Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 29 de xaneiro de 2002 Páx. 1.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 02/2000).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 136), sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Bárbara Criado, S.L.

Enderezo: r/ Travesa, 14-9J, 15005 A Coruña.

Denominación: parque eólico de Santa Mariña.

Concellos afectados: A Baña (A Coruña).

Coordenadas:

V: (X= 522.260; Y= 4.757.660) V: (X= 522.420; Y= 4.757.780)

V: (X= 522.620; Y= 4.757.170) V: (X= 522.780; Y= 4.757.290)

Potencia que se vai instalar: 3 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia, axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 18 de decembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña