Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 24 de xaneiro de 2002 Páx. 956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de planta de reciclaxe, clasificación, almacenamento e comercialización de materiais sólidos inertes da construcción e demolición en Ponte Caldelas (Pontevedra), promovido por Areco (Áridos Ecológicos, Sociedad Unipersonal).

En cumprimento do disposto no Acordo do 15 de xaneiro de 2002 desta dirección xeral, polo que se establece o procedemento de tramitación de urxencia no procedemento de avaliación de efectos ambientais do citado proxecto, reducíndose á metade os prazos de tramitación, o órgano ambiental somete o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o prazo de 10 días.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de planta de reciclaxe, clasificación, almacenamento e comercialización de materiais sólidos inertes da construcción e demolición en Ponte Caldelas.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.

-Concello de Ponte Caldelas.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte día á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2002.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental