Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Piñeiro-Estacas-Cuntis (sector II) (Cuntis-Pontevedra).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Piñeiro-Estacas-Cuntis (sector II) (Cuntis-Pontevedra) e resoltos e notificados tódolos recursos de alzada interpostos contra o mencionado acordo, a Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias resolveu dar posesión dos novos predios, establecendo como data límite para esta o día 28 de febreiro de 2002. A dita toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados e no caso de

que algún propietario non permita, no prazo indicado, a toma de posesión dos novos predios, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa tal e como establece o artigo 45 da Lei de concentración parcelaria para Galicia.

Os interesados poderán reclamar ante esta xefatura, sita na rúa Benito Corbal, 47-7º de Pontevedra, xuntando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración, no prazo de 30 días contados desde o día 1 de marzo de 2002 (artigo 46 de la Lei de concentración parcelaria de Galicia).

Para os efectos oportunos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labradío sen colleita pendente, prados e pastos: o día 28 de febreiro de 2002.

b) Os restantes predios: no momento de seren retiradas as colleitas que estivesen pendentes de recolección no día antes citado.

c) En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre contribuínte e adxudicatario. En caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de contribución no prazo de seis meses contados a partir do día 1 de marzo de 2002, logo de petición, á Xefatura do Servicio de Montes e Industrias Forestais, do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural, da Consellería de Medio Ambiente, no caso de ser especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo, enténdese que pertencen ó propietario do novo predio.

Pontevedra, 5 de decembro de 2001.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra