Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 24 de xaneiro de 2002 Páx. 957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o requirimento de pagamento ó debedor que se relaciona, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), e de conformidade co establecido nos artigos 1.124, 1.501 e 1.091 do Código Civil, notifícaselle ó interesado cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascende á cantidade que se sinala. Fáiselle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten impagados e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostede coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó corrente das súas obrigas, ou compareza na delegación provincial en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estime convenientes ó seu dereito.

Advírteselle que, en caso contrario, se procederá a insta-la resolución do seu contrato e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, co obxecto de adxudicala posteriormente a un novo beneficiario.

Ourense, 11 de decembro de 2001.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Fidel Rodríguez Penelas.

Expediente: OR-80/010.

Conta nº 37.

Enderezo: r/ Díaz de la Banda, nº 22, baixo D, 32004 Ourense.

Importe da débeda: 313.767 pesetas.