, presidente da CMVMC de Drados no momento da notificación; alega que unha parte do predio que no proxecto figura como da CMVMC de Drados é en realidade de propietarios particulares. Así mesmo manifesta o seu desacordo coa medición das afeccións. Por outra banda, comunica que desde o 19 de maio de 2001 o novo presidente da comunidade é José Rodríguez Orozco.

Cuarto.-O 26 de setembro de 2001, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipiosVértices

XY

Pena da CruzCastro Caldelas631.0004.687.900
Chandrexa de Queixa631.5794.687.974
630.0004.686.000
630.0004.685.750
629.2504.685.750
629.5004.686.000
629.9854.686.971

Nº de aeroxeradores: 15.

Potencia unitaria por aeroxerador: 850 kW.

Xeradores: G52-850 de Gamesa Eólica.

Potencia total instalada: 12,75 MW.

Producción anual estimada: 31.733 MWh.

Investimento previsto: 7.571.456,81 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

C.T. que se vai instalar en cada aeroxerador de 900 kVA de potencia e r/t 0,690/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

Interconexión dos aeroxeradores cun circuíto eléctrico subterráneo a 20 kV con conductor tipo (R.H.Z. 15/25 kV 3x1x(1x300) mm Al).

Subestación transformadora. Dotación de dúas celas de protección e medida a 20 kV tipo CBGS-0 con illamento en gas SF e dos elementos de interconexión necesarios. Subestación de Serra do Burgo.

Sistemas de control e supervisión.

Quinto.-O 18 de decembro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, notificándose ó promotor o 15 de xaneiro de 2002.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citado.

Segundo.-Á vista da alegación presentada, da contestación dada a ela por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

-Se entenderán as sucesivas actuacións coa CMVMC de Drados co seu novo presidente, José Rodríguez Orozco.

Con respecto a posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón deles; non obstante, será durante o levantamento de actas, ó que será oportunamente convocado, o momento no que pode demostrar a titularidade deles, achegando a documentación acreditativa necesaria.

Os posibles erros na medición de servidumes tomaranse en consideración cando se proceda ó levantamento das actas de ocupación, incluíndose na correspondente folla de aprecio, unha vez declarada a utilidade pública.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966 e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizar a Gamesa Enerxía, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Pena da Cruz, que se situará nos concellos de Castro Caldelas e Chandrexa de Queixa.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

-Recoñecer a esa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998 e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Gamesa Energía, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 151.429,13 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, número 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 7.571.456,81 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Ourense poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Una vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Gamesa Energía, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións pre

vistas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento das condicións impostas nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 18 de decembro de 2001, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL