Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.098

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se lle dá publicidade á reconversión a euros dos valores expresados en pesetas das sancións recollidas na Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

O artigo 11 da Lei 46/1998, do 17 de decembro, sobre introducción do euro, modificada pola Lei 9/2001, do 4 de xuño, establece os criterios para efectua-la redenominación en euros dos valores monetarios expresados en pesetas.

De acordo coa nova redacción dada ó artigo, márcanse os criterios para a adaptación das escalas e baremos de sancións pecuniarias con importes monetarios expresados en pesetas.

Co fin de evitar aqueles problemas que puidesen xurdir na interpretación dos criterios da Lei 46/1998 ós valores recollidos para as sancións tanto na Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros como no Decreto 426/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente de desenvolvemento de determinados preceptos da devandita lei e de dar publicidade ós novos importes en euros, estímase oportuna a publicación desta resolución.

Polo anterior, en virtude das funcións atribuídas á Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos polo Decreto 109/1998, do 5 de marzo, polo que se regula a estructura orgánica da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

DISPOÑO:

Primeiro.-Esta resolución ten por obxecto dar publicidade á redenominación en euros das sancións contidas na Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros, así como ás contías que para a gradación das referidas sancións se teñen en conta no Decreto 426/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente de desenvolvemento de determinados preceptos da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Segundo.-A conversión dos valores en pesetas a euros que se inclúe como anexo a esta resolución non supón senón a plasmación dos criterios recollidos na Lei 46/1998, do 26 de decembro, do euro, de acordo coa redacción dada pola Lei 9/2001, do 4 de xuño, e especificamente, dos contidos no seu artigo 11, sen que en ningún caso, se pretenda altera-los aspectos substantivos das normas que aproban e regulan os devanditos valores.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2002.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca

e Asuntos Marítimos

ANEXO

Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

ArtigoParágrafoImporte en pesetasImporte en A arredondados

conforme as leis 46/1998

e 9/2001

DesdeAtaDesdeAta

122 a)5.00025.00030,05150,25

122 b)25.001100.000150,26601,01
100.001500.000601,023.005,06
500.0011.000.0003.005,076.010,12

122 c)1.000.0013.000.0006.010,1318.030,36
3.000.0016.000.00018.030,3736.060,73
6.000.00110.000.00036.060,7460.101,21

Decreto 426/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente de desenvolvemento de determinados preceptos da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Art.Parág.Importe en pesetasImporte en A arredondados

conforme as leis 46/1998 e 9/2001

91Grave cando non supera as 180.000 ptas. e moi grave se as supera.Grave cando non supera os 1.081,82 A e moi grave si os supera.

92 a)No seu grao mínimo cando o valor non supere as 15.000 ptas.No seu grao mínimo cando o valor non supere os 90,15 A.

No seu grao medio cando se atope entre 15.001 e 60.000 ptas.No seu grao medio cando se atope entre 90,16 e 360,61 A.

No seu grao máximo cando se atope entre 60.001 e 180.000 ptas.No seu grao máximo cando se atope entre 360,61 e 1.081,82 A.

Art.Parág.Importe en pesetasImporte en A arredondados

conforme as leis 46/1998 e 9/2001

92 b)No seu grao mínimo cando o valor se atope entre 180.001 e 600.000 ptas.No seu grao mínimo cando o valor se atope entre 1.081,83 e 3.606,07 A.

No seu grao medio cando o valor se atope entre 600.001 e 1.800.000 ptas.No seu grao medio cando o valor se atope entre 3.606,08 e 10.818,22 A.

No seu grao máximo cando o valor supere as 1.800.000 ptas.No seu grao máximo cando o valor supere os 10.818,22 A.

101Grave cando o valor non supere as 300.000 ptas.Grave cando o valor non supere os 1.803,04 A.

102 a)No seu grao mínimo cando o valor non supere as 25.000 ptas.No seu grao mínimo cando o valor non supere os 150,25 A.

No seu grao medio cando se atope entre 25.001 e 100.000 ptas.No seu grao medio cando se atope entre 150,26 e 601,01 A.

No seu grao máximo cando o valor se atope entre 100.001 e 300.000 ptas.No seu grao máximo cando o valor se atope entre 601,02 e 1.803,04 A.

102 b)No seu grao mínimo cando o valor se atope entre 300.001 e 1.000.000 de ptas.No seu grao mínimo cando o valor se atope entre 1.803,04 e 6.010,12 A.

No seu grao medio cando se atope entre 1.000.001 e 3.000.000 de ptas.No seu grao medio cando se atope entre 6.010,13 e 18.030,36 A.

No seu grao máximo cando supere os 3.000.000 de ptas.No seu grao máximo cando supere os 18.030,36 A.

111Grave se a valoración de danos non supera as 500.000 ptas., e moi grave se as supera.Grave se a valoración de danos non supera os 3.005,06 A e moi grave se os supera.

12Grave cando o importe de axuda non supere as 170.000 ptas.Grave cando o importe de axuda non supere os 1.021,72 A.

15a)Se o valor non acada as 300.000 ptas., imporase a sanción no seu grao mínimo.Se o valor non acada os 1.803,04 A imporase a sanción no seu grao mínimo.

Se o valor está entre 300.001 e 3.000.000 de ptas., no seu grao medio.Se o valor está entre 1.803,04 e 18.030,36 A, no seu grao medio.

15b)Se o valor non acada as 180.000 ptas. imporase a sanción no seu grao mínimo.Se o valor non acada os 1.081,82 A imporase a sanción no seu grao mínimo.

Se o valor está comprendido entre 180.001 e 1.800.000 ptas., no seu grao medio.Se o valor está comprendido entre 1.081,83 e 10.818,22 A, no seu grao medio.