Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 30 de xaneiro de 2002 Páx. 1.099

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de derivados do cemento (código de convenio 1500465).

Visto o expediente do convenio colectivo do sector de derivados do cemento (código convenio 1500465), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-11-2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Fabricantes de Derivados del Cemento de A Coruña, e da parte social, por CC.OO. e UGT o dia 12-11-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de decembro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Capítulo I

Ámbitos de aplicación e vixencia

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio será de aplicación ás industrias dedicadas á fabricación de artigos derivados do cemento, a súa manipulación e montaxe que se relacionan a seguir:

-Fabricación de formigóns preparados e argamasas para a súa subministración ás obras.

-Fabricación de productos en fibrocemento, tales como placas, tubos, accesorios e demais elementos.

-Fabricación de artigos e elementos en formigóns e argamasas, armados, post ou pretensados, así como artigos en celulosa-cemento e pómez-cemento, tales como lastros, baldosas, bloques, bordos, bovedillas, depósitos, formigón arquitectónico, losas, moldeados, pedra artificial, postes, tellas, tubos, vigas e outros elementos estructurais, etc.

-As actividades complementarias ás relacionadas, así como a comercialización e distribución dos productos anteriormente referidos.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio é de ámbito provincial, e afecta os centros de traballo comprendidos no seu ámbito funcional, sitos no territorio da provincia da Coruña, mesmo cando o domicilio da empresa radique fóra del.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan incluídos no ámbito de aplicación deste convenio a totalidade das empresas e traballadores cunha actividade comprendida dentro do ámbito funcional descrito no precedente artigo 1.º. Exceptúase da súa aplicación quen quede incluído nos diferentes puntos do número 3º do artigo 1 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Vixencia.

A duración deste convenio será de cinco anos, naqueles aspectos que o convenio xeral se reserva en exclusividade para o seu ámbito de negociación.

Os seus efectos rematarán o 31 de decembro do ano 2005, entrando vigor ós 20 días da súa publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia, excepto nas materias nas que se especifique unha vixencia distinta, tales como xornada, a súa distribución, incrementos salariais e prestacións complementarias ás da Seguridade Social.

Os aspectos retributivos pactados retrotraerán os seus efectos ó 1 de xaneiro de 2001.

Non obstante o anterior, e para evita-lo baleiro normativo que noutro caso se produciría, unha vez terminada a súa vixencia inicial, ou á de calquera das súas prórrogas, continuará rexendo, na súa totalidade, o seu contido normativo, ata que sexa substituído por outro.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

A denuncia para a rescisión do convenio deberá realizarse cunha antelación mínima de tres meses á data da súa finalización ou da de calquera das súas prórrogas.

Artigo 6º.-Contido do convenio.

O convido polas partes neste convenio regula as relacións entre empresa e traballadores en todas aquelas materias comprendidas no seu contido, incluso aquelas a regulación das cales se pacta en forma distinta ás que recolle o convenio xeral

En todo aquilo que non estea previsto neste convenio aplicarase o convenio xeral do sector e demais disposicións legais de carácter xeral.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas pactadas a título persoal que teñan establecidas as empresas ó entrar en vigor este convenio e que, con carácter global, exceden del en cómputo anual.

Artigo 8º.-Compensación e absorción.

As retribucións pactadas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa natureza ou orixe.

Os aumentos de retribución que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación só poderán afectar ás condicións pactadas neste convenio, cando, consideradas as novas retribucións en cómputo anual, superen as aquí pactadas. En caso contrario serán absorbidas ou compensadas por esta última, subsistindo este convenio nos seus propios termos.

Artigo 9º.-Vinculación á totalidade.

As condicións que se pactan, calquera que sexa a súa natureza e contido, constitúen un conxunto unitario indivisible, aceptando as partes que o subscriben que as obrigas que reciprocamente contraen teñen unha contraprestación equivalente cos dereitos que adquiren, considerando todo iso no seu conxunto e en cómputo anual, sen que, por tanto, os pactos que se formalizan poidan ser interpretados ou aplicados de forma illada e con independencia dos demais.

No suposto de que a xurisdicción competente, no uso das súas facultades, anulase ou invalidase algún dos pactos contidos neste convenio, as partes negociadoras considerarán se é válido por si só o resto do texto aprobado ou ben se cómpre unha nova e total ou parcial renegociación.

Se se dese tal suposto, as partes signatarias deste convenio comprométense a reunirse dentro dos 30 días seguintes ó da firmeza da resolución correspondente, co obxecto de resolve-lo problema presentado.

Se no prazo de 90 días a partir da data da firmeza da resolución en cuestión as partes signatarias non alcanzasen un acordo, comprométense a fixar un calendario de reunións para a negociación do convenio na súa totalidade.

Se se producise a situación de nulidade, e mentres esta dure, as partes rexeranse polo convenio colectivo xeral para o sector de derivados do cemento.

Capítulo II

Comisión paritaria de interpretación

Artigo 10º.-Comisión paritaria de interpretación.

Constitúese unha comisión mixta paritaria de interpretación deste convenio, presidida pola persoa que a comisión, de entre os seus compoñentes no seu momento, designe por unanimidade.

Serán vocais catro representantes por cada unha das partes asinantes do convenio, social e empresarial intervenientes, designados na forma que decidan as respectivas organizacións e preferentemente de entre os membros compoñentes da comisión negociadora deste convenio.

Será secretario un vocal da comisión.

Os acordos da comisión, para que sexan válidos, requirirán a presencia, directa ou por representación de, polo menos, dous membros de cada unha das partes empresarial e social e adoptaranse sempre por maioría absoluta da totalidade dos compoñentes da comisión. Os acordos que adopte a comisión paritaria terán a mesma eficacia que a norma pactada interpretada.

Artigo 11º.-Funcións e procedementos da comisión paritaria de interpretación.

1. As súas funcións serán as seguintes:

a) Interpretación de todas e cada unha das cláusulas deste convenio.

b) Por instancia de algunha das partes, mediar e/ou intentar conciliar, se é o caso, logo de acordo das partes e por solicitude delas, arbitrar en cantas cuestións e conflictos -todos eles de carácter colectivo poidan suscitarse na aplicación deste convenio.

c) Vixilancia e seguimento do cumprimento do pactado.

d) Cantas outras funcións tendan á maior eficacia práctica do convenio ou veñan establecidas no seu texto.

2. Como trámite, que será previo e preceptivo a toda actuación xurisdiccional que se promova, as partes signatarias deste convenio obríganse a poñer en coñecemento da comisión mixta paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos, de carácter xeral, puidesen presentarse en relación coa súa interpretación e aplicación, sempre que sexan da súa competencia, conforme o establecido no punto anterior, co fin de que mediante a súa intervención, se resolva o problema formulado ou, se iso non fose posible, emita dictame ó respecto. Este trámite previo entenderase cumprido no caso de que transcorrese o prazo previsto no parágrafo 4 deste mesmo artigo, sen que se emitise resolución ou dictame.

3. Cando unha parte desexe utilizar algún dos supostos recollidos nas letras a) e b) do parágrafo 1 deste mesmo artigo, farán chegar ós membros da comisión mixta de interpretación, a través das organizacións asinantes, cunha antelación de 10 días, documentación suficiente que conterá, como mínimo:

a) Exposición do problema ou conflicto.

b) Argumentación.

c) Proposta de solución.

4. A comisión mixta paritaria, unha vez recibido o escrito-proposta ou, se é o caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a 20 días hábiles para resolve-la cuestión suscitada ou, se iso non fose posible, emiti-lo oportuno dictame. Transcorrido este prazo sen producirse resolución nin dictame, quedará aberta a vía xurisdiccional competente.

5. A comisión poderá solicitar, por vía de ampliación, canta información ou documentación estime pertinente para unha mellor ou máis completa información do asunto, e para este efecto concederalle un prazo ó propoñente, que non poderá exceder de 5 días hábiles.

6. En todo caso, as resolucións da comisión mixta de interpretación adoptarán a forma escrita e motivada.

Capítulo III

Estructura salarial

Artigo 12º.-Estructura económica.

As remuneracións económicas dos traballadores afectados por este convenio estarán constituídas por retribucións de carácter salarial e non salarial.

No anexo IV deste convenio fíxanse as remuneracións económicas dos traballadores afectados por este convenio por tódolos conceptos e en cómputo anual. As remuneracións económicas fixadas no anexo IV serán, así mesmo, de aplicación ós traballadores afectados polos contratos de posta á disposición recollidos no artigo 6 e seguintes da Lei 14/1994, do 1 de xuño.

Salarios.-Son retribucións salariais as remuneracións económicas dos traballadores en diñeiro ou en especie que reciben pola prestación profesional dos servicios laborables por conta allea.

Conceptos que comprenden as retribucións salariais:

a) Salario base.

b) Complementos salariais:

-De posto de traballo.

-De cantidade ou calidade de traballo.

-Pagas extraordinarias.

-Vacacións.

-Complementos de convenio.

-Horas extraordinarias.

-Antigüidade consolidada.

Complementos non salariais.-Son as percepcións económicas que non forman parte do salario polo seu carácter compensatorio por gastos suplidos ou prexuízos ocasionados ó traballador, ou polo seu carácter asistencial.

Artigo 13º.-Distribución/composición da estructura económica.

As retribucións establecidas neste convenio colectivo deberán garda-la seguinte proporcionalidade:

-A suma de salario base, complementos salariais, gratificacións extraordinarias e vacacións non poderá ser inferior, en ningún caso, ó 92% do total anual, das táboas do convenio por cada nivel, grupo ou categoría.

-Os complementos non salariais sumados non poderán superar, en ningún caso, o 8% do total anual das táboas do convenio para cada nivel, grupo ou categoría.

Artigo 14º.-Devengos de salario.

O salario devengarase por día natural e os complementos salariais por día de traballo efectivo, segundo os módulos e contías que se establecen na táboa salarial, todo iso atendendo a unha actividade normal.

Artigo 15º.-Pagamento do salario.

A liquidación e o pagamento do salario farase documentadamente mediante recibos de salarios que se axustarán ás normas vixentes sobre a materia, nos que figurarán tódolos datos de identificación e conceptos devengados polo traballador debidamente especificados, segundo as táboas salariais deste convenio, quedando, polo tanto, prohibido todo pacto retributivo por salario global.

O salario aboarase por períodos vencidos e mensualmente, dentro dos catro primeiros días hábiles do mes seguinte ó seu devengo.

As empresas quedan facultadas para paga-las retribucións e anticipos mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento a través de entidades bancarias ou financeiras, logo de comunicación ós representantes legais dos traballadores.

O pagamento ou sinatura de recibos que o acredite, efectuarase dentro da xornada laboral.

O traballador, e coa súa autorización o seu representante, terá dereito a percibir, sen que chegue o día sinalado para o pagamento e por unha soa vez ó mes, anticipo á conta do traballo xa realizado. O importe do anticipo poderá ser de ata o 90% das cantidades devengadas.

No momento do pagamento do salario, ou se é o caso anticipo á conta, o traballador asinará o recibo correspondente e entregaráselle copia deste.

Artigo 16º.-Salario base.

Enténdese por salario base a parte de retribución do traballador fixada por unidade de tempo, sen atender a circunstancias persoais, de posto de traballo, por cantidade ou calidade de traballo, ou de vencemento superior ó mes.

A contía do salario base será a que se especifique, para cada un dos grupos, niveis ou categorías nas táboas salariais deste convenio.

Artigo 17º.-Salario hora ordinaria.

Enténdese por salario hora ordinaria o cociente que se obtén ó dividi-lo salario anual de cada nivel, grupo ou categoría, polo número de horas anuais de traballo efectivo.

Artigo 18º.-Complementos por posto de traballo.

Son aqueles complementos salariais que debe percibi-lo traballador por razón das características do posto de traballo ou pola forma de realiza-la súa actividade profesional, que comporte conceptuación distinta do traballo corrente.

Considéranse complementos de traballo, entre outros, os de penosidade, toxicidade, perigosidade ou nocturnidade.

Estes complementos son de natureza funcional, e a súa percepción depende, exclusivamente, do exercicio da actividade profesional no posto asignado, polo que, como regra xeral, non terán carácter consolidable.

Artigo 19º.-Complemento por penosidade, toxicidade ou perigosidade.

1º Ós traballadores que teñan que realizar labores que resulten excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, deberá aboárselles un incremento do 20% sobre o seu salario base. Se estas funcións se efectúan durante a metade da xornada ou en menos tempo, o incremento será do 15%, aplicado ó tempo realmente traballado.

2º As cantidades iguais ou superiores ó incremento fixado neste artigo que estean establecidas ou establezan as empresas, serán respectadas sempre que fosen concedidas polos conceptos de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, caso no que non será esixible o aboamento dos incrementos fixados neste artigo. Tampouco estarán obrigadas a satisface-los citados incrementos aquelas empresas que os teñan incluídos, en igual ou superior contía, no salario de cualificación do posto de traballo.

3º Se por calquera causa desaparecesen as condicións de excepcional penosidade, toxicidade ou peri

gosidade, deixarán de aboarse os indicados incrementos, non tendo por tanto carácter consolidable.

4º Aquelas empresas que á entrada en vigor deste convenio teñan recoñecido un incremento superior ó aquí establecido, manterano como condición máis beneficiosa.

Artigo 20º.-Complemento de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as 22 horas e as 6 horas retribuiranse co complemento denominado de nocturnidade. A súa contía fíxase nun incremento do 25% do salario base que corresponda segundo as táboas salariais.

O complemento de nocturnidade aboarase integramente cando a xornada de traballo e o período nocturno teña unha coincidencia superior a catro horas; se a coincidencia fose de catro horas ou inferior a este tempo, a retribución será proporcional ó número de horas traballadas durante o período nocturno.

Exceptúanse do establecido nos parágrafos anteriores e, por conseguinte non procederá a compensación económica, nos supostos seguintes:

-As contratacións realizadas para traballos que pola súa propia natureza se consideran nocturnas tales como: gardas, porteiros, serenos ou similares que fosen contratados para desenvolve-las súas funcións durante a noite.

-O persoal que traballe en dúas quendas cando a coincidencia entre a xornada de traballo e o período nocturno sexa igual ou inferior a unha hora.

Artigo 21º.-Complemento de convenio.

O complemento denominado Complemento de convenio (ata a sinatura deste convenio Complemento de asistencia) devengarase por día efectivamente traballado, en xornada normal, co rendemento normal e correcto, na contía que para cada nivel, grupo ou categoría figura nas táboas salariais deste convenio.

Artigo 22º.-Complemento persoal de antigüidade.

1º No primeiro convenio xeral do sector acordouse a abolición definitiva do complemento persoal de antigüidade e establecéronse as fórmulas pertinentes para a súa compensación.

2º En consecuencia, e en cumprimento destes acordos, neste convenio e para os efectos de carácter informativo, figura na táboa anexa o importe anual en pesetas/euros, por niveis, grupos ou categorías, do valor do bienio e quinquenio á data inmediata anterior á súa entrada en vigor, reiterando estas táboas e importes de forma invariable nos anos sucesivos.

Artigo 23º.-Complemento non salarial.

1º Entenderase como complemento non salarial as indemnizacións ou suplidos por gastos que teñan que ser realizados polo traballador como consecuencia da súa actividade laboral.

2º O complemento non salarial devengarase por día de asistencia ó traballo, e será de igual contía para tódolos grupos, niveis ou categorías segundo os valores que se fixan na táboa salarial deste convenio.

O complemento non salarial substitúe o complemento de transporte existente ata a sinatura deste convenio.

Artigo 24º.-Gratificacións extraordinarias.

Considéranse gratificacións extraordinarias os complementos de vencemento periódico superior ó mes.

-Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal que serán aboadas, respectivamente, antes do 30 de xuño e 20 de decembro, e se devengarán por semestres naturais, e por cada día natural en que se devengase o salario base.

-Devengo das pagas:

Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

-A contía destes complementos será a que se especifica para cada un dos grupos ou niveis nas táboas que figuran no anexo I, incrementada no caso que proceda coa antigüidade consolidada que corresponda.

-Ó persoal que ingrese ou cese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias conforme os criterios anteriores no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

Artigo 25º.-Horas extraordinarias.

1º É o complemento salarial que deberá percibi-lo traballador polo exceso de tempo de traballo efectivo que realice sobre a duración da xornada anual establecida ou a proporcional que corresponda.

2º As horas extraordinarias realizadas serán compensadas mediante descansos na equivalencia de: unha hora extra realizada equivalería a unha hora e media de descanso.

3º Subsidiariamente, as horas extras realizadas serán compensadas mediante descansos e retribución, a razón de: unha hora extra realizada equivalería a unha hora de descanso, e media hora retribuída ó valor da hora ordinaria.

4º Excepcionalmente, as horas extras realizadas serán compensadas mediante pagamento en metálico a razón de: unha hora extra realizada equivalería ó 130 por cento do valor da hora ordinaria.

5º A opción respecto da compensación en descanso ou en metálico corresponderá ó traballador, con independencia de que se a opción é por compensación por descansos, a data do seu desfrute será fixada pola empresa durante os catro meses seguintes á súa realización. Con carácter xeral acumularanse os descansos por xornadas completas.

6º Considéranse horas extraordinarias estructurais as motivadas por pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambio de quenda ou perda ou deterioración da producción, ou por calquera circunstancia de carácter estructural que altere o proceso normal de producción.

7º O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, salvo as realizadas para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e

urxentes, non poderá ser superior a dúas ó día, 20 ó mes e 80 ó ano.

8º Ata tanto se alcance o valor resultante da aplicación do previsto no punto 4, o valor da hora extraordinaria será o que se fixa no anexo II.

Artigo 26º.-Vacacións.

1º Coa denominación de vacacións implántase o complemento salarial polo que se lles retribúe o período de vacacións anuais ós traballadores.

2º O complemento salarial que se percibirá por vacacións comprenderá a media da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de desfrute das vacacións, a excepción das horas extraordinarias e gratificacións extraordinarias.

3º Os traballadores que cesen no transcurso do ano terán dereito a que, na liquidación que se lles practique no momento da súa baixa na empresa, se integre o importe da remuneración correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas.

4º Pola contra, e nos cesamentos de carácter voluntario, se o traballador xa tivese desfrutadas as súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique a parte correspondente ós días de exceso desfrutados en función do tempo de prestación de actividade laboral efectiva durante o ano.

5º Para os efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cual fose a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase se ó vencemento deste o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade temporal de ser aquela de superior contía. O mesmo criterio se aplicará para os supostos de cesamento por finalización de contrato.

Artigo 27º.-Axuda de custos/medias axudas de custos.

1. A axuda de custo é un concepto de devengo extrasalarial, de natureza indemnizatoria ou compensatoria, e de carácter irregular, que ten como finalidade o resarcimento ou compensación dos gastos de manutención e aloxamento do traballador ocasionados como consecuencia da situación de desprazamento.

2. O traballador percibirá axuda de custo completa cando, como consecuencia do desprazamento, non poida pasa-la noite na súa residencia habitual. Devengarase sempre por día natural.

3. Devengarase media axuda de custo cando, como consecuencia do desprazamento, o traballador afectado teña necesidade de realiza-la comida fóra da súa residencia habitual e non lle fora subministrada pola empresa, e poida pasa-la noite na citada residencia. A media axuda de custo devengarase por día efectivo traballado.

4. As axudas de custos ou medias axudas de custos percibiranse sempre con independencia da retribución do traballador e nas mesmas datas que esta, pero nos desprazamentos de máis dunha semana de duración, aquel poderá solicitar anticipos quincenais á conta, e por xustificar, sobre as mencionadas axudas de custos.

5. Non se devengará axuda de custo ou media axuda de custo cando o empresario organice e custee a manutención e aloxamento do traballador desprazado.

Así mesmo, non se devengarán medias axudas de custos cando o desprazamento se realice a distancia inferior a 10 quilómetros do centro de traballo.

Tampouco se devengarán medias axudas de custos cando, concorrendo varios centros de traballo no mesmo termo municipal, se realice o desprazamento.

6. O valor económico das axudas de custos serán as que figuran no anexo I deste convenio

Artigo 28º.-Condicións e procedemento para a non aplicación do réxime salarial establecido neste convenio.

As empresas poderán solicita-la non aplicación dos incrementos salariais totais ou parciais cando se dean os seguintes supostos:

a) Cando a empresa se encontre en situación legal de suspensión de pagamentos, quebras, concurso de acredores ou calquera outro procedemento que declarase a situación de insolvencia provisional ou definitiva da empresa, sempre que non exista ningún expediente de regulación de emprego por estas causas; de existir, aplicarase o disposto na letra b).

b) Cando a empresa se encontre en expediente de regulación de emprego que afecte, polo menos, ó 20% do cadro de persoal, orixinado por causas económicas, e sempre que fose aceptado polos representantes legais dos traballadores.

c) Cando a empresa acredite, obxectiva e fidedignamente, situacións de perdas de explotación que afecte substancialmente á estabilidade económica da empresa nos dos exercicios contables anteriores ós que se pretende implantar esta medida.

Tomarase como referencia para o cálculo do resultado anteriormente citado os modelos de contas anuais do Plan Xeral Contable, así como os gastos e ingresos financeiros.

d) Cando se presente, na empresa afectada, o acaecemento dun sinistro ou sinistros a reparación dos cales supoña unha grave carga financeira ou de tesourería. Esta circunstancia non suporá unha posible implicación dos incrementos salariais senón, en todo caso, unha suspensión temporal no seu aboamento. As partes afectadas negociarán a duración desta suspensión. Unha vez producida a recuperación económica aboaranse os incrementos obxecto de suspensión con efectos retroactivos á data de inicio da non aplicación.

Procedemento.

As empresas nas que, ó seu xuízo, concorran as circunstancias expresadas, comunicarán ós representantes legais dos traballadores na empresa o seu desexo de se acolleren ó procedemento regulado neste artigo, no prazo de trinta días naturais contado desde a data de publicación oficial de tales incrementos salvo para o caso d), no que prazo comezará a contar desde a data do sinistro.

De igual forma e no mesmo prazo comunicaráselle esta intención á comisión paritaria deste convenio.

Cando nunha empresa non existise representación legal dos traballadores, actuará como garante, practicándose tódalas actuacións contidas neste artigo, a comisión paritaria deste convenio.

Simultaneamente á comunicación a empresa facilitará á representación legal dos traballadores a seguinte documentación:

1º Documentación económica que consistirá nos balances de situación e conta de resultados dos dous últimos anos.

2º A declaración para efectos de impostos de sociedades tamén referidos ós dous últimos anos.

3º Informe do censor xurado de contas cando exista obriga legal.

4º Plan de viabilidade da empresa.

No suposto recollido na letra d) a documentación a que aluden os puntos 1º, 2º e 3º só será esixible respecto ó exercicio contable inmediato anterior. Neste caso esixirase ademais certificación do saldo de tesourería existente á data de presentación.

Dentro dos seguintes catorce días naturais, as partes deberán pronunciarse sobre a procedencia ou improcedencia na aplicación desta cláusula.

O resultado desta negociación será comunicado á comisión paritaria no prazo dos cinco días seguintes de producirse o acordo ou desacordo, presentando a documentación utilizada, o que se producirá na forma seguinte:

a) En caso de acordo a empresa e os representantes dos traballadores comunicarán a porcentaxe de incrementos salariais que se aplicarán, ou a súa non aplicación.

A comisión competente ratificará ou denegará este acordo.

b) En caso de non haber acordo, a comisión paritaria examinará os datos postos á súa disposición, solicitará a documentación complementaria que estime oportuna e os asesoramentos técnicos pertinentes. Oirá as partes, debendo pronunciarse sobre se, na empresa solicitante, concorren ou non as circunstancias esixidas no parágrafo primeiro desta cláusula.

Os acordos da comisión paritaria tomaranse por unanimidade.

Este procedemento tramitarase no prazo dun mes a partir do momento que as partes dean traslado do desacordo á comisión paritaria; desacordo que deberá ser motivado na correspondente acta.

Os prazos establecidos nesta cláusula serán de caducidade para tódolos efectos.

Os representantes dos traballadores están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e dos datos a que se tivese acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto a todo isto, sixilo profesional.

Non poderán facer uso de esta cláusula as empresas durante dous anos consecutivos.

Finalizando o período de desvinculación, as empresas afectadas obríganse a proceder á actualización inmediata dos salarios dos traballadores, para isto, aplicarase sobre os salarios iniciais os diferentes incrementos durante o tempo que durou a aplicación desta cláusula.

Exceptúase da aplicación do parágrafo anterior a causa prevista na letra d) deste artigo. O seu procedemento de actualización queda implicitamente regulado neste epígrafe.

Capítulo IV

Contratación

Artigo 29º.-Forma de contrato.

A admisión de traballadores nas empresas, a partir da entrada en vigor deste convenio, realizarase como norma xeral a través de contrato escrito.

O contrato de traballo escrito deberá formalizarse antes do comezo da prestación de servicios.

Farase constar en tódolos contratos de traballo o contido xeral das condicións que se pacten e o grupo profesional ou categoría no que queda encadrado o traballador e, en todo caso, o contido mínimo do contrato.

Considérase como contido mínimo do contrato a fixación da identificación completa das partes contratantes, a localización xeográfica e denominación, se é o caso, do centro de traballo ó que queda adscrito o traballador, o domicilio da sede social da empresa, o grupo, nivel ou categoría profesional, especialidade, oficio ou posto de traballo en que quede adscrito o traballador, a retribución total anual inicialmente pactada e a expresión literal deste convenio colectivo.

Artigo 30º.-Contratación.

Unha vez considerado apto, simultaneamente ó inicio da relación laboral, o traballador contratado deberá ser inscrito no libro de matrícula do centro de traballo correspondente, debendo presentar para isto a documentación necesaria, e asina-lo devandito libro de matrícula.

Artigo 31º.-Período de proba.

1º Poderá concertarse, por escrito, un período de proba que, en ningún caso, excederá de:

Nivel II: 6 meses.

Niveis III, IV e V: 3 meses.

Niveis VI e VII: 2 meses.

Nivel VIII: 1 mes.

Resto niveis: 15 días naturais.

2º Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes ó grupo, nivel ou categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose de cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes no seu transcurso, sen necesidade de previo aviso e sen que ningunha das partes teña dereito a ningunha indemnización, debéndose comunica-lo desistimento por escrito.

3º Transcorrido o período de proba sen que se producise o desistimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo de servicios prestados para efectos de antigüidade.

4º A situación de incapacidade transitoria derivada de accidente de traballo, que afecte ó traballador durante o período de proba, interromperá o seu cómputo.

Artigo 32º.-Modalidades de contratación.

As empresas afectadas por este convenio poderán subscribir calquera tipo de contrato de traballo con modalidade recollida na lexislación vixente ou neste convenio colectivo.

Artigo 33º.-Contrato fixo de cadro de persoal.

Entenderase como contrato de traballador fixo de cadro de persoal o que se concerte entre unha empresa e un traballador para a prestación laboral durante tempo indefinido, ou que, por imperativo legal ou decisión xudicial, leve aparellada esa condición.

Artigo 34º.-Contrato a tempo parcial.

1º O contrato a tempo parcial entenderase subscrito a tempo parcial cando, cumprido nos termos previstos no artigo 29º deste convenio, e artigo 17 do convenio xeral do sector, se acordase ademais a prestación de servicios durante un número de horas ó día, á semana, ó mes ou ó ano que non superen o 70% da duración da xornada diaria, semanal, mensual ou anual, correspondente.

2º Así mesmo, deberán constar expresamente no contrato de traballo, as horas complementarias que as partes conveñan realizar, sendo nulo calquera pacto que sobre esta materia se pretenda formalizar con posterioridade á subscrición do contrato a tempo parcial.

3º Nas demais cuestións e materias relacionadas co contrato de traballo a tempo parcial aplicarase o que con carácter xeral se fixa na lexislación laboral vixente en cada momento.

Artigo 35º.-Contrato en prácticas e de formación.

Mentres non sexan cumpridos os compromisos que sobre clasificación profesional se consideran no artigo 26 do convenio xeral do sector, será de aplicación para estas modalidades contractuais a regulación xeral prevista no artigo 11 do Estatuto dos traballadores salvo as seguintes especiais características:

1. Os salarios establecidos para esta modalidade contractual serán os que se fixan no convenio xeral do sector para o nivel X vixentes en cada momento.

Contrato formativo.

O contrato para a formación que realicen as empresas comprendidas dentro do ámbito funcional deste convenio terá por obxecto a formación práctica e teórica do traballador contratado. Este traballador non deberá ter ningún tipo de titulación, xa sexa superior, media, académica ou profesional, relacionada co posto de traballo que vaia desempeñar. O contido do contrato, ó igual que as súas posibles prórrogas deberá formalizarse por escrito e figurará nel, de modo claro, o oficio ou posto de traballo obxecto da formación.

En ningún caso se poderá realizar este tipo de contrato naquelas actividades nas que concorran circunstancias de tipo tóxico, penoso, perigoso ou nocturno. Tamén estarán prohibidas as horas extraordinarias.

A idade do traballador cun contrato destas características non poderá ser inferior a 16 anos nin superior ós 21 anos.

A) A duración máxima será de dous anos, xa sexan alternos ou continuados, cunha ou varias empresas dentro do ámbito funcional do sector deste convenio.

B) Non se poderán realizar contratos de duración inferior a seis meses, podendo prorrogarse ata tres veces por períodos como mínimo de seis meses.

C) Este tipo de contrato realizarase a tempo completo. O 15% do total da xornada dedicarase a formación teórica. Concretaranse no contrato as horas e días dedicados á formación. Así mesmo, especificarase o centro formativo, se é o caso, encargado do ensino teórico. O ensino teórico, a ser posible, deberá ser previo á formación práctica ou alternarse con esta de forma racional.

No contrato deberá figura-lo nome e a categoría profesional de titor ou monitor encargado da formación práctica. O titor deberá velar pola adecuada formación do traballador en formación, así como de tódolos riscos profesionais. O traballo efectivo que preste o traballador na empresa deberá estar relacionado coa especialidade ou obxecto do contrato.

O contrato para a formación presumirase de carácter común e ordinario cando o empresario incumpra na súa totalidade as súas obrigas en materia de formación teórica.

D) Os salarios establecidos para esta modalidade de contratación serán os que se fixan no convenio xeral do sector para o nivel X vixentes en cada momento.

No caso de cesamento na empresa, entregaráselle ó traballador un certificado referente á formación teórica e práctica adquiridas no que constará a duración desta.

E) Os traballadores en formación percibirán o 100% do complemento non salarial, con independencia do tempo dedicado a formación teórica.

Contrato en prácticas.

Os salarios establecidos para esta modalidade de contratación serán os que se fixan no convenio xeral do sector para o nivel X vixentes en cada momento.

Artigo 36º.-Contrato de traballo para a realizacion dunha obra ou servicio determinado e contratos para atender circunstancias de mercado, acumulacion de tarefas ou exceso de pedidos.

1. Contrato de traballo para a realizacion dunha obra ou servicio determinado.

A) A teor do disposto no artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores, identifícanse como traballos ou tarefas con substantividade propia dentro da actividade normal da empresa unicamente as seguintes actividades do sector:

a) Fabricación e subministración de formigón a unha obra determinada.

b) Os traballos de mantemento, obras ou avarías estructurais e, polo tanto, non habituais.

c) Aquel pedido ou fabricación para a subministración a unha obra suficientemente identificada e indeterminada na súa finalización que, polas súas características diferentes dos pedidos ou fabricacións habituais, supoña unha alteración trascendente respecto ó ritmo ou programas normais de producción.

B) Contido e réxime xurídico:

-Nos contratos de traballo que se realicen baixo esta modalidade, deberá indicarse con precisión e claridade o carácter da contratación e identificar suficientemente a obra ou servicio que constitúa o seu obxecto.

-A duración do contrato será a do tempo esixido para a realización da obra ou servicio.

-A utilización desta modalidade contractual requirirá, en todo caso, a confección dunha copia básica do contrato que, ademais do contido que as copias básicas do contrato han de reunir con carácter xeral, expresarán necesariamente: a causa obxecto do contrato, as condicións de traballo previstas nel, a especificación do número de traballadores que se prevexa que intervirán na obra ou servicio, o grupo ou a categoría profesional asignada ó traballador e a duración estimada da obra ou servicio. Desta copia básica darase traslado, dentro dos prazos legais, ós representantes dos traballadores.

-Os contratos por obra ou servicio determinado presumiranse subscritos por tempo indefinido cando neles se reflictan, de forma inexacta ou imprecisa, a súa identificación e o seu obxecto, e resulte por isto practicamente imposible a comprobación ou verificación do seu cumprimento.

2. Contratos para atender circunstancias de mercado, acumulacion de tarefas ou exceso de pedidos.

a) De acordo co que dispón o artigo 15.1º b) do texto refundido do Estatuto dos traballadores, a duración máxima dos contratos eventuais por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos poderá ser de ata 12 meses traballados dentro dun período de 18 meses.

b) Expresarase neles, coa precisión e claridade necesarias, a causa sustentadora e xeradora da contratación.

Artigo 37º.-Disposicións comúns ós contratos de duracion determinada.

1. Será preceptivo comunicarlle por escrito ó traballador o aviso previo de cesamento por finalización de calquera modalidade de contrato de duración determinada. Este aviso realizarase cunha antelación de, polo menos, sete días para aqueles contratos que teñan unha duración non superior a 30 días naturais e de 15 días se a duración do contrato é superior a este prazo. O empresario poderá substituír este aviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso omitidos, calculados sobre as táboas de convenio sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

2. No momento de finalización dos contratos temporais previstos neste convenio colectivo, o traballador percibirá polo concepto de indemnización a cantidade equivalente ó 7% dos salarios de convenio devengados durante a vixencia destes.

Capítulo V

Suspensión temporal dos contratos de traballo

Artigo 38º.-Procedemento.

As partes asinantes deste convenio acordan establece-las seguintes normas de procedemento, cando as circunstancias así o determinen:

1º As empresas poderán solicitar suspender temporalmente os seus contratos de traballo, cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

A) Cando as existencias superen os dous meses de stock de producción en calquera data do ano.

B) Excepcionalmente as empresas poderán solicitar esta suspensión sempre que as súas existencias superen os 30 días de stock, mesmo cando non superen os dous meses de producción se, previamente, a comisión mixta paritaria de interpretación deste convenio o comprobase e emitise informe favorable en tal sentido, valorando para iso tódolos factores causantes de tal situación.

2º A duración desta situación non poderá supera-los 2 meses nun período dun ano para cada traballador.

3º O cesamento temporal poderá afectar á totalidade ou a parte do cadro de persoal, e poderá ser aplicable en forma ininterrompida ou descontinua. No caso de que o cesamento temporal afecte soamente a unha parte do cadro de persoal da empresa, e mentres se manteña esta situación, o resto do cadro de persoal non poderá exceder no seu traballo do rendemento normal, nin efectuar horas extraordinarias.

4º En caso de autorizarse a suspensión, o persoal afectado percibirá a súa retribución da seguinte forma:

A prestación que percibirá o traballador, sumadas as achegas da entidade xestora e a empresa, non poderá superar, en ningún caso, a contía da base reguladora da prestación por desemprego que lle corresponda, unha vez deducida a parte proporcional de gratificacións extraordinarias. As gratificacións extraordinarias serán percibidas polo traballador integramente nos termos e datas previstos con carácter xeral para elas.

5º A tramitación nas actuacións procedementais da suspensión temporal dos contratos de traballo axustarase ás previsións do artigo 47 do Estatuto dos traballadores, aínda que nos seus termos se reducirá sempre á metade. En caso de que durante a vixencia deste convenio se aplicasen novas normas, estas substituirán as aquí consideradas. En tódolos casos, os prazos previstos na normativa sinalada reduciranse á metade.

6º Tódalas peticións que se cursen deberán facerse baixo o principio de autonomía das partes para negociar e co coñecemento dos representantes legais dos traballadores.

7º No caso de non afecta-la suspensión a todo o cadro de persoal deberá aplicarse, dentro do mesmo grupo do persoal, un sistema de rotación entre unha suspensión e outra, fose cal fose o exercicio en que se fixese uso desta facultade, en función da configuración do cadro de persoal.

8º A encargada de coordinar tódalas actuacións será a comisión mixta paritaria de interpretación deste convenio, que estudiará cada caso e recomendará a procedencia ou non da citada suspensión. As partes afectadas poderán vincularse ou non a esta recomendación.

Capítulo VI

Clasificación profesional e niveis

Artigo 39º.-Compromiso de desenvolvemento.

1º Mentres non se produza a incorporación ó presente convenio dos acordos que sobre clasificación profesional han de adopta-las partes negociadoras do convenio xeral do sector antes do 30 de abril de 2002, será de aplicación sobre a materia o disposto na ordenanza da construcción, vidro e cerámica do 28 de agosto de 1970 nos seus anexos I, VI e II, sección primeira e sétima, permanecendo os niveis seguintes:

I. Persoal directivo.

II. Persoal titulado superior.

III. Persoal titulado medio, xefe amtvo. 1ª, xefe secc. org. 1ª.

IV. Xefe de persoal, axudante de obra, encargado xeral de fábrica, encargado xeral.

V. Xefe admtvo. 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefe de secc. de org. científica do traballo de 2ª, xefe de compras.

VI. Oficial admtvo. 1ª, delineante 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de secc. de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía 1ª, técnico de organización 1ª.

VII. Delineante de 2ª, técnico de org. 2ª, práctico de topografía 2ª, analista 1ª, viaxante, capataz, especialista de oficio.

VIII. Oficial admtvo. 2ª, corredor de praza, oficial 1ª de oficio, inspector de control, sinalizador e servicios, analista de 2ª.

IX. Auxiliar admtvo., axudante topográfico, auxiliar de org., vendedores, conserxe, oficial de 2ª de oficio.

X. Auxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xurado, axudantes de oficio, especialistas de 1ª.

XI. Especialistas de 2ª, peón especializado.

XII. Peón ordinario, limpador/a.

XIII. Mozos dos recados e pinches de 16 a 18 anos.

Capítulo VII

Normas xerais sobre prestación de traballo

Artigo 40º.-Mobilidade funcional.

Coa vixencia temporal que se recolle no artigo 39º deste convenio e ata tanto se acorde o contido e desenvolvemento deste artigo 39º, a mobilidade funcional dos traballadores no ámbito de aplicación do presente convenio axustarase ó seguinte contido:

A mobilidade funcional no seo da empresa non terá outras limitacións que as esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e pola pertenza ó grupo profesional. Ata tanto se desenvolvan as previsións do artigo 39º deste convenio, a mobilidade funcional poderá efectuarse entre categorías profesionais equivalentes.

A mobilidade funcional para a realización de funcións non correspondentes a categorías equivalentes só será posible se existisen razóns técnicas ou organizativas que a xustificasen e polo tempo imprescindible para a súa atención.

A mobilidade funcional efectuarase sen menoscabo da dignidade do traballador e sen prexuízo da súa formación e promoción profesional.

Artigo 41º.-Traballos en categoría superior.

Por razóns organizativas, técnicas e da producción, e por prazo que non exceda de seis meses nun ano ou oito meses durante dous anos, o traballador poderá ser destinado a ocupar posto de categoría superior, percibindo mentres se encontre nesta situación a

remuneración correspondente á función que efectivamente desempeñe.

Transcorrido este periodo o traballador poderá, a vontade propia, continuar realizando estes traballos ou volver ó posto que ocupaba con anterioridade. No primeiro suposto ascenderá automaticamente de categoría.

O disposto neste artigo non será aplicable, salvo en materia de remuneración, ós casos de substitución por servicio militar ou social substitutorio, incapacidade temporal, permisos e excedencia forzosa; en calquera caso este prazo non poderá exceder de 18 meses, salvo a excedencia forzosa, caso no que se aplicará segundo a súa efectiva duración.

Exceptúanse de todo o anteriormente disposto os traballos de superior categoría que o traballador realice, de acordo coa empresa, co fin de prepararse para o ascenso, cun máximo de 6 meses.

Artigo 42º.-Categorías en traballo inferior.

1. A empresa, por necesidades perentorias, transitorias ou imprevisibles, poderá destinar un traballador a realizar tarefas correspondentes a unha categoría profesional inferior á súa polo tempo imprescindible, comunicándollelo ós representantes legais dos traballadores se os houber, e o interesado non poderá negarse a efectua-lo traballo encomendado, sempre que isto non prexudique a súa formación profesional. Nesta situación o traballador seguirá percibindo a remuneración que, pola súa categoría e función anterior lle corresponda.

2. A un traballador non se lle poderá impo-la realización de traballos propios de categoría inferior máis de tres meses ó ano. Non se considerarán para efectos do cómputo os supostos de avaría ou forza maior.

3. Se o destino de inferior categoría profesional fose solicitado polo propio traballador, asignaráselle a este a retribución que lle corresponda pola función efectivamente desempeñada, pero non se lle poderá esixir que realice traballos de categoría superior a aquela pola que se lle retribúe.

Artigo 43º.-Mobilidade xeográfica.

A mobilidade xeográfica, no ámbito deste convenio, afecta ós seguintes casos:

a) Desprazamentos.

b) Traslados.

Artigo 44º.-Desprazamento.

Enténdese por desprazamento o destino temporal dun traballador a un lugar distinto do seu centro habitual de traballo.

As empresas poderán despraza-los seus traballadores ata o límite máximo dun ano.

As empresas designarán libremente os traballadores que deban desprazarse cando o destino non esixa pasa-la noite fóra da casa ou cando, existindo esta circunstancia, non teña duración superior a tres meses.

Nos supostos en que o desprazamento esixa pasa-la noite fóra do domicilio e teña unha duración superior a tres meses, as empresas proporán o desprazamento ós traballadores que estimen idóneos para realiza-lo traballo, e no suposto de que por este procedemento non cubrisen os postos para prover, procederá a súa designación obrigatoria entre os que reúnan as condicións de idoneidade profesional para ocupa-las prazas, observando as seguintes preferencias para non seren desprazados:

a) Representantes legais dos traballadores.

b) Diminuídos físicos e psíquicos.

As empresas que desexen realizar algún dos desprazamentos que obriguen o traballador a pasa-la noite fóra do seu domicilio deberán avisalo ós afectados cos seguintes prazos:

Prazos de avisos (en horas) segundo a duración do desprazamento:

A = ata 15 días.

B = de 16 a 30 días.

C = de 30 a 90 días.

D = máis de 90 días.

Lugar de desprazamento.

A B C D

-Dentro da mesma provincia SP 24 72 130

-Dentro da mesma comunidade autónoma

e fóra da súa provincia24 72 72 130

-Fóra da comunidade autónoma e

dentro do Estado español72 72 72 130

(SP= sen preaviso).

En calquera caso, os avisos deberán realizarse por escrito en caso de desprazamentos superiores a 15 días.

Os anteriores prazos non serán de aplicación cando o desprazamento veña motivado por supostos de danos, sinistros ou cuestións urxentes.

Nos desprazamentos superiores a tres meses que non permitan pasa-la noite no seu domicilio, as empresas e os afectados convirán libremente as fórmulas para que os traballadores poidan regresar ós seus domicilios periodicamente, que poderán consistir na subvención das viaxes de ida e regreso en todas ou parte das fins de semana, adecuación ás xornadas de traballo para facilitar periódicas visitas ó seu domicilio, concesións de permisos periódicos, subvención do desprazamento dos seus familiares, etc.

Nos supostos de non chegarse a acordo nesta materia, aplicarase o disposto no artigo 40.4º do Estatuto dos traballadores, tendo dereito a un mínimo de catro días laborables de estadía no seu domicilio de orixe por cada tres meses de desprazamento, sen computar como tales os de viaxe; estes serán por conta do empresario.

Por acordo individual, poderá pactarse a acumulación destes días, engadíndose, incluso, ás vacacións anuais.

Nos supostos de desprazamento xerarase o dereito, ademais de á totalidade das retribucións económicas que habitualmente viñese percibindo, ás axudas de custos e os gastos de viaxe que proceda.

Ós traballadores que sexan desprazados fóra do territorio nacional, aboaránselles tódolos gastos, tales como viaxes, aloxamento e manutención. Así mesmo, aboaráselle-lo 25% do valor da axuda de custo fixada no convenio colectivo, e o pagamento farase na moeda de curso legal do país no que se encontre desprazado; estes traballadores terán dereito así mesmo a unha viaxe ó seu domicilio de orixe por cada tres meses de desprazamento, e estes gastos serán por conta do empresario.

Artigo 45º.-Condicións dos desprazamentos.

Se como consecuencia dun desprazamento, cando o traballador poida volver a pasa-la noite á súa residencia, empregase máis de 45 minutos en cada un dos desprazamentos de ida e volta, empregando os medios ordinarios de transporte, o exceso aboaráselle a pro rata do salario convenio, salvo que na actualidade xa viñese consumindo máis de 45 minutos, caso no que só se lle aboará a diferencia sobre este tempo.

O persoal desprazado quedará vinculado á xornada, horario de traballo e calendario vixente no centro de traballo de chegada. Non obstante, no suposto de que a xornada de traballo correspondente ó centro de orixe fose inferior á daquel de chegada, aboaráselle o exceso como horas extraordinarias que non computarán para o límite de número de horas.

As incidencias non consideradas nos parágrafos anteriores que, como consecuencia do desprazamento poidan producirse en materia de horario, xornada e gastos que resulten prexudiciais para o traballador, serán asumidas pola empresa.

Artigo 46º.-Traslados.

Considerarase como tal a adscrición definitiva dun traballador a un centro de traballo da empresa distinto daquel en que viña prestando os seus servicios, e que require cambio da súa residencia habitual.

Por razóns económicas, técnicas ou productivas que o xustifiquen, ou ben por contratacións referidas á actividade empresarial, a empresa poderá proceder ó traslado dos seus traballadores a un centro de traballo distinto desta con carácter definitivo.

No suposto de traslado, o traballador será avisado con, polo menos 30 días de antelación, por escrito.

O traslado deberá ser comunicado ós representantes dos traballadores ó mesmo tempo que ó traballador afectado. O traballador afectado percibirá unha indemnización compensatoria equivalente ó 35% das súas percepcións anuais brutas en xornada ordinaria no momento de realizarse o cambio de centro, o 20% destas ó comeza-lo 2º ano, e o 20% ó comeza-lo 3º ano, sempre sobre a base inicial.

Neste suposto devengaranse os gastos de viaxe do traballador e da súa familia, os gastos de traslados de mobles e enxoval e cinco axudas de custo por

cada persoa que viaxa dos que compoñan a familia e convivan co desprazado.

O traballador trasladado, cando o traslado sexa efectivo, e por cambio de domicilio, terá dereito a desfruta-la licencia retribuída prevista no anexo V do convenio xeral do sector.

Notificada a decisión do traslado, o traballador terá dereito alternativamente a:

a) Optar polo traslado percibindo as compensacións por gastos previstas neste artigo.

b) Optar pola extinción do seu contrato, percibindo unha indemnización de 20 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano e cun máximo de 12 mensualidades.

c) Se non opta pola opción b), pero se mostra desconforme coa decisión empresarial, e sen prexuízo da executividade do traslado, poderá impugna-la decisión empresarial ante a xurisdicción competente.

Non serán de aplicación os supostos previstos neste artigo nos casos de traslados producidos nos que concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Os efectuados dentro do mesmo termo municipal.

b) Os efectuados a menos de quince quilómetros do centro orixinario, para o que foi inicialmente contratado, ou do que posteriormente fose trasladado con carácter definitivo.

c) Os efectuados a menos de quince quilómetros do lugar de residencia habitual do traballador.

Artigo 47º.-Desprazamentos e traslados voluntarios.

Nos desprazamentos e traslados producidos por petición escrita do traballador, así como nos cambios de residencia que este voluntariamente realice, non procederán as compensacións e dereitos regulados neste capítulo.

Artigo 48º.-Supostos especiais.

En materia de mobilidade xeográfica, non estarán afectados por limitacións legais nin polo previsto neste capítulo, salvo en materia de compensacións económicas, que procederán as que correspondan, os traballadores que realicen funcións nas que a mobilidade xeográfica supoña unha característica propia da súa función, tales como persoal de transporte, montaxe, comerciais, de mantemento ou similares.

Artigo 49º.-Outros supostos de traslados.

1º Nos supostos de traslado do centro de traballo ou dunha unidade productiva autónoma da empresa, observarase o que a empresa e representantes dos traballadores acorden.

2º Noutros supostos de traslados colectivos observarase o que empresa e representantes dos traballadores acorden, servindo como referencia o previsto para traslados individuais neste capítulo.

Capítulo VIII

Xornada de traballo

Artigo 50º.-Xornada.

A) A duración da xornada anual de traballo durante o ano 2001 será de 1.756 horas anuais e no ano 2002 de 1.744 horas.

B) Aquelas empresas que, á entrada en vigor deste convenio, teñan unha xornada inferior á pactada para o ano 2001 ou 2002, manterana como condición máis beneficiosa ata ser alcanzadas por este.

C) As horas de traballo que como xornada anual quedan fixadas na letra a) deste artigo terán, en todo caso, a consideración e tratamento de traballo efectivo.

D) A distribución semanal da xornada recollida na letra a) deste artigo farase de luns a venres, ambos inclusive, de acordo co contido do calendario laboral que figura no anexo, ou no calendario laboral de cada empresa. Esta distribución páctase cunha vixencia temporal desde o 1-1-2001 ata o 31-12-2001.

E) O tempo de traballo efectivo computarase de modo que, tanto ó comezo como ó final da xornada diaria, o traballador se encontre no posto de traballo encomendado.

F) En cada centro de traballo a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral orientativo pactado neste convenio provincial ou, se é o caso, o da propia empresa ou centro de traballo.

Artigo 51º.-Distribución da xornada.

1.

A) As empresas poderán distribuí-la xornada establecida no artigo anterior ó longo do ano mediante criterios de fixación uniforme ou irregular. Afecta a uniformidade ou irregularidade ben a todo o cadro de persoal ou de forma diversa por seccións ou departamentos, por períodos estacionais do ano ou en función das previsións das distintas cargas de traballo e desprazamentos da demanda, ou calquera outra modalidade.

B) A distribución da xornada realizada nos termos precedentes deberá fixarse e publicarse antes do 28 de febreiro de cada exercicio. Unha vez publicado este calendario, calquera modificación que pretenda implantarse deberá axustarse ó procedemento establecido no punto seguinte ou ben deberá ser acordada cos representantes legais dos traballadores.

C) As empresas antes do 28 de febreiro de cada ano poderán facer unha distribución irregular da xornada, que poderá ser modificada por unha soa vez antes do 15 de xuño sempre que se lle notificase o primeiro calendario á comisión mixta paritaria de interpretación deste convenio, e se lle notifique á súa vez esta segunda distribución da xornada anual.

A ausencia desta primeira ou segunda notificación será causa de nulidade da decisión empresarial.

As empresas poderá exerce-las opcións desta letra C, os anos 2002 e 2003. Transcorridos estes anos perderán vixencia os contidos normativos e obrigacionais recollidos nel.

A partir do ano 2003 serán de aplicación os acordos que sobre a materia se alcancen no convenio xeral do sector.

2. Cando practique a empresa unha distribución irregular da xornada, esta limitarase ós topes mínimos e máximos de distribución seguintes: en cómputo diario non poderá excederse dun mínimo e máximo de 7 a 9 horas; en cómputo semanal estes límites non poderán excederse de 35 a 45 horas.

Os límites mínimos e máximos fixados no parágrafo anterior, con carácter xeral, poderán ser modificados a nivel de empresa e logo de acordo das partes, ata as seguintes referencias: En cómputo diario de 6 a 10 horas ou en cómputo semanal de 30 a 50 horas.

3. A distribución irregular da xornada non afectará á retribución e cotizacións do traballador.

4. Se como consecuencia da irregular distribución da xornada, ó vencemento do seu contrato o traballador realizase un exceso de horas, en relación ás que corresponderían a unha distribución regular, o exceso seralle aboado na súa liquidación segundo o valor resultante da fórmula prevista no anexo ... deste convenio colectivo.

5. As empresas poderán, así mesmo, establece-la distribución da xornada nos procesos productivos continuados durante as 24 horas do día, mediante o sistema de traballo a quendas, sen máis limitacións que a comunicación á autoridade laboral. Cando a decisión empresarial implique modificación substancial de condicións de traballo aplicarase o disposto no artigo 41 do Estatuto dos traballadores.

6. Dada a singularidade en materia de ordenación de xornada no sector de empresas dedicadas á fabricación e subministración de formigón, e con independencia da aplicación do previsto nos números 1, 2, 3, 4 e 5 deste artigo, as empresas e representantes dos traballadores poderán acorda-la distribución irregular da xornada mediante a imputación a exceso de xornada ou redistribución da acordada por períodos mensuais.

Artigo 52º.-Prolongación da xornada.

O traballo dos operarios con funcións de mantemento para a reparación de instalacións e maquinaria por causas de avarías, necesario para a continuación do proceso productivo, poderá prolongarse ou adiantarse polo tempo estrictamente preciso.

A limpeza de útiles ou máquinas asignadas a título individual será responsabilidade do traballador. En supostos excepcionais, o tempo empregado para tal mester que exceda da xornada ordinaria aboarase ó prezo de horas extraordinarias e non terán a consideración de tales para efectos do seu cómputo.

Ós traballadores nos que, de forma habitual e excepcionalmente os que os substitúan, concorra a circunstancia de que a súa intervención é necesaria, con carácter previo ó inicio inmediato ou ó peche do proceso productivo, poderá adiantárselles ou prolongárselle-la súa xornada polo tempo estrictamente preciso.

O tempo de traballo prolongado ou adiantado, segundo o previsto nos parágrafos anteriores, non se computará como horas extraordinarias, sen prexuízo da súa compensación económica ó prezo de horas extraordinarias ou en tempos equivalentes de descanso.

Artigo 53º.-Quendas e relevos.

Nas empresas que teñan establecidos sistemas de traballo a quendas, o traballador está obrigado a permanecer no seu posto de traballo ata a chegada do relevo. O tempo que se precise durante a espera, que non excederá de dúas horas, compensarase, en todo caso, ó prezo da hora extraordinaria con independencia de que non se compute como tal.

A duración da xornada anual no réxime de traballo a quendas será de 1.684,5 horas, que terán, en todo caso, a consideración e tratamento de traballo efectivo. As xornadas diarias no réxime de traballo a quendas terán unha duración de 7,5 horas de traballo efectivo.

Nas xornadas diarias de réxime de traballo a quendas manterase media hora de descanso, que non terá o carácter e tratamento de traballo efectivo.

Ós traballadores afectados por xornadas en réxime de traballo a quendas seralles, así mesmo, de aplicación a fixación dos festivos e descansos que se inclúan tanto no calendario laboral deste convenio colectivo, como os que se fixen nos calendarios laborables elaborados en cada centro de traballo, sempre que se cumpra a xornada de 1.684'5 horas, establecidas no segundo parágrafo deste artigo.

Artigo 54º.-Horas extraordinarias.

Terá a consideración de hora extraordinaria cada hora de traballo que se realice sobre a duración da xornada anual establecida no artigo 50º, ou parte proporcional no caso de contratos de duración inferior ó ano natural, posta en relación coa distribución diaria ou semanal que dela se establecese no correspondente calendario, segundo os criterios que se fixan no artigo 51º.

As partes asinantes comprométense a reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias.

A prestación de traballo en horas extraordinarias será voluntaria, salvo nos supostos nos que teñan a súa causa en forza maior.

Non terán a consideración de horas extraordinarias, para efectos do seu cómputo como tales, o exceso das horas traballadas para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e de urxente reparación.

Así mesmo, tampouco terán a consideración de horas extraordinarias, para os efectos do seu cómputo, as que fosen compensadas mediante descansos desfrutados dentro dos catro meses seguintes á súa realización.

Artigo 55º.-Horas non traballadas por imposibilidade do traballo.

Nos supostos de inclemencias do tempo, forza maior ou outras causas imprevisibles, ou que sendo previsibles resulten inevitables, a empresa poderá acor

dar, logo de comunicación ós representantes dos traballadores, a suspensión do traballo polo tempo imprescindible. O tempo non traballado polas causas anteriores non suporá mingua nas retribucións do traballador.

O 50% das horas non traballadas polas causas de interrupción da actividade, previstas no parágrafo anterior, recuperaranse na forma que as partes acorden.

No suposto de que a referida interrupción alcance un período de tempo superior ás 24 horas efectivas de traballo, aplicarase o disposto neste convenio en materia de suspensión de contrato, por causa de forza maior.

Artigo 56º.-Vacacións.

As vacacións anuais terán unha duración non inferior a 30 días naturais.

As empresas e os representantes dos traballadores acordarán o plan de quendas de vacacións e datas para o seu desfrute, que deberán ser coñecidas polos traballadores cunha antelación mínima de dous meses.

Se no proceso de negociación referido non se chegara a alcanzar acordo, as empresas elaborarán o plan, quendas de vacacións e fixación de datas para o seu desfrute, atendendo ós seguintes criterios:

-Poderá excluírse como período de vacacións aquel que coincida co de maior actividade productiva da empresa, salvo o suposto sinalado no parágrafo seguinte.

-As vacacións poderán ser divididas, para efectos do seu desfrute, en dous períodos. Un deles, que en todo caso non será inferior a 15 días laborables, deberá estar comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, ambos inclusive. O resto dos días de vacacións do segundo dos períodos serán desfrutados nas datas en que a empresa determine en función das necesidades de producción.

O cómputo para o desfrute das vacacións efectuarase por anos naturais. No primeiro ano de prestación de servicios na empresa e, de non corresponderse co ano natural completo, terase dereito ó desfrute da parte proporcional de vacacións correspondentes ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

Unha vez iniciado o desfrute do período de vacacións, se sobrevén a situación de incapacidade transitoria, a súa duración computarase como días de vacacións, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de incapacidade transitoria, de ser aquela de superior contía.

Capítulo IX

Ordenación e organización do traballo

Articulo 57º.-Dirección e control de traballo.

A organización e ordenación do traballo é facultade do empresario ou persoas en quen este delegue, que poden implanta-los sistemas internos de control que considere oportunos para verifica-lo cumprimento polo

traballador das súas obrigas e deberes laborables, que deberá exercerse con suxeición ó establecido neste convenio e demais normas aplicables.

En consecuencia, ten a facultade de organizalo de forma que poida logra-lo máximo rendemento en tódolos aspectos: man de obra, materiais, tempo, etc., ata o límite racional e científico que permitan os elementos de que dispoña e a necesaria colaboración do persoal para este obxecto, con suxeición ó establecido neste convenio e demais normas de aplicación. Son facultades do empresario, entre outras, as seguintes:

a) A cualificación do traballo e de productividade industrial xeralmente admitidos.

b) A determinación dos sistemas de organización ou medición do traballo encamiñados a obter e asegura-los máximos rendementos dos elementos, máquinas ou instalacións, dadas as necesidades xerais da empresa ou as específicas dun determinado departamento, sección ou posto de traballo.

c) A adxudicación do número de máquinas ou de tarefas necesarias para a saturación do posto de traballo. A regulación da adaptación das cargas de traballo, rendemento e tarifas ás condicións que resulten do cambio de métodos operatorios, proceso de fabricación, cambio de materias, máquinas ou condicións técnicas delas.

d) A fixación de índices de desperdicios, normas de calidade e normas técnicas de traballo.

e) A esixencia dunha vixilancia, atención e limpeza da maquinaria e útiles encomendadas ó traballador.

f) O cambio de posto de traballo e a redistribución do persoal da empresa conforme as conveniencias da producción e da organización con suxeición ós criterios de mobilidade dentro da pertenza a grupos profesionais.

g) Introducir, durante calquera período de organización do traballo, as modificacións necesarias ou convenientes nos métodos, distribución do persoal, variacións técnicas das máquinas, útiles, fórmulas, etc.

h) O mantemento do normal desenvolvemento das relacións laborables.

i) Establecer ou varia-las fórmulas para o cálculo de incentivos.

j) Esixirlle a actividade normal á totalidade do persoal da empresa.

As facultades empresariais descritas serán, en todo caso, exercidas sen menoscabo das competencias atribuídas ós representantes legais dos traballadores.

En caso de desconformidade dos traballos, exposta a través dos seus representantes legais, manteranse as normas existentes na empresa en espera da resolución dos órganos a que corresponda.

Artigo 58º.-Prestación do traballo.

1. O traballador está obrigado a realiza-lo traballo convido cumprindo as ordes e instruccións do empresario no exercicio regular das súas facultades directivas e, no seu defecto, os usos e costumes, debendo

executar cantos traballos, operacións ou actividades se lle ordenen dentro do xeral cometido da súa competencia profesional.

Deberá, así mesmo, prestar maior traballo ou distinto do convido nos casos de necesidade urxente de previr máis, remediar accidentes ou danos sufridos.

2. O traballador deberá dar conta inmediata ós seus xefes directos dos entorpecementos que observe na realización de su traballo, así como das faltas ou defectos que advirta nos útiles, máquinas, ferramentas ou instalacións relacionadas co seu cometido que, á súa vez, deberá manter en estado de funcionamento e utilización no que del dependa.

3. Fóra dos centros de traballo ou da súa xornada laboral queda prohibida, salvo expresa autorización do empresario ou de quen o represente, a utilización de máquinas, ferramentas, aparellos, instalacións ou locais de traballo.

4. Para a debida eficacia da política de prevención de accidentes no traballo, os traballadores están obrigados a utiliza-los medios de protección que lles facilite o empresario en cumprimento da normativa reguladora correspondente.

5. Como manifestación dos deberes xerais de colaboración e boa fe que rexen a prestación do traballo, o traballador está obrigado a mante-los segredos relativos á explotación e negocios da empresa.

Artigo 59º.-Traballo a tempo ou xornada.

Salvo pacto en contrario, presúmese que a prestación de traballo se concerta na modalidade denominada «a tempo ou xornada», na que a retribución se fixa atendendo á duración do traballo e ó rendemento normal definido neste convenio, e cunha contrapartida constituída polas táboas salariais dos convenios colectivos de ámbito inferior, sempre que o traballador alcance nese tempo o rendemento normal esixible.

Artigo 60º.-Traballo a tarefa.

O traballo a tarefa consiste na realización por xornada dunha determinada cantidade de traballo, con independencia do tempo investido na súa realización.

Se o traballador termina a tarefa antes de concluí-la xornada diaria, a empresa poderá ofrecerlle e este aceptar ou non entre continuar prestando os seus servicios ata a terminación da xornada ou que abandone o traballo dándoa por concluída.

No primeiro caso, a empresa deberá aboa-lo tempo que medie entre a terminación da tarefa e a conclusión da xornada diaria, como se se tratase de horas extraordinarias, pero sen que se computen estas para o efecto do límite fixado para elas no artigo 35.2º do Estatuto dos traballadores e sen que poida esixirse durante tal período un rendemento superior ó normal.

Artigo 61º.-Traballo a obra feita.

Nos traballos a obra feita ou por unidades de obra e para efectos da súa retribución, só se atende á cantidade e calidade da obra ou traballo realizado, pagándose por módulos ou unidades determinadas, independentemente do tempo investido na súa realización,

se ben pode estipularse un prazo para a súa terminación, caso no que deberá terminarse dentro del.

Artigo 62º.-Traballo prima ou incentivo.

As empresas poderán establecer para os traballos non medidos cientificamente sistemas de incentivación ou primas á producción, de modo que a un maior rendemento no traballo correspondan normalmente uns ingresos superiores ós ordinarios.

Se en calquera dos traballos remunerados con incentivo a obra feita, tarefa, con prima á producción ou por tarefa e unidade de obra a que se refire este capítulo, non se producise o rendemento esixible por causas imputables á empresa, malia o traballador poñer na execución da obra a técnica, actividade e dilixencia necesarias, este terá dereito a percibi-lo 50 por cento da media das primas obtidas no mes anterior durante os primeiros 30 días, o 25 por cento durante os 30 días posteriores e o 10 por cento durante os 30 días seguintes, cesando, a partir deste último período, a obriga da empresa de remunerar ningunha cantidade por este concepto.

Se as causas que motivaron a diminución do rendemento fosen accidentais e non se estendesen a toda a xornada, deberáselle compensar ó traballador o tempo que dure a diminución.

Cando os motivos non sexan imputables a descoidos ou neglixencia da empresa, e independentemente da vontade do traballador, pagaráselles ós traballadores afectados a razón do salario base. Entre outros casos, poden considerarse a falta de fluído eléctrico, avarías en máquinas, espera de forza ou de materiais, falta ou diminución de pedidos e outros análogos.

Para acredita-lo dereito ó salario bonificado ou ó salario base nos supostos anteriores, é indispensable que o traballador permanecese no lugar ou posto de traballo.

Artigo 63º.-Organización científica do traballo.

Para os efectos da organización científica do traballo nas empresas incluídas neste convenio que apliquen este sistema, e cantos sexan convenientes para a súa mellor marcha e funcionamento, teranse en conta as seguintes definicións:

a) Actividade normal. Enténdese por actividade normal, a equivalente a 60 puntos Bedaux, 100 centesimais ou a referencia que fixe calquera outro sistema de medición científica do traballo, calculado por medio de cronómetros por calquera dos sistemas coñecidos ou ben aplicando a técnica de observacións instantáneas denominadas mostraxe de traballo.

b) Actividade óptima. É a que corresponde ós sistemas de medida cos índices 80 ou 140 nos sistemas Bedaux ou centesimal, respectivamente, ou a súa equivalencia en calquera outro sistema de medición científica do traballo.

c) Rendemento normal. É a cantidade de traballo que un operario efectúa nunha hora de actividade normal.

d) Rendemento óptimo. É a cantidade de traballo que un operario efectúa nunha hora de actividade óptima.

e) Tempo máquina. É o que emprega unha máquina en producir unha unidade de tarefa en condicións técnicas determinadas.

f) Tempo normal. É o investido por un traballador nunha determinada operación en actividade normal, sen incluír tempos de recuperación.

g) Traballo libre. É aquel no que o operario pode desenvolve-la actividade óptima durante todo o tempo. A producción óptima no traballo libre corresponde ó traballo óptimo.

h) Traballo limitado en actividade normal. É aquel en que o operario non pode desenvolve-la actividade óptima durante todo o seu tempo. A limitación pode ser debida ó traballo da máquina, ó feito de traballar en equipos ou ás condicións do método operatorio. Para os efectos de remuneración, os tempos de espera debidos a calquera das anteriores limitacións serán aboados como se se traballase a actividade normal.

i) Traballo limitado en actividade óptima. A actividade óptima obterase tendo en conta que o tempo de producción mínimo é o tempo máquina realizado en actividade óptima. Nos casos correspondentes calcularanse as interferencias e pausas de máquina ou equipo.

As empresas que non tivesen implantado un sistema de racionalización nos seus centros de traballo na data de publicación deste convenio, poderán establecelo e, en todo caso, poderán determina-lo rendemento normal correspondente a cada posto de traballo, fixando para tal efecto a cantidade e calidade de labor para efectuar, así como as restantes condicións mínimas esixibles, sen que o non facelo signifique ou poida interpretarse como renuncia a tal dereito.

Artigo 64º.-Traballo remunerado con incentivo. Criterios de valoración.

Para o seu cálculo e establecemento teranse en conta as seguintes circunstancias:

a) Grao de especialización que o traballo que se vaia realizar requira segundo a mecanización da industria.

b) Esforzo físico e atención que a súa execución orixine.

c) Dureza e calquera outra circunstancia especial de traballo que haxa de realizar.

d) Ambiente en que o traballo se realice, así como as condicións climatolóxicas do lugar onde teña que verificarse.

e) A calidade dos materiais empregados.

f) A importancia económica que o labor que se vaia realizar teña para a empresa e a marcha normal da súa producción.

g) Calquera outra circunstancia de carácter análogo ás enumeradas.

Artigo 65º.-Procedemento de implantación, supresión e revisión dos sistemas de traballo.

O procedemento para a implantación dos sistemas de organización do traballo será o que segue:

1. A empresa notificaralles por escrito ós representantes dos traballadores, se os houber, con 15 días de antelación, o propósito de implantar un sistema ou un método técnico de organiza-lo traballo, xuntando a información necesaria.

2. Os representantes dos traballadores disporán dun prazo improrrogable de cinco días, desde a notificación anterior, para emitir informe razoado.

3. O período de proba do novo sistema terá unha duración que non poderá ser inferior a dous meses. Durante o citado período garantiráselle ó traballador o salario medio que viñese percibindo.

4. Antes de termina-lo período de proba, os representantes dos traballadores, ou estes se non os houber, poderán expresa-lo seu desacordo, razoado e por escrito ante a dirección da empresa.

5. No prazo de 10 días despois de recibi-lo escrito mencionado, a empresa decidirá sobre as cuestións que formulen as reclamacións mencionadas no punto anterior. A empresa decidirá sobre as cuestións que formulen as reclamacións. Contra as decisións da empresa poderá recorrerse ante a xurisdicción competente, prolongándose o período de proba mentres esta non se pronuncie.

6. Durante o período de proba, antes da entrada en vigor do novo sistema, exporanse nos centros de traballo as características da nova organización e as correspondentes tarifas. De igual modo se actuará nos casos de revisión do sistema, métodos ou tarifas que impliquen modificacións destas últimas.

Artigo 66º.-Revisión ou modificación dos sistemas.

A revisión dos métodos ou tarifas de incentivos poderá efectualo a empresa ou por petición dos representantes dos traballadores, por algún dos feitos seguintes:

1. Cando se consigan repetidamente actividades con percepcións que superen o 100 por cento das sinaladas para primas e análogas, ou no 40 por cento das actividades medidas.

2. Cando as cantidades de traballo realizadas non se correspondan sistematicamente coas normais establecidas.

3. Por reforma dos métodos e procedementos industriais, motivada por modernización, mecanización ou automatización dos postos de traballo.

4. Cando na confección das tarifas se incorrese en indubidable erro de cálculo.

5. Cando calquera outra circunstancia o aconselle.

Artigo 67º.-Roupa de traballo.

A todo o persoal se lle entregará un mínimo de dúas pezas de roupa de traballo ó ano, unha en xaneiro e a outra en xullo, e renovaránselle tantas veces como fose preciso se así o estiman os representantes dos

traballadores, de acordo coa representación empresarial. A súa conservación e limpeza serán por conta do traballador, que deberá mantelas en perfecto estado de conservación e uso.

Capítulo X

Permisos, licencias e excedencias

Artigo 68º.-Licencias.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a licencia con soldo en calquera dos casos seguintes:

Motivo licenciaTempo máximoXustificante

Falecemento de pais, avós, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e sogros.Tres días naturais, ampliables ata cinco días naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.Documento que acredite o feito.

Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e avós.Tres días naturais, ampliables ata cinco días naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.Xustificante médico que acredite o feito.

Falecemento de noras, xenros, cuñados e avós políticos.Dous días naturais, ampliables ata catro días naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.Documento que acredite o feito.

Enfermidade grave de noras, xenros e avós políticos.Dous días naturais, ampliables ata catro días naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.Xustificante médico que acredite o feito.

Nacemento de fillo ou adopción.Tres días naturais, ampliables ata cinco días naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.Libro de familia ou certificado do xulgado.

Matrimonio do traballador.Quince días naturais.Libro de familia ou certificado oficial.

Cambio de domicilio habitual.Un día laborable.Documento que acredite o feito.

Deber inescusable de carácter público e persoal.O indispensable ou o que marque a norma.Xustificante de asistencia.

Lactancia dun fillo menor de 9 meses.Ausencia de 1 hora ou dúas fracciones de œ hora ou reducción de xornada en media hora.Libro de familia ou certificado de adopción.

Traslado (art. 40 E.T.).Tres días laborables.

Matrimonio de fillo.O día natural.Documento que acredite o feito.

Funcións sindicais ou de representación de traballadores.O establecido na norma.O que proceda.

Capítulo XI

Representación colectiva

A) Da representación dos traballadores.

Artigo 69º.-Comités de empresa e delegados de persoal.

O comité de empresa e delegados de persoal terán dereito a recibi-la información, emitir informes e exerce-lo labor de vixilancia sobre as materias expresamente previstas polas normas legais vixentes. Así mesmo, gozarán das garantías en materias disciplinarias, de non discriminación, exercicio de liberdade de expresión e disposición de créditos horarios previstos no artigo 71º.

Artigo 70º.-Eleccións sindicais-candidatos.

Os traballadores que teñan 18 anos cumpridos e unha antigüidade mínima de tres meses na empresa, sempre que superasen o período de proba, serán elixibles nas eleccións a representantes dos traba

lladores, tal como se prevé na sección segunda, artigo 69 e seguintes do Estatuto dos traballadores.

Artigo 71º.-Crédito horario.

Os membros do comité de empresa e delegados de persoal disporán dun crédito de horas mensuais retribuídas, de acordo coa seguinte escala:

-Centros de ata 100 traballadores: 15 horas.

-Centros de 101 a 250 traballadores: 20 horas

-Centros de 251 ou máis traballadores: 30 horas.

A utilización do crédito de horas mensuais retribuídas consideradas no parágrafo anterior serán avisadas polo traballador afectado ou o sindicato e organismo que proceda, coa antelación suficiente. En todo caso, na utilización do crédito de horas mensuais retribuídas, para actividades programadas polo sindicato, o aviso procurará realizarse con 48 horas de antelación.

O crédito de horas mensuais retribuídas dos membros do comité de empresa ou delegados de persoal poderá ser acumulable a calquera dos seus compoñentes, sen supera-lo máximo total. Esta acumulación poderá computarse por períodos de ata tres meses.

Para que poida opera-la acumulación prevista no parágrafo anterior será requisito indispensable que se avise de tal decisión a empresa cunha antelación mínima de 15 días naturais. De non observarse tal prazo, a acumulación requirirá acordo entre as partes.

Non se contabilizará, dentro do crédito de horas anteriormente sinalado, o tempo empregado en reunións convocadas pola dirección da empresa nin o dos desprazamentos para asistir a estas reunións, así como o tempo empregado na negociación de convenios, cando a empresa estea afectada polo ámbito do dito convenio.

O crédito de horas fixado poderá ser tamén utilizado para a asistencia dos representantes legais dos traballadores a cursos de formación ou outras actividades sindicais similares determinadas polo sindicato a que pertenzan, logo da oportuna convocatoria e posterior xustificación de asistencia.

Os representantes dos traballadores e delegados sindicais, durante o exercicio das súas funcións de representación, percibirán as retribucións establecidas no artigo 68º deste convenio, e nos artigos 74, 75, 76, 77 e anexo V do convenio xeral de derivados do cemento.

Artigo 72º.-Dereito de reunión.

Os traballadores dunha empresa ou centro de traballo teñen dereito a reunirse en asemblea, que poderá ser convocada polos delegados de persoal, comité de empresa ou de centro de traballo, ou por número de traballadores non inferior ó 33 por cento do cadro de persoal. A asemblea será presidida, en todo caso, polo comité de empresa ou polos delegados de persoal, mancomunadamente, que serán responsables

do seu normal desenvolvemento, así como da presencia na asemblea de persoas non pertencentes á empresa. Só poderán tratarse nela os asuntos que previamente consten incluídos na orde do día.

A presidencia da asemblea comunicará á dirección da empresa a convocatoria e os nomes das persoas non pertencentes á empresa que vaian asistir á asemblea, e acordará con esta as medidas necesarias para evitar perturbacións na actividade laboral normal. Cando por calquera circunstancia non poida reunirse simultaneamente todo o cadro de persoal sen prexuízo ou alteracións no normal desenvolvemento da producción, as diversas reunións parciais que deban realizarse consideraranse como unha soa e dataranse no día da primeira.

As asembleas terán lugar fóra das horas de traballo. A realización da asemblea porase en coñecemento da dirección da empresa cunha antelación mínima de 48 horas, indicando a orde do día, persoas que ocuparán a presidencia e duración previsible.

B) Dos sindicatos.

Artigo 73º.-Delegado sindical.

Naqueles centros de traballo con cadro de persoal superior a 125 traballadores, a representación do sindicato desempeñaraa un delegado, nos termos previstos no artigo 10 da Lei orgánica 11/1985.

O sindicato que alegue posuír dereito a estar representado mediante titularidade persoal en calquera empresa deberá acreditalo ante esta en forma que faga fe, recoñecéndolle esta, acto seguido, ó citado delegado a súa condición de representante do sindicato para tódolos efectos.

Os delegados sindicais terán as competencias, garantías e funcións recoñecidas nas leis ou normas que as desenvolvan.

O delegado sindical deberá se-lo traballador que se designará de acordo cos estatutos do sindicato ou central a quen representa. Terán recoñecidas as seguintes funcións:

-Recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo, e sen perturba-la actividade normal da empresa.

-Representar e defende-los intereses do sindicato que representa e dos afiliados e este no centro de traballo, e servir de instrumento de comunicación entre o sindicato ou central sindical e a dirección da empresa.

-Asistir ás reunións do comité de empresa do centro de traballo e comité de prevención de riscos laborais con voz e sen voto.

-Ter acceso á mesma información e documentación que a empresa poña á disposición do comité de empresa, respectándose as mesmas garantías recoñecidas pola lei e este convenio ós membros do comité de empresa, e estando obrigado a gardar sixilo profesional en todas aquelas materias nas que legalmente proceda.

-Será informado e oído pola dirección da empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten, en xeral, ós traballadores do seu centro de traballo, e particularmente ós afiliados a su sindicato que traballen no dito centro.

O delegado sindical cinxirá as súas tarefas á realización das funcións sindicais que lle son propias, axustando, en calquera caso, a súa conducta á normativa legal vixente.

As seccións sindicais dos sindicatos máis representativos terán dereito á utilización dun local adecuado no que poidan desenvolve-las súas actividades naqueles centros de traballo con máis de 250 traballadores.

-Participación nas negociacións dos convenios colectivos: ós delegados sindicais que participen nas comisións negociadoras de convenios colectivos, mantendo a súa vinculación como traballadores en activo dalgunha empresa, seranlles concedidos permisos retribuídos co fin de facilitárlle-lo seu labor como negociadores e no transcurso da antedita negociación, sempre que a empresa estea afectada directamente polo convenio colectivo de que se trate.

-Reunirse fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal da empresa cos traballadores desta afiliados ó seu sindicato.

-Inserir comunicados nos taboleiros de anuncios, previstos para tal efecto, que lles puidesen interesar ós afiliados ó sindicato e ós traballadores do centro.

-Os delegados sindicais, sempre que non formen parte do comité de empresa, disporán dun crédito de horas mensuais retribuídas en iguais termos e contido que os recollidos no artigo 71º deste convenio.

Artigo 74º.-Cota sindical.

Nos centros de traballo por solicitude formulada por escrito por cada un dos traballadores afiliados ás centrais ou sindicatos legalmente constituídos, as empresas descontaranlles na nómina mensual a estes traballadores o importe da cota sindical correspondente.

O aboamento da cantidade recadada pola empresa farase efectivo por meses vencidos ó sindicato correspondente, mediante transferencia á súa conta bancaria.

As empresas efectuarán as anteditas detraccións, salvo indicación en contrario, durante períodos dun ano.

O traballador poderá, en calquera momento, anular por escrito a autorización concedida.

Artigo 75º.-Excedencias sindicais.

O persoal con antigüidade de tres meses que exerza ou sexa chamado a exercer un cargo sindical nos órganos de goberno provinciais, autonómicos ou nacionais dunha central sindical, que teña a condición de máis representativo, segundo establece a

LOLS, terá dereito a unha excedencia forzosa polo tempo que dure o cargo que a determina.

Para accede-lo traballador a esta excedencia, deberalle xuntar á comunicación escrita á empresa o certificado da central sindical correspondente no que conste o nomeamento do cargo sindical de goberno para o que fose elixido.

O traballador excedente forzoso ten a obriga de lle comunicar á empresa, nun prazo non superior ó mes, a desaparición das circunstancias que motivaron a súa excedencia; caso de non efectuala nese prazo, perderá o dereito ó reingreso.

O reingreso será automático e obrigatorio, e o traballador terá dereito a ocupar unha praza do mesmo grupo ou nivel, lugar e posto de traballo que tiña antes de producirse a excedencia forzosa.

O tempo de excedencia computarase como de antigüidade ó servicio da empresa.

Capítulo XII

Prestacións complementarias ás de Seguridade Social

Artigo 76º.-Indemnizacións.

Os traballadores afectados por este convenio terán dereito a percibir indemnizacións complementarias ás prestacións de Seguridade Social nos supostos e contías que se detallan:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha doceava parte das retribucións anuais previstas no convenio aplicable en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional:

Ano 2001: 5.500.000 pesetas ou 33.056 euros.

Ano 2002: 6.000.000 de pesetas ou 36.051 euros.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaránselle a quen o traballador falecido declarase beneficiario e, no seu defecto, ó cónxuxe, fillos, pais, irmáns e demais herdeiros legais, por esa orde.

En canto á data de fixación de efectos do feito causante observarase, en todo caso, a data en que se producise o accidente. Nos supostos de enfermidade profesional tomarase como data de efectos aquela en que declare por primeira vez a existencia desta o órgano competente.

A data de entrada en vigor na aplicación das indemnizacións anteriores será ós 30 días da publicación deste convenio colectivo.

Artigo 77º.-Complementos por incapacidade temporal.

1. Complemento por incapacidade temporal derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional.

Como complemento ás prestacións a cargo da entidade xestora, os traballadores que se encontren en

situación de incapacidade temporal derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, percibirán un complemento ata alcanza-lo 100% da base de cotización do mes anterior, sen incluí-la parte de horas extraordinarias, nin a pro rata das pagas extraordinarias que se percibirán íntegras nas súas datas de pagamento para estes efectos.

Se o traballador viñese percibindo as pagas extraordinarias rateadas mensualmente, percibirá a base de cotización íntegra, exceptuando a parte de horas extraordinarias.

2. Complemento por incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral.

A) Se o índice de absentismo definido no parágrafo b) deste artigo fose igual ou inferior ó 2,25% tomando a media dos 12 meses anteriores ó período que se liquida máis a do propio mes de liquidación (media 12 meses + índice do mes): 2, os traballadores que se encontren en situación de incapacidade temporal derivada de enfermidade común, ou accidente non laboral, percibirán un complemento ata alcanza-lo 100% da base reguladora nos termos indicados no parágrafo anterior a partir do décimo sexto día da baixa e mentres dure tal situación.

B) Entenderase por absentismo a falta ó traballo por incapacidade temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral e será o resultado da fórmula seguinte:

Horas de ausencia por IT derivadas de enfermidade

común ou accidente non laboral do período considerado

Absentismo= x100

Horas teóricas laboral do período considerado por

número de traballadores de cadro de persoal

O índice de absentismo resultante será publicado mes a mes e de forma acumulada nos taboleiros de anuncios de cada empresa e entregada copia ós representantes legais dos traballadores para o seu control. Igualmente será obrigatorio enviar copia á comisión paritaria deste convenio.

No caso de non existiren representantes legais, estes índices seranlles facilitados ós sindicatos asinantes deste convenio.

O incumprimento de calquera destes requisitos non liberará as empresas do pagamento do complemento de incapacidade temporal do artigo anterior aínda que o seu índice sexa superior ó 2,25%.

Artigo 78º.-Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector, e con independencia dos supostos de xubilación voluntaria anticipada, establécese a xubilación forzosa ós 65 anos de idade, dos traballadores que teñan cuberto o período legal de carencia para obtela ou cando alcancen a carencia.

Artigo 79º.-Premio por xubilación.

Os traballadores que se xubilen ós 65 anos, sempre que conten cunha antigüidade mínima de cinco anos ó servicio da empresa, percibirán desta, e por unha soa vez, unha gratificación equivalente a 15 días de salario base.

Así mesmo, e para os traballadores que se xubilen voluntariamente e teñan unha antigüidade mínima de sete anos ó servicio da empresa, establécense as seguintes cantidades:

-Ós 60 anos: 143 días de salario base.

-Ós 61 anos: 113 días de salario base.

-Ós 62 anos: 87 días de salario base.

-Ós 63 anos: 62 días de salario base.

-Ós 64 anos: 45 días de salario base.

Estas cantidades aboaranse con independencia das liquidacións correspondentes, por partes proporcionais.

O dereito de percibo destes premios condiciónase a que o traballador se xubile entre os 60 e os 65 anos de idade, perdéndoo quen se xubile posteriormente.

Así mesmo, serán de aplicación os acordos que sobre premios de xubilación se alcancen na comisión técnica que se fixa na disposición transitoria do convenio xeral do sector.

Artigo 80º.-Prohibición de discriminación.

Prohíbese toda discriminación en razón de sexo, idade ou nacionalidade dos traballadores en materia salarial, de promoción, ascenso, etc.

Expresamente queda prohibida a distinta retribución de persoas que ocupen postos similares nunha mesma empresa en razón de sexo, idade ou nacionalidade.

a) A muller terá igual dereito có home e as mesmas obrigas.

b) Se a realización de tarefas consideradas como de traballos tóxicos, penosos, molestos ou insolubles, poden afectar á súa situación de embarazo ou á maternidade, estas deberán ser excluídas para a muller. Intervirá para isto, se fixer falta, o comité de prevención de riscos laborais.

Disposicións adicionais

Primeira.-No referente ó réxime disciplinario de faltas e sancións aplicarase o disposto no capítulo IX do convenio xeral do sector.

Segunda.-As partes asinantes deste convenio acordan sumarse ó establecido no capítulo XVI do convenio xeral do sector, así como ó acordo extraxudicial interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos laborais (AGA), subscrito en 1992 por UGT, CC.OO., CIG e CEG e revisado en 1995.

Disposición derradeira

Con base nos acordos alcanzados no convenio xeral, os incrementos salariais e cláusula de garantía salarial que se aplicará neste convenio será:

A) No ano 2001, as táboas salariais incrementaranse un 3%. Este incremento afecta tanto ós conceptos retributivos de carácter salarial como ós de carácter non salarial e terá efectos retroactivos ó 1 de xaneiro deste ano.

B) No suposto de que a 31 de decembro de 2001, o índice de prezos ó consumo (IPC) superase no conxunto do ano o 2%, procederase a efectuar unha revisión no exceso da dita porcentaxe das retribucións establecidas neste convenio. Esta revisión retributiva afectará a tódolos conceptos salariais e non salariais e terá efectos retroactivos a 1 de xaneiro. A revisión producida, se é o caso, servirá de base para a fixación dos salarios do ano 2002.

C) No ano 2002, as táboas salariais incrementaranse no índice real de prezos ó consumo máis 1%.

ANEXO I

Táboa de valores para a axuda de custo

e media axuda de custo

-Axuda de custo: 21 euros (3.500 pesetas).

-Media axuda de custo: 8,41 euros (1.400 pesetas).

Se excepcionalmente os importes fixados para a axuda de custo e media axuda de custo non alcanzaran a cubri-las atencións para as que están previstas, as empresas acordan aboarlle ó traballador a diferencia, sempre que se presenten os xustificantes correspondentes.

ANEXO II

Valor das horas extraordinarias

Para os efectos do disposto no artigo 54º deste convenio, a fórmula para determina-lo valor hora co fin de aboar posibles excesos en supostos de distribución irregular da xornada será a seguinte:

SB+AC+PI+CC+CP+CCC+GE+V

= valor hora ordinaria

Horas anuais de traballo efectivo

Sendo:

SB: salario base.

AC: antigüidade consolidada.

PI: posibles complemento es individuais ou complementos persoais.

CC: complemento de convenio.

CP: complementos de posto de traballo.

CCC: complementos por cantidade e/ou calidade de traballo.

GE: gratificacións extraordinarias.

V: importe das vacacións anuais.

ANEXO III

Complemento persoal de antigüidade

Táboa de valores de antigüidade a 31-12-1995, que se incorporan como anexo deste convenio para os efectos exclusivamente informativos.

Categorías2 anos4 anos9 anos14 anos19 anos24 anos

2 Enxeñeiro e arquitecto grao superior2.7145.49110.86016.29221.72127.452
3 Perito, aparellador e axte. enxeñeiro técnico2.2074.4118.82613.23817.64222.066
4 Encargado xeral de obra2.1394.2788.55512.83617.14421.392
5 Debuxante, proxectista, delineante superior1.5303.0626.1259.18712.25016.299
6 Delineante de primeira1.4983.0036.0009.00112.00115.003
7 Delineante de segunda1.4692.9365.8778.81611.75314.694
9 Calcador1.4052.8155.6288.44711.25814.076
3 Xefe de primeira administrativo2.2074.4118.82613.23817.64222.066
4 Xefe de segunda administrativo2.1394.2788.55512.83817.11421.392
6 Oficial de 1ª administrativo1.4983.0036.0009.00112.00115.003
8 Oficial de 2ª administrativo1.4342.8765.7538.63111.50914.384
9 Auxiliar administrativo, telefonista, conserxe1.4052.8155.6288.44711.25814.076
7 Viaxante sen comisión1.4692.9365.8778.81611.75314.694
8 Corredor sen comisión1.4342.8765.7538.63111.50911.384
9 Vendedor, viaxante e corredor a comisión1.4052.8155.6288.44711.25814.076
5 Encargado de sección1.5303.0626.1259.18712.25016.299
7 Capataz1.4692.9365.8778.81611.75314.694
8 Oficial de primeira1.4342.8765.7538.63111.50914.384
9 Oficial de segunda1.4052.8155.6288.44711.25814.076
10 Axudante, almaceneiro, vixilante1.3672.7515.5078.25911.01213.764
11 Oficial 3ª, especialista, peón especializado1.3442.6915.3848.07210.76413.456
12 Limpadora, peón1.3152.6305.2597.89010.25013.146