Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 29 de xaneiro de 2002 Páx. 1.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. de Arxemil-Quintela, no concello do Corgo. (Expediente 25/2000 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na avda. de Arteixo 171, A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997, en relación coa disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Visto que durante o período no que se someteu o expediente ó trámite de información pública se presentaron as seguintes alegacións:

1. Salvador Besteiro Fdez., que se opón ó proxecto por considerar que tódalas poboacións destinatarias deste novo tendido dispoñen xa de enerxía eléctrica polo que a liña de media tensión que agora se pretende non responde máis que ó capricho da empresa solicitante. Así mesmo, manifesta que o trazado non responde a criterios técnicos, afirmación esta que basea nun informe técnico emitido polo enxeñeiro técnico agrícola Rubén Crecente Pérez, que acom

paña o seu escrito de alegacións. Este informe basicamente fai consta-la existencia de erros no cómputo da superficie afectada polas zapatas para os apoios, erro nos largos de voo establecido no proxecto e, por último, propón unha alternativa ó proxectado.

2. Unha segunda alegación feita conxuntamente por Salvador Besteiro Fernández, Manuel Fernández Pérez e Darío Ferreiro Otero, na que propoñen unha alternativa ó trazado proxectado.

Tendo en conta as alegacións realizadas, as manifestacións feitas como contestación a elas por parte da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., o informe elaborado polos servicios técnicos desta delegación provincial sobre as devanditas alegacións, así como a demais documentación que consta no expediente, esta delegación provincial considera que o alegado Salvador Besteiro Fernández, Manuel Fernández Pérez e Darío Ferreiro Otero non impide continuar coa tramitación e aprobación do proxecto deste expediente polas seguintes razóns:

1. Porque o feito de que tódalas poboacións destinatarias deste novo tendido dispoñan xa de enerxía eléctrica como manifesta Salvador Besteiro Fernández, no debe ser obstáculo para as lexítimas aspiracións dos veciños da zona de disporen dunha mellor calidade nesta subministración eléctrica acorde coa demanda existente, respondendo este proxecto ás solicitudes feitas neste sentido á empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. tanto polos veciños como polo propio concello.

2. Porque os erros padecidos respecto ás afeccións sobre o solo correspondentes ós apoios foron corrixidos pola empresa beneficiaria. Polo que respecta ó largo da rúa considerando segundo manifesta a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. a razón de que as parcelas 6 e 7 teñan un largo de rúa superior ó resto, é que estas son as que máis risco presentan para entorpece-lo trazado da liña. A maior abastanza, no devandito informe elaborado polos servicios técnicos desta delegación provincial considerarase que este largo de rúa cumpre co disposto no artigo 35 do Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento técnico das liñas aéreas de alta tensión.

3. Por último, polo que respecta ás propostas de trazado alternativo feitas polo alegantes, cómpre indicar que, segundo establece o artigo 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, a variación do trazado que se proporá non pode ser superior en lonxitude ou altura ó 10% da parte da liña afectada pola variación que, segundo o proxecto, transcorra sobre a propiedade do solicitante dela.

Examinada polos servicios técnicos desta delegación provincial a proposta feita por Salvador Besteiro Fdez. no seu escrito presentado o 19 de xuño de 2001, infórmase do seguinte: «as parcelas número 6 e 8 resultan afectadas segundo o proxecto de referencia nunha lonxitude de 147 e 16 m lineais respectivamente, é dicir, 163 m lineais en total, sendo

pois admisible toda aquela variación de trazado que non supere tal lonxitude máis do 10% dela, isto é 163 m lineais e 16,3 m lineais respectivamente, o que supón unha lonxitude total de 179,3 m lineais. A alternativa proposta resulta ser de 486 m lineais, superándose amplamente os 179,3 m que serían admisibles».

Así mesmo, examinada a proposta feita conxuntamente por Salvador Besteiro Fdez. Manuel Fdez. Pérez e Darío Ferreiro Otero, en escrito presentado o 26 de xullo, polos servicios técnicos desta delegación provincial, infórmase do seguinte: «a proposta realizada na alegación presentada en data 26 de xullo de 2001, resulta se-la mesma que no caso anterior, ben que cabe unicamente considerar como diferencia un maior número de parcelas afectadas que solicitan a variación; así, neste caso, as parcelas número 5, 6, 8 e 10 resultan afectadas segundo o proxecto de referencia nunha lonxitude de 115, 147, 16 e 15 metros lineais respectivamente, é dicir 293 metros lineais en total, sendo pois admisible toda aquela variación de trazado que non supere tal lonxitude máis do 10% dela, isto é 293 metros lineais e 29,3 metros lineais respectivamente, o que supón unha lonxitude total de 322,3 metros lineais. A alternativa proposta resulta ser de 486 metros lineais, superándose amplamente os 322,3 metros

lineais que serían admisibles.».

Por todo isto a modificación de trazado proposta debe ser rexeitada por incumpri-los requisitos establecidos no artigo 26 do devandito decreto de 1966. Por outro lado, tal alternativa, segundo seguen manifestando os servicios técnicos desta delegación provincial, suporía novas afeccións a terceiros, debéndose ter tamen en conta que o trazado proxectado é o mesmo que o da liña que se pretende substituír, o cal resulta considerablemente menos gravoso que realizar un trazado novo inexistente na actualidade.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que na liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións sobre os predios en expropiación, ós que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997, antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuída polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. Demondín-Arxemil e final no C.T. proxectado de

Arxemil de 503 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios de formigón e conductor LA-56.

2. Centro de transformación aéreo de intemperie de Arxemil de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea de Arxemil de 2.785 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e da urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico de data 22 de maio de 2001.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios en relación coas instalacións autorizadas.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no diario El Progreso de data 5 de xuño de 2001, Diario Oficial de Galicia de data 6 de xullo de 2001 e no BOP de Lugo do 11 de xuño de 2001, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de edictos do Concello do Corgo. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro que se considere oportuno para a defensa dos dereitos e intereses por parte dos interesados.

Lugo, 12 de decembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo