Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 29 de xaneiro de 2002 Páx. 1.079

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 21 de xaneiro de 2002 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos vacantes na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, por Orde do 28 de setembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 200, do 16 de outubro), esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós/ás funcionarios/as que se expresan no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos/as funcionarios/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que deben cesar no seu destino os/as funcionarios/as desfrutan dun período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente prestan os seus servicios os/as funcionarios/as, ou no prazo dun mes de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido nos artigos 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que causen baixa os/as funcionarios/as, así como a daquel no que obteñan praza, efectuarán, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, respectivamente; acto seguido realizaranse os trámites necesarios para a súa alta na nómina.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnala directamente, á elección do/a demandante, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO

Apelidos e nome: Paz Santamaría, Mª del Mar.

NRP: 3328529146 A2059.

Grupo: D.

Corpo/escala: auxiliar da Xunta de Galicia.

Código do posto: PE.C01.00.000.15770.001.

Denominación do posto: secretario/a do conselleiro/a.

Centro directivo: gabinete do conselleiro.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel C. destino: 20.

Apelidos e nome: Méndez García, Teresa.

NRP: 32440646 UO.

Grupo: D.

Corpo/escala: auxiliar da Generalitat Valenciana.

Código do posto: PE.C01.00.000.15770.002.

Denominación do posto: secretario/a de apoio.

Centro directivo: gabinete do conselleiro.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel C. destino: 18.