Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 24 de xaneiro de 2002 Páx. 957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ACORDO do 11 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de apercibimento previo á execución forzosa (expediente D.P. 7/1990).

Por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia do 4 de maio de 2001, e que lle foi notificada o día 1 de xuño do mencionado ano, ordenóuselle a vostede como promotor da vivenda 3º A do inmoble sito na rúa Irmáns Taboada, nº 1 (antes Xoán XXIII esquina a Conde de Guadalorce) de Chantada (Lugo), acollida ó expediente 27-1-0016/1987, como consecuencia do expediente sancionador D.P. 7/1990, a realización no prazo de 30 días das obras e reparacións necesarias para amaña-las seguintes deficiencias:

-Os azulexos do baño están mal asentados.

-Na cociña 3 plaquetas están mal asentadas.

-Na medianeira a tela asfáltica presenta ondulacións e descolgamentos.

-Na cuberta do inmoble aparecen varias lousas rotas.

-Hai fisuras nas paredes e teitos do salón, cuartos, cociña e corredor.

-Filtracións de auga no salón e no cuarto con deformación do parqué.

-No balcón as plaquetas están mal asentadas.

-Na parte superior do balcón sóltase a pintura por filtracións de auga.

-Fisuras no aplacado do granito da fachada. Tamén baixo a ventá no resto da fachada.

-Manchas de condensación no cuarto.

Así mesmo, foi sancionado polas deficiencias anteriormente sinaladas na resolución antes citada con multa de 300.000 pesetas.

Transcorrido o prazo inicialmente concedido sen ter realizadas as obras ordenadas e sen ter ingresada

a multa mencionada, de conformidade co disposto no artigo 95 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992, apercíbeselle de que, se nun novo prazo de 15 días non cumpre o ordenado, procederase á execución forzosa, por medio das multas coercitivas, que autoriza o artigo 13 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Lugo, 11 de decembro de 2001.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo