Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 29 de xaneiro de 2002 Páx. 1.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/219-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: EASA.

Domicilio social: Luis Bugallal Marchesi, 10-1º A, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado da L.A.T. de interconexión parque eólico de Novo á liña de 132 kV Cornido-Mera.

Situación: Valdoviño-San Sadurniño.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión en dobre circuíto a 20 kV baixo tubo e con conductor Pirelli-300 XLPE 12/20 kV de 2x(1x300) mm Al, de 6.545 m de lonxitude, con orixe no parque eólico de Novo, en Valdoviño, e remate na subestación eléctrica que se vai instalar en Cacheiras, ó lado do apoio nº 22 da liña de 132 kV Cornide-Mera, de Unión Fenosa Distribución. No seu percorrido discorre 275 m polo concello de Valdoviño y 6.270 m polo concello de San Sadurniño. Pola traza discorre tamén cable de fibra óptica para telecomunicacións tipo OPSYCOM EHE9E de 16 fibras.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria

e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 19 de decembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña