Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 31 de xaneiro de 2002 Páx. 1.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do paso a concesión de explotación Urxeira 1ª fracción número 2632-1, da provincia de Pontevedra e promovida por Áridos do Mendo, S.L.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter á información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución, o proxecto de explotación, o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do paso a concesión de explotación Urxeira primeira

fracción número 2632-1, situada en terreos do concello de Salvaterra de Miño e As Neves, provincia de Pontevedra e solicitado por Áridos do Mendo, S.L.

Para os efectos informativos, porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio correspondente, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas