Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 21 de xaneiro de 2002 Páx. 808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Comisión de Goberno en sesión extraordinaria que tivo lugar o 5 de decembro de 2001, aprobou as bases que rexerán a convocatoria das prazas que figuran incluídas na oferta pública de emprego 2001, co seguinte texto:

Bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade polo sistema de oposición libre dunha praza de administrativo/a de Administración xeral vacante no cadro de persoal deste concello e incluída na oferta de emprego público de 2001.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria, a provisión en propiedade, polo procedemento de oposición libre

dunha praza de administrativo/a vacante no cadro de persoal desta corporación, integrada na escala de Administración xeral, subescala de administrativos, grupo C, de conformidade co establecido no artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, dotada co soldo correspondente ó dito grupo, nivel de complemento de destino e demais emolumentos e retribucións que correspondan de acordo coa lexislación vixente e que a corporación teña fixados ou determine.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos, inseriranse soamente no primeiro dos boletíns citados, e no taboleiro de edictos.

Segunda.-Condicións dos/as aspirantes.

Os/as aspirantes para tomar parte na oposición libre deberán reuni-los requisitos seguintes, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

a) Ser de nacionalidade española.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade ou te-la idade que a convocatoria estableza como mínima antes de que finalice o prazo de presentación de instancias, e non excede-la idade establecida como máxima para o ingreso no corpo ou escala.

c) Posuí-lo título de bacharelato superior, formación profesional de segundo grao, ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso/a en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, polo menos, ata a data do nomeamento.

Terceira.-Presentación de instancias e dereitos de exame.

As instancias solicitando tomar parte na oposición libre, nas que os/as aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, e que se comprometen, no caso de seren nomeados/as, a prestar xuramento ou promesa legal, de acordo co establecido no R.D. 707/1979, do 5 de abril, dirixiranse ó alcalde presidente deste concello e presentaranse no rexistro xeral, en horario das 10 ás 13 horas,

durante o prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Os dereitos de exame fíxanse na contía de 2.500 pesetas agás os/as solicitantes en paro que estarán exentos/as logo de xustificación mediante certificación expedida pola oficina de emprego de conforme non perciben ningún tipo de prestación. e terán que presentar xunto coa instancia a carta de pagamento acreditativa de ter ingresada a dita cantidade na tesourería municipal do concello e soamente serán devoltos no caso de seren excluídos/as da oposición, sempre que os/as interesados/as formulen reclamación en tal sentido no prazo dun mes a partir da publicación da lista de admitidos/as e excluídos/as no BOP.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos/as e excluídos/as cos motivos da exclusión. A lista farase pública no BOP e no taboleiro de anuncios deste concello, concedéndose un prazo de quince días hábiles para efectos de reclamacións e de emenda de deficiencias que presentasen as instancias. Estas reclamacións, se as houber, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución da presidencia na que se aprobe a lista definitiva, que será feita pública na mesma forma indicada. Na mesma resolución incluirase a composición do tribunal que xulgará as probas, así como o lugar, a data e a hora de comezo dos exercicios.

Para seren admitidos/as na práctica das probas selectivas, bastará con que os/as aspirantes manifesten nas instancias que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base 2ª, referidas sempre á data de expiración de presentación de instancias, e que xunten a elas o xustificante de ter aboados os dereitos de exame.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que conste a oposición, estará constituído do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario: o/a do concello ou funcionario/a en quen delegue.

Vocais: un/ha representante da Comunidade Autónoma designado/a en forma regulamentaria.

Un/ha representante do corpo de funcionarios de habilitación nacional designado/a polo presidente da corporación.

O/A secretario/a do concello.

Un/ha funcionario/a de carreira designado/a polo presidente da corporación.

Un/ha representante da xunta de persoal.

Un/ha concelleiro/a en representación de cada grupo político municipal (BNG, PP, PSOE, EU-IU).

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do/a presidente/a e o/a secretario/a, ou persoas nas que deleguen.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Os/as aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorra calquera desas circunstancias.

Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores/as especialistas para as probas en que así coiden necesario ou conveniente. Os/as ditos/as asesores/as limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, de acordo coas cales exclusivamente colaborarán co respectivo tribunal.

A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no BOP, así como no taboleiro de edictos da corporación.

Os membros do tribunal terán dereito a percibir de acordo coa súa categoría as asistencias e indemnizacións estipuladas legalmente.

Sexta.-Sistema de selección e comezo e desenvolvemento dos exercicios.

O sistema de selección é oposición libre.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciando quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio, o día, hora e local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substituído por citación persoal ós/ás aspirantes, debendo constar no expediente a xustificación de que se recibiu a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios será efectuada no taboleiro de edictos da casa do concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte. Os/as opositores/as serán convocados/as para cada exercicio en chamamento

único, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio e, de seren apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o/a aspirante interesado/a. Acreditarán a súa personalidade coa exhibición do DNI.

No suposto de que, por circunstancias excepcionais, se tivera que modifica-lo lugar, data e hora do primeiro exercicio, publicarase no taboleiro de anuncios e no diario de maior difusión da provincia.

Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio, en único chamamento. A publicación do acordo de celebración dos sucesivos exercicios faina o tribunal cualificador, e publicarase no taboleiro de anuncios do concello. Serán excluídos/as os/as aspirantes que non comparezan agás nos casos debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal.

Sétima.-Exercicios da oposición.

A oposición comprenderá os seguintes exercicios:

Primeiro exercicio.- De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de sesenta preguntas con respostas alternativas referentes ó contido do programa que figura como anexo desta convocatoria nun tempo máximo dunha hora. Cada pregunta mal contestada será penalizada con cero coma dez (0,10) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con cero coma cero cinco (0,05) puntos. Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% de respostas correctas.

Segundo exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Desenvolverase por escrito en ordenador (en tratamento de textos WORD), durante un período de dúas horas, e consistirá na resolución de dous supostos prácticos con proposta de resolución, que establecerá o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos a tarefas das que a súa realización corresponda á praza obxecto da convocatoria.

Neste exercicio valorarase a sistemática no desenvolvemento e formulación de conclusións, o coñecemento e adecuada explicación da normativa vixente e a limpeza e presentación dos documentos confeccionados.

Terceiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá nunha proba práctica en ordenador sobre os programas informáticos de: AUTOCAD LT (versión actualizada) e MEDICIÓNS (tipo presto ou arquímedes), durante un período de dúas horas.

Cuarto exercicio.-De carácter obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá na traducción dun texto facilitado polo tribunal, do castelán ó galego.

Oitava.-Cualificación dos exercicios.

O primeiro, segundo e terceiro exercicio da oposición serán obrigatorios e eliminatorios, non podendo pasa-los aspirantes ó seguinte exercicio sen ter acadado un mínimo de 5 puntos en cada un dos exercicios.

O número de puntos que poderán ser outorgados por cada membro do tribunal en cada exercicio será de cero a dez puntos no primeiro, segundo e terceiro, e de 0 a 7 puntos no cuarto. A suma dos puntos outorgados polos membros do tribunal dividirase polo número destes, e o cociente resultante será a puntuación obtida polo/a opositor/a en cada exercicio.

As cualificacións dos/as aspirantes aprobados/as en cada exercicio publicaranse no mesmo día en que se acorden, no taboleiro de edictos da corporación.

A cualificación final e a orde de cualificación dos/as aspirantes aprobados/as virá dado pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

Novena.-Relación de aprobados/as, presentación de documentos e nomeamento.

Rematada a cualificación dos/as aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados/as, por orde de puntuación, que de acordo co establecido na vixente lexislación, non poderá excede-lo número de prazas convocadas, que neste caso é dunha, e remitirá a proposta de nomeamento xuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación para que efectúe o correspondente nomeamento de funcionario/a de carreira, que é a quen compete face-lo dito nomeamento.

O/A opositor/a proposto/a presentará na secretaría da corporación, dentro do prazo de trinta días hábiles a partir da publicación da lista de aprobados/as, os documentos acreditativos das condicións para tomar parte na oposición que se esixen na base 2ª e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa) do título de bacharelato superior ou formación profesional de segundo grado ou equivalente.

3. Declaración xurada de non estar incurso/a en causa de incapacidade ou inhabilitación para o exercicio de funcións públicas, así como non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

4. Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función.

5. Os/As que tivesen a condición de funcionarios/as, estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración á que pertenza.

Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os/as opositores/as propostos/as que non presenten a súa documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados/as e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puideran incorrer por falsidade na instancia solicitando tomar parte na oposición.

Décima.-Toma de posesión.

Os/As aspirantes nomeados/as tomarán posesión do seu cargo no prazo de trinta días hábiles seguintes ó da notificación do seu nomeamento. No caso contrario, sen que mediase causa xustificada, decaerán no seu dereito para tódolos efectos legais, quedando na situación de cesante.

Décimo primeira.-Incidencias.

A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven dela, e das actuacións do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que poidan presentarse, e adoptar resolucións, criterios ou medidas necesarias para a boa orde da oposición naqueles aspectos non previstos nas bases.

En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio, o R.D. 364/1995, do 19 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño e demais normas aplicables.

ANEXO I

Programa

Tema 1. O Estado. Concepto. Elementos. Formas de Estado. A división de poderes. Relacións entre os poderes do Estado.

Tema 2. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3. A Coroa. O poder lexislativo. O Goberno e a Administración do Estado. O poder xudicial.

Tema 4. Estatuto de autonomía de Galicia: características. Estructura e contido.

Tema 5. As fontes do dereito administrativo: clases. O regulamento: concepto e clases. Titular da potestade regulamentaria. Outras fontes do dereito administrativo: o costume. Práctica administrtiva. Os principios xerais do dereito. Tratados internacionais. Xurisprudencia.

Tema 6. Principios xerais do procedemento administrativo. Concepto. Clases de procedementos. Orixes e notas do procedemento. Normas reguladoras.

Dimensión temporal do procedemento administrativo. Días e horas hábiles. Cómputo de prazos: principios xerais.

Tema 7. Fases do procedemento administrativo xeral: as fases do procedemento administrativo xeral. Idea dos procedementos especiais.

A motivación dos actos administrativos.

O silencio administrativo: concepto. Regulación. Obrigación de resolver. Actos presuntos. Certificación de actos presuntos.

Tema 8. A teoría da invalidez do acto administrativo: actos nulos e anulables: invalidez dos actos administrativos. Dereito positivo español.

Validación.

Revisión de oficio: concepto. Natureza. Límites á revogación. Regulación.

A responsabilidade da Administración: introducción. Danos pola súa actividade ilexítima e lexítima. A responsabilidade do dereito positivo.

Tema 9. Os recursos administrativos. Clases: concepto. Clases de recursos. Obxecto. Fin da vía administrativa. Interposición do recurso. Suspensión da execución. Audiencia do interesado. Resolución.

Recurso ordinario: obxecto e prazos. Motivos. Interposición. Resolución presunta.

Recurso de revisión: obxecto e prazos de interposición. Resolución e prazos para esta. O recurso de reposición en materia tributaria.

Tema 10. Principios xerais e clases de contratos administrativos: planeamento do tema. Contrato administrativo. Direrencias entre o contrato privado da Administración e o contrato administrativo. Lexislación reguladora. Elementos dos contratos. Clases.

A selección do contratista.

Dereitos e deberes do contratista e da Administración.

Tema 11. O servicio público. Nocións xerais: concepto de servicio público. Natureza. O movemento nacionalizador. Clasificación dos servicios administrativos.

Os modos de xestión do servicio público. A xestión directa. Xestión indirecta. Xestión mixta.

Tema 12. Administración local de Galicia. Lei 5/97, do 22 de xullo. Aspectos fundamentais.

Tema 13. Estructuras supramunicipais.

As mancomunidades de municipios.

As agrupacións municipais.

A comarca.

As entidades metropolitanas na Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Tema 14. O municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento. Padrón de españois residentes no estranxeiro.

Tema 15. Organización municipal. Competencias.

Tema 16. Réxime xeral das eleccións locais.

Tema 17. A provincia. Organización provincial. Competencias.

Tema 18. O persoal ó servicio das entidades locais: funcionarios, persoal eventual e persoal laboral.

Tema 19. Réxime xurídico do persoal funcionario das entidades locais: dereitos, deberes, réxime disciplinario. Situacións administrativas. Dereitos económicos. Seguridade Social. Incompatibilidades.

Tema 20. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Concepto e diferenciacións. Evolución histórica. Clases.

Procedemento de elaboración e aprobación. procedemento para as xerais e non específicas. procedemento nas específicas.

Tema 21. A función pública galega. Lei 4/1988, do 26 de maio. Aspectos fundamentais.

Tema 22. Intervención administrativa en defensa do medio natural. O medio natural como principio rector dos poderes públicos na política social. Competencias e órganos.

Tema 23. A intervención administrativa na propiedade privada. A expropiación forzosa.

Tema 24. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos na presentación de documentos. Carácter e existencia do rexistro. Libros que comprende e asentos neles. Requisitos na presentación de documentos.

Comunicacións e notificacións. Comunicacións. Notificacións e publicacións.

Tema 25. Os bens das entidades locais. Clases. O dominio público local. Bens patrimoniais locais.

Tema 26. Lexislación sobre réxime do solo e ordenación urbana: os seus principios inspiradores. Competencia urbanística municipal.

Tema 27. O planeamento urbanístico: significado e clases de plans. Procedemento de elaboración e aprobación. Efectos da aprobación dos plans. Execución dos plans. A clasificación do solo.

Tema 28. A Lei sobre o réxime do solo e valoracións.

Tema 29. Intervención na edificación e uso do solo.

Tema 30. A intervención administrativa na propiedade privada. A expropiación forzosa.

Tema 31. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día: réxime das sesións. Adopción de acordos.

Actas e certificados de acordos: borrador da acta e aprobación. Transcrición da acta ó libro. Sinatura da acta. Certificados de acordos.

Tema 32. Facendas locais. Clasificación dos ingresos: conceptos xerais. Potestade tributaria dos entes locais. Fases da potestade tributaria. Fiscalidade das facendas locais no sistema español. Clasificación dos ingresos.

Tema 33. Réxime xurídico do gasto público local. Introducción e concepto. Clases de gastos. Os créditos para gastos. O control e fiscalización da xestión económica e financeira. O tribunal de contas. Contabilidade e contas.

Tema 34. Os orzamentos locais: concepto. Contido do orzamento xeral. Anexos do orzamento xeral. Estructura orzamentaria. Formación e aprobación. Entrada en vigor. Exercicio orzamento. Liquidación. Modificacións orzamentarias.

Bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade polo sistema de oposición libre dunha praza de bibliotecario/a-arquiveiro/a vacante no cadro de persoal deste concello e incluída na oferta de emprego público de 2001.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria, a provisión en propiedade, polo procedemento de oposición libre dunha praza de bibliotecario/a-arquiveiro/a vacante no cadro de persoal desta corporación, integrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase: técnico medio, grupo B, de conformidade co establecido no artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, dotada co soldo correspondente ó dito grupo, nivel de complemento de destino e demais emolumentos e retribucións que correspondan de acordo coa lexislación vixente e que a corporación teña fixados ou determine.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto da mesma no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos, inseriranse soamente no primeiro dos boletíns citados, e no taboleiro de edictos.

Segunda.-Condicións dos/as aspirantes.

Os/as aspirantes para tomar parte na oposición libre deberán reuni-los requisitos seguintes, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

a) Ser de nacionalidade española.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade ou te-la idade que a convocatoria estableza como mínima antes de que finalice o prazo de presentación de instancias, e non excede-la idade establecida como máxima para o ingreso no corpo ou escala.

c) Posuí-lo título de diplomado universitario, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso/a en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, polo menos, ata a data do nomeamento.

Terceira.-Presentación de instancias e dereitos de exame.

As instancias solicitando tomar parte na oposición libre, nas que os/as aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, e que se comprometen, no caso de seren nomeados/as, a prestar xuramento ou promesa legal, de acordo co establecido no R.D. 707/1979, do 5 de abril, dirixiranse ó alcalde presidente deste concello e presentaranse no rexistro xeral, en horario das 10 ás 13 horas, durante o prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Os dereitos de exame fíxanse na contía de 2.500 pesetas agás os/as solicitantes en paro que estarán exentos/as logo de xustificación mediante certificación expedida pola oficina de emprego de conforme non perciben ningún tipo de prestación e terán que presentar xunto coa instancia a carta de pagamento acreditativa de ter ingresada a dita cantidade na tesourería municipal do concello e soamente serán devoltos no caso de ser excluídos/as da oposición, sempre que os/as interesados/as formulen reclamación en tal sentido no prazo dun mes a partir da publicación da lista de admitidos/as e excluídos/as no BOP.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución no

prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos/as e excluídos/as cos motivos da exclusión. A lista farase pública no BOP e taboleiro de anuncios deste concello, concedéndose un prazo de quince días hábiles para efectos de reclamacións e de emenda de deficiencias que presentasen as instancias. Estas reclamacións, se as houber, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución da presidencia na que se aprobe a lista definitiva, que será feita pública na mesma forma indicada. Na mesma resolución incluirase a composición do tribunal que xulgará as probas, así como o lugar, a data e a hora de comezo dos exercicios.

Para seren admitidos/as na práctica das probas selectivas, bastará con que os/as aspirantes manifesten nas instancias que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base 2ª, referidas sempre á data de expiración de presentación de instancias, e que xunten a estas o xustificante de ter aboado os dereitos de exame.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que conste a oposición, estará constituído do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario: o/a do concello ou funcionario/a en quen delegue.

Vocais: un/ha representante da Comunidade Autónoma designado/a en forma regulamentaria.

Un representante da universidade da diplomatura de biblioteconomía e documentación, da facultade de Humanidades de Ferrol.

Un representante designado pola Asociación Bibliotecaria Galega.

O/A secretario/a do concello.

Un/ha funcionario/a de carreira designado/a polo presidente da corporación.

Un/ha representante da xunta de persoal.

Un/ha concelleiro/a en representación de cada grupo político municipal (BNG, PP, PSOE, EU-IU).

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do/a presidente/a e o/a secretario/a, ou persoas nas que deleguen.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do proce

demento administrativo común, ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Os/as aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorra calquera desas circunstancias.

Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores/as especialistas para as probas en que así coiden necesario ou conveniente. Os/as ditos/as asesores/as limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, de acordo coas cales exclusivamente, colaborarán co respectivo tribunal.

A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no BOP, así como no taboleiro de edictos da corporación.

Os membros do tribunal terán dereito a percibir de acordo coa súa categoría as asistencias e indemnizacións estipuladas legalmente.

Sexta.-Sistema de selección e comezo e desenvolvemento dos exercicios.

O sistema de selección é oposición libre.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciando quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio, o día, hora e local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substituído por citación persoal ós/ás aspirantes, debendo constar no expediente a xustificación de que se recibiu a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios será efectuada no taboleiro de edictos da casa do concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte. Os/as opositores/as serán convocados/as para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio e, de seren apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios

pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o/a aspirante interesado/a. Acreditarán a súa personalidade coa exhibición do DNI.

No suposto de que, por circunstancias excepcionais, se tivera que modifica-lo lugar, data e hora do primeiro exercicio, publicarase no taboleiro de anuncios e no diario de maior difusión da provincia.

Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio, en único chamamento. A publicación do acordo de celebración dos sucesivos exercicios faina o tribunal cualificador, e publicarase no taboleiro de anuncios do concello. Serán excluídos/as os/as aspirantes que non comparezan agás nos casos debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal.

Sétima.-Exercicios da oposición.

A oposición comprenderá os seguintes exercicios:

Primeiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá no desenvolvemento, por escrito, durante un período máximo de catro horas, un tema sacado ó chou de entre os que figuran no anexo I e outro tema sacado ó chou de entre os que figuran no anexo II. O exercicio terá que ser lido polos/as aspirantes, diante do tribunal, en sesión pública. Valorarase a formación xeral, así como a corrección da expresión escrita. Na sesión de lectura, o tribunal poderá dialogar co/a aspirante, sobre o seu exercicio, durante un máximo de dez minutos.

Este exercicio cualificará de 0 a 10 puntos cada tema, sendo necesario acadar un mínimo de 5 puntos en cada un deles para supera-lo exercicio.

Segundo exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en desenvolver por escrito un cuestionario de 60 preguntas con respostas alternativas referentes ó contido dos temas que figuran no anexo III desta convocatoria, non tempo máximo de 50 minutos. Esta proba será cualificada cun máximo de dez puntos sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos. Cada pregunta mal contestada será penalizada con cero como dez (0,10) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con cero coma cero cinco (0,05) puntos. Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% de respectas correctas.

Terceiro exercicio.-De carácter obrigatorio, eliminatorio e práctico.

Poderá consistir en:

1. Redacta-los asentos bibliográficos de catro impresos modernos, dous en galego e dous en castelán. Constará de:

a) Catalogación de acordo coas vixentes normas das regras de catalogación do Ministerio de Cultura.

b) Encabezamento de materias redactadas libremente, axustándose á lista de encabezamento de materias do Ministerio de Cultura.

c) Determinación da clasificación mediante as táboas da CDU (AENOR).

Os opositores poderán utiliza-las regras de catalogación, táboas e listas no momento da proba.

Redactarán a ficha principal e indicarán os puntos de acceso secundarios.

Disporán dun tempo máximo de dúas horas.

2. Elaboración dun programa de animación á lectura anual para a Biblioteca Municipal de Fene.

Disporán dun tempo máximo de dúas horas.

3. Identificación, descrición e clasificación de varios expedientes administrativos.

Seguirase o cadro de clasificación de fondos da Xunta de Galicia.

Disporán dun tempo máximo de dúas horas.

Calquera destas tres opcións será sacada ó chou, e o exercicio será obrigatorio e eliminatorio para tódolos aspirantes, e terá unha puntuación de 0 a 10 puntos.

Cuarto exercicio.-Obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá na traducción dun texto do castelán ó galego e do castelán ó inglés/ou francés( segundo o idioma escollido), durante un tempo máximo de trinta minutos para cada idioma.

Este exercicio cualificarase de 0 a 7 puntos.

Oitava.-Cualificación dos exercicios.

A cualificación final virá determinada pola suma total das puntuacións obtidas en cada un dos exercicios da oposición. No caso de empate, a orde establecerase atendendo á maior puntuación acadada no primeiro exercicio e, no caso de persisti-lo empate, á maior puntuación acadada no segundo ou terceiro exercicio.

Novena.-Relación de aprobados/as, presentación de documentos e nomeamento.

Rematada a cualificación dos/as aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados/as, por orde de puntuación, que de acordo co establecido na vixente lexislación, non poderá excede-lo número de prazas convocadas, que neste caso é dunha, e remitirá a proposta de nomeamento xuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación para que efectúe o correspondente nomeamento de funcionario/a de carreira, que é a quen compete face-lo dito nomeamento.

O/A opositor/a proposto/a presentará na secretaría da corporación, dentro do prazo de trinta días hábiles a partir da publicación da lista de aprobados/as, os documentos acreditativos das condicións para tomar parte na oposición que se esixen na base 2ª e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa) do título de diplomado universitario.

3. Declaración xurada de non estar incurso/a en causa de incapacidade ou inhabilitación para o exercicio de funcións públicas, así como non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

4. Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función.

5. Os/As que tivesen a condición de funcionarios/as, estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración á que pertenza.

Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os/as opositores/as propostos/as que non presenten a súa documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados/as e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puideran incorrer por falsidade na instancia solicitando tomar parte na oposición.

Décima.-Toma de posesión.

Os/As aspirantes nomeados/as tomarán posesión do seu cargo no prazo de trinta días hábiles seguintes ó da notificación do seu nomeamento. No caso contrario, sen que mediase causa xustificada, decaerán no seu dereito para tódolos efectos legais, quedando na situación de cesante.

Décimo primeira.-Incidencias.

A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven dela, e das actuacións do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que poidan presentarse, e adoptar resolucións, criterios ou medidas necesarias para a boa orde da oposición naqueles aspectos non previstos nas bases.

En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio, o R.D. 364/1995, do 19 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

ANEXO I

Programa

Biblioteconomía

Tema 1. A biblioteca. Concepto. Clases. Funcións e obxectivos.

Tema 2. A biblioteca pública. Concepto e misión. Servicios.

Tema 3. O libro e as bibliotecas antes da imprenta.

Tema 4. A imprenta. A imprenta en Galicia nos séculos XV e XVI.

Tema 5. Os libros e as bibliotecas nos séculos XVII e XVIII.

Tema 6. O libro e a edición nos séculos XIX e XX. O desenvolvemento das publicacións periódicas.

Tema 7. A industria editorial en Galicia e en España.

Tema 8. Transformación e desenvolvemento das bibliotecas no século XX. O libro e as bibliotecas en Galicia.

Tema 9. A encadernación e a ilustración. Panorámica xeral.

Tema 10. Criterios e técnicas de conservación e restauración dos materiais bibliográficos.

Tema 11. Organización bibliotecaria galega. Organización bibliotecaria española. Principais centros e servicios bibliotecarios.

Tema 12. As novas tecnoloxías na biblioteca.

Tema 13. Planificación dos servicios bibliotecarios.

Tema 14. Xestión da colección bibliográfica: selección e adquisición. Criterios, fontes e métodos. Planos cooperativos e centralizados.

Tema 15. Xestión da colección bibliográfica: tratamento técnico dos fondos.

Tema 16. A catalogación. Normalización. Os catálogos. Os OPACS. O formato MARC. A xestión de autoridades.

Tema 17. Principais tipos de clasificación bibliográfica. Clasificacións sistemáticas e alfabéticas.

Tema 18. A extensión cultural: promoción e animación.

Tema 19. Xestión e administración de bibliotecas: recursos financeiros e humanos.

Tema 20. O libro infantil e xuvenil. Análise da situación galega.

Tema 21. Socioloxía da lectura.

Tema 22. Bibliografía. Concepto, fins e problemas da elaboración de bibliografías. Evolución e estado actual da bibliografía no mundo.

Tema 23. Bibliografía de bibliografías. Bibliografías xerais. A bibliografía galega.

Tema 24. Avaliación e recursos de información na Internet.

Tema 25. As bases e bancos de datos. Creación, organización. Productores e distribuidores en España.

Tema 26. Normalización da identificación bibliográfica: ISBD, ISBN e ISSN.

Tema 27. Cooperación bibliotecaria. Sistemas e redes de bibliotecas.

Tema 28. Recuperación da información. Servicios de difusión selectiva.

Tema 29. Hemerotecas, fonotecas, videotecas e outros servicios. A colección local.

Tema 30. Acceso ó documento orixinal; técnicas de reproducción documental e a súa aplicación en bibliotecas.

Tema 31. Organizacións nacionais e internacionais relacionadas co mundo do libro e das bibliotecas.

Tema 32. Formación de usuarios na biblioteca. Extensión bibliotecaria.

Tema 33. As bibliotecas en Galicia. Situación, lexislación, organismos.

Tema 34. Documentación: concepto e diferencias entre biblioteconomía, arquivística e documentalismo. Análise documental. Linguaxes documentais.

ANEXO II

Arquivística

Tema 1. Concepto, funcións e tipos de arquivos. O documento. O expediente administrativo.

Tema 2. Identificación dos fondos. Sistemas de clasificación e ordenación. Instrumentos resultantes.

Tema 3. O proceso documental: ingresos, transferencias. Valoración e selección.

Tema 4. Descrición dos fondos. Normalización da descrición. Instrumentos resultantes.

Tema 5. O acceso ós documentos. Lexislación.

Tema 6. A conservación dos documentos: prevención e restauración.

Tema 7. O arquivo como centro de conservación: edificio, depósitos e instalacións.

Tema 8. A reprografía nos arquivos: sistemas.

Tema 9. As novas tecnoloxías aplicadas ós arquivos.

Tema 10. Información e difusión arquivística.

Tema 11. Perfil profesional do persoal de arquivos. Formación.

Tema 12. Lei de patrimonio histórico español.

Tema 13. Lei de patrimonio cultural de Galicia.

Tema 14. O sistema de arquivos de Galicia.

Tema 15. Fontes documentais e bibliografía para o estudio da Administración local.

ANEXO III

Administración local

Tema 1. A Constitución española de 1978. Estructura e principios xerais.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais. Garantía e suspensión.

Tema 3. A Coroa.

Tema 4. O Goberno e a Administración do Estado. Relación entre o Goberno e as Cortes.

Tema 5. As Cortes Xerais: Congreso dos Deputados e Senado. Composición e funcións.

Tema 6. A distribución territorial do poder do Estado. Estatuto de autonomía de Galicia. Estructura e contido.

Tema 7. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. A Administración e o administrado. Capacidade e representación. Dereitos do administrado. Actos xurídicos do administrado.

Tema 8. Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O procedemento administrativo. Fases. O acto administrativo.

Tema 9. O réxime local español: Principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 10. O concello: concepto e elementos. O termo municipal. A poboación: especial referencia ó empadroamento.

Tema 11. Organización municipal. Competencia.

Tema 12. Organización provincial. Competencias.

Tema 13. Outras entidades locais. Mancomunidades. Comarcas. Áreas metropolitanas. As entidades de ámbito inferior ó municipal.

Tema 14. A función pública local. Réxime xurídico do persoal funcionario das entidades locais: dereitos, deberes, réxime disciplinario, situacións administrativas, dereitos económicos, seguridade social e incompatibilidades.

Tema 15. Os bens das entidades locais. O dominio público. O patrimonio privado.

Tema 16. Idea xeral dos contratos administrativos na esfera local. A selección do contratista.

Tema 17. Especialidades do procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos: requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 18. Funcionamento dos órganos, colexiados, locais, réxime de sesións e acordos. Actas e certificacións de acordos. As resolucións do presidente da corporación.

Tema 19. As facendas locais. Clasificación dos ingresos. As ordenanzas fiscais.

Tema 20. Institucións europeas.

Bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade polo sistema de promoción interna por concurso-oposición dunha praza de encargado de obras, vacante no cadro de persoal deste concello e incluída na oferta de emprego público de 2001.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria, a provisión en propiedade, por promoción interna e concurso-oposición dunha praza de encargado de obras, vacante no cadro de persoal desta corporación, integrada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase: persoal de oficios, grupo D, de conformidade co establecido no artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, dotada co soldo correspondente ó dito grupo, nivel de complemento de destino e demais emolumentos e retribucións que correspondan de acordo coa lexislación vixente e que a corporación teña fixados ou determine.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos, inseriranse soamente no primeiro dos boletíns citados, e no taboleiro de edictos.

Segunda.-Condicións dos/as aspirantes.

Os/as aspirantes para tomar parte na oposición libre deberán reuni-los requisitos seguintes, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

a) Pertencer á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase persoal de oficios deste concello, e te-la categoría de oficial de obras.

b) Ter unha antigüidade de, alomenos, dous anos na mencionada subescala.

c) Posuí-lo título de graduado escolar ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso/a en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, polo menos, ata a data do nomeamento.

Terceira.-Presentación de instancias e dereitos de exame.

As instancias solicitando tomar parte na oposición libre, nas que os/as aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, e que se comprometen, no caso de seren nomeados/as, a prestar xuramento ou promesa legal, de acordo co establecido no R.D. 707/1979, do 5 de abril, dirixiranse ó alcalde presidente deste concello e presentaranse no rexistro xeral, en horario das 10 ás 13 horas, durante o prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Os dereitos de exame fíxanse na contía de 2.000 pesetas agás os/as solicitantes en paro que estarán

exentos/as logo de xustificación mediante certificación expedida pola oficina de emprego de conforme non perciben ningún tipo de prestación, e terán que presentar xunto coa instancia a carta de pagamento acreditativa de ter ingresada a dita cantidade na tesourería municipal do concello e soamente serán devoltos no caso de seren excluídos/as da oposición, sempre que os/as interesados/as formulen reclamación en tal sentido no prazo dun mes a partir da publicación da lista de admitidos/as e excluídos/as no BOP.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos/as e excluídos/as cos motivos da exclusión. A lista farase pública no BOP e taboleiro de anuncios deste concello, concedéndose un prazo de quince días hábiles para efectos de reclamacións e de emenda de deficiencias que presentaren as instancias. Estas reclamacións, se as houber, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución da presidencia na que se aprobe a lista definitiva, que será feita pública na mesma forma indicada. Na mesma resolución incluirase a composición do tribunal que xulgará as probas, así como o lugar, a data e a hora de comezo dos exercicios.

Para seren admitidos/as na práctica das probas selectivas, bastará con que os/as aspirantes manifesten nas instancias que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base 2ª, referidas sempre á data de expiración de presentación de instancias, e que xunten a elas o xustificante de ter aboado os dereitos de exame.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que conste a oposición, estará constituído do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario: o/a do concello ou funcionario/a en quen delegue.

Vocais: un/ha representante da Comunidade Autónoma designado/a en forma regulamentaria.

O enxeñeiro municipal.

O encargado de obras do concello.

O/A secretario/a do concello.

Un/ha representante da xunta de persoal.

Un/ha concelleiro/a en representación de cada grupo político municipal (BNG, PP, PSOE, EU-IU).

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso

requirirase a asistencia do/a presidente/a e o/a secretario/a, ou persoas nas que deleguen.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Os/as aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorra calquera desas circunstancias.

Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores/as especialistas para as probas en que así coiden necesario ou conveniente. Os/as ditos/as asesores/as limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, de acordo coas cales, exclusivamente, colaborarán co respectivo tribunal.

A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no BOP, así como no taboleiro de edictos da corporación.

Os membros do tribunal terán dereito a percibir de acordo coa súa categoría as asistencias e indemnizacións estipuladas legalmente.

Sexta.-Sistema de selección e comezo e desenvolvemento dos exercicios.

O sistema de selección é concurso-oposición.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciando quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio, o día, hora e local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substituído por citación persoal ós/ás aspirantes, debendo constar no expediente a xustificación de que se recibiu a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios será efectuada no taboleiro de edictos da casa do concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte. Os/as opositores/as serán convocados/as para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio e, de seren apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios

pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o/a aspirante interesado/a. Acreditarán a súa personalidade coa exhibición do DNI.

No suposto de que, por circunstancias excepcionais, se tivera que modifica-lo lugar, data e hora do primeiro exercicio, publicarase no taboleiro de anuncios e no diario de maior difusión da provincia.

Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio, en único chamamento. A publicación do acordo de celebración dos sucesivos exercicios faina o tribunal cualificador, e publicarase no taboleiro de anuncios do concello. Serán excluídos/as os/as aspirantes que non comparezan agás nos casos debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal.

Sétima.-Exercicios da oposición.

a) Fase de concurso:

a.1. Por servicios prestados ó Concello de Fene como oficial de obras, 0,5 puntos por ano traballado ata un máximo de 6 puntos.

a.2. Por servicios prestados noutras administracións públicas, no mesmo posto de traballo, 0,25 puntos por ano ata un máximo de 3 puntos.

a.3. Curso de iniciación á lingua galega: 1 punto.

a.4. Curso de perfeccionamento: 2 puntos.

Estes puntos non son acumulativos.

Estes méritos acreditaranse mediante certificación expedida polo secretario do concello ou entidade pública onde se teñan prestado os seus servicios, ou certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social.

A oposición comprenderá os seguintes exercicios:

Primeiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá nunha proba práctica sobre calquera traballo relacionado con obras do concello nun tempo máximo de 2 horas. Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e terán que acada-la puntuación mínima de 5 puntos para supera-lo exercicio.

Segundo exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá na interpretación dun plano sobre obras que habitualmente realiza o concello nun tempo máximo de 2 horas. Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e terán de acada-la puntuación mínima de 5 puntos para supera-lo exercicio.

Terceiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de corenta preguntas con respostas alternativas referentes ó contido do programa que figura como anexo desta convocatoria nun tempo máximo dunha hora. Esta proba será cualificada cun máximo de dez puntos sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos. Cada pregunta mal contestada será penalizada con cero coma dez (0,10) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con cero coma cero cinco (0,05) puntos. Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% de espostas correctas.

Cuarto exercicio.-De carácter obrigatorio e non eliminatorio que constará de:

Redacción en galego, dun parte de carácter administrativo, segundo as condicións que fixe o tribunal nun tempo dunha hora. Esta proba puntuará cun máximo de cinco puntos.

Oitava.-Cualificación dos exercicios.

Os tres primeiros exercicios da oposición serán obrigatorios e eliminatorios, non podendo pasa-los aspirantes ó seguinte exercicio sen ter superado o anterior cun mínimo de 5 puntos.

O número de puntos que poderán ser outorgados por cada membro do tribunal en cada exercicio será de cero a dez puntos. A suma dos puntos outorgados polos membros do tribunal dividirase polo número destes, e o cociente resultante será a puntuación obtida polo/a opositor/a en cada exercicio.

As cualificacións dos/as aspirantes aprobados/as en cada exercicio publicaranse no mesmo día en que se acorden, no taboleiro de edictos da corporación.

A cualificación final e a orde de cualificación dos/as aspirantes aprobados/as virá dada pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

Novena.-Relación de aprobados/as, presentación de documentos e nomeamento.

Rematada a cualificación dos/as aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados/as, por orde de puntuación, que de acordo co establecido na vixente lexislación, non poderá excede-lo número de prazas convocadas, que neste caso é dunha, e remitirá a proposta de nomeamento xuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación para que efectúe o correspondente nomeamento de funcionario/a de carreira, que é a quen compete face-lo dito nomeamento.

O/A opositor/a proposto/a presentará na secretaría da corporación, dentro do prazo de trinta días hábiles a partir da publicación da lista de aprobados/as, os documentos acreditativos das condicións para tomar parte na oposición que se esixen na base 2ª e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa) do título de graduado escolar ou equivalente.

3. Declaración xurada de non estar incurso/a en causa de incapacidade ou inhabilitación para o exercicio de funcións públicas, así como non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

4. Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función.

5. Os/As que tivesen a condición de funcionarios/as, estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración á que pertenza.

Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os/as opositores/as propostos/as que non presenten a súa documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados/as e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puideran incorrer por falsidade na instancia solicitando tomar parte na oposición.

Décima.-Toma de posesión.

Os/As aspirantes nomeados/as tomarán posesión do seu cargo no prazo de trinta días hábiles seguintes ó da notificación do seu nomeamento. No caso contrario, sen que mediase causa xustificada, decaerán no seu dereito para tódolos efectos legais, quedando na situación de cesante.

Décimo primeira.-Incidencias.

A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven dela, e das actuacións do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que poidan presentarse, e adoptar resolucións, criterios ou medidas necesarias para a boa orde da oposición naqueles aspectos non previstos nas bases.

En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio, o R.D. 364/1995, do 19 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

ANEXO I

Programa

1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Estructura e contido.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.

3. A organización territorial do Estado español. Diferentes tipos de Administración: central, autonómica, local e institucional.

4. O Estatuto de autonomía de Galicia. O Parlamento de Galicia.

5. O municipio. O termo municipal e a poboación.

6. A organización municipal e as competencias dos seus órganos.

7. A función pública local: a súa organización e réxime xurídico. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

8. Funcionarios públicos: situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

9. O municipio de Fene. Límites. Poboación. Situación das parroquias e principais núcleos de poboación.

10. Localización dos lugares do concello de Fene. Localización dos edificios destinados a servicios públicos e funcións que se levan a cabo neles.

Bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade polo sistema de oposición libre dunha praza de oficial de obras, vacante no cadro de persoal deste concello e incluída na oferta de emprego público de 2001.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria, a provisión en propiedade, polo procedemento de oposición libre dunha praza de oficial de obras, vacante no cadro de persoal desta corporación, integrada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase: persoal de oficios, grupo D, de conformidade co establecido no artigo 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, dotada co soldo correspondente ó dito grupo, nivel de complemento de destino e demais emolumentos e retribucións que correspondan de acordo coa lexislación vixente e que a corporación teña fixados ou determine.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos, inseriranse soamente no primeiro dos boletíns citados, e no taboleiro de edictos.

Segunda.-Condicións dos/as aspirantes.

Os/as aspirantes para tomar parte na oposición libre deberán reuni-los requisitos seguintes, referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

a) Ser de nacionalidade española.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade ou te-la idade que a convocatoria estableza como mínima antes de que finalice o prazo de presentación de instancias, e non excede-la idade establecida como máxima para o ingreso no corpo ou escala.

c) Posuí-lo título de graduado escolar ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso/a en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, polo menos, ata a data do nomeamento.

Terceira.-Presentación de instancias e dereitos de exame.

As instancias solicitando tomar parte na oposición libre, nas que os/as aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, e que se comprometen, no caso de seren nomeados/as, a prestar xuramento ou promesa legal, de acordo co establecido no R.D. 707/1979, do 5 de abril, dirixiranse ó alcalde presidente deste concello e presentaranse no rexistro xeral, en horario das 10 ás 13 horas, durante o prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Os dereitos de exame fíxanse na contía de 2.000 pesetas agás os/as solicitantes en paro que estarán exentos/as logo de xustificación mediante certificación expedida pola oficina de emprego de conforme non perciben ningún tipo de prestación e terán que presentar xunto coa instancia a carta de pagamento acreditativa de ter ingresada a dita cantidade na tesourería municipal do concello e soamente serán devoltos no caso de seren excluídos/as da oposición, sempre que os/as interesados/as formulen reclamación en tal sentido no prazo dun mes a partir da publicación da lista de admitidos/as e excluídos/as no BOP.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos/as e excluídos/as cos motivos da exclusión. A lista farase pública no BOP e taboleiro de anuncios deste concello, concedéndose un prazo de quince días hábiles para efectos de reclamacións e de emenda de deficiencias que presentaren as instancias. Estas reclamacións, se as houber, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución da presidencia na que se aprobe a lista definitiva, que será feita pública na mesma forma indicada. Na mesma resolución incluirase a composición do tribunal que xulgará as probas, así como o lugar, a data e a hora de comezo dos exercicios.

Para seren admitidos/as na práctica das probas selectivas, bastará con que os/as aspirantes manifesten nas instancias que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base 2ª, referidas sempre á data de expiración de presentación de instancias,

e que xunten a elas o xustificante de ter aboado os dereitos de exame.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgará as probas de que conste a oposición, estará constituído do seguinte xeito:

Presidente: o alcalde presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario: o/a do concello ou funcionario/a en quen delegue.

Vocais: un/ha representante da Comunidade Autónoma designado/a en forma regulamentaria.

O enxeñeiro municipal.

O encargado de obras do concello.

O/A secretario/a do concello.

Un/ha representante da xunta de persoal.

Un/ha concelleiro/a en representación de cada grupo político municipal (BNG, PP, PSOE, EU-IU).

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do/a presidente/a e o/a secretario/a, ou persoas nas que deleguen.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Os/as aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorra calquera desas circunstancias.

Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores/as especialistas para as probas en que así coiden necesario ou conveniente. Os/as ditos/as asesores/as limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, de acordo coas cales, exclusivamente, colaborarán co respectivo tribunal.

A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no BOP, así como no taboleiro de edictos da corporación.

Os membros do tribunal terán dereito a percibir de acordo coa súa categoría as asistencias e indemnizacións estipuladas legalmente.

Sexta.-Sistema de selección e comezo e desenvolvemento dos exercicios.

O sistema de selección é oposición libre.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciando quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio, o día, hora e local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substituído por citación persoal ós/ás aspirantes, debendo constar no expediente a xustificación de que se recibiu a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios será efectuada no taboleiro de edictos da casa do concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte. Os/as opositores/as serán convocados/as para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio e, de seren apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios

pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o/a aspirante interesado/a. Acreditarán a súa personalidade coa exhibición do DNI.

No suposto de que, por circunstancias excepcionais, se tivera que modifica-lo lugar, data e hora do primeiro exercicio, publicarase no taboleiro de anuncios e no diario de maior difusión da provincia.

Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio, en único chamamento. A publicación do acordo de celebración dos sucesivos exercicios faina o tribunal cualificador, e publicarase no taboleiro de anuncios do concello. Serán excluídos/as os/as aspirantes que non comparezan agás nos casos debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal.

Sétima.-Exercicios da oposición.

A oposición comprenderá os seguintes exercicios:

Primeiro exercicio.- De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá nunha ou varias probas obxectivas de carácter manual, a libre elección do tribunal, entre os cometidos propios do oficio nun tempo máximo de tres horas. Esta proba puntuará cun máximo de 10 puntos.

Segundo exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá nunha proba onde entrarán as catro regras aritméticas, medicións sobre plano, petición de material, etc. sobre cometidos propios do oficio, nun tempo máximo de 1 hora. Esta proba puntuará cun máximo de 10 puntos.

Terceiro exercicio.-De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de corenta preguntas con respostas alternativas referentes ó contido do programa que figura como anexo desta convocatoria nun tempo máximo dunha hora.

Esta proba será cualificada cun máximo de dez puntos sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos. Cada pregunta mal contestada será penalizada con cero coma dez (0,10) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con cero coma cero cinco (0,05) puntos. Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% de respostas correctas.

Cuarto exercicio.-De carácter obrigatorio e non eliminatorio que constará de:

Redacción en galego, dun parte de carácter administrativo, segundo as condicións que fixe o tribunal nun tempo dunha hora. Esta proba puntuará cun máximo de cinco puntos.

Oitava.-Cualificación dos exercicios.

Os exercicios da oposición serán obrigatorios e eliminatorios, non podendo pasa-los aspirantes ó seguinte exercicio sen ter superado o anterior.

O número de puntos que poderán ser outorgados por cada membro do tribunal en cada exercicio será de cero a dez puntos. A suma dos puntos outorgados polos membros do tribunal dividirase polo número destes, e o cociente resultante será a puntuación obtida polo/a opositor/a en cada exercicio, sen que poidan ser aprobados/as os/as que non acaden a media, como mínimo de cinco puntos nos dous primeiros exercicios.

As cualificacións dos/as aspirantes aprobados/as en cada exercicio publicaranse no mesmo día en que se acorden, no taboleiro de edictos da corporación.

A cualificación final e a orde de cualificación dos/as aspirantes aprobados/as virá dado pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas.

Novena.-Relación de aprobados/as, presentación de documentos e nomeamento.

Rematada a cualificación dos/as aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados/as, por orde de puntuación, que de acordo co establecido na vixente lexislación, non poderá excede-lo número de prazas convocadas, que neste caso é dunha, e remitirá a proposta de nomeamento xuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación para que efectúe o correspondente nomeamento de funcionario/a de carreira, que é a quen compete face-lo dito nomeamento.

O/A opositor/a proposto/a presentará na secretaría da corporación, dentro do prazo de trinta días hábiles a partir da publicación da lista de aprobados/as, os documentos acreditativos das condicións para tomar parte na oposición que se esixen na base 2ª e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa) do título de graduado escolar ou equivalente.

3. Declaración xurada de non estar incurso/a en causa de incapacidade ou inhabilitación para o exercicio de funcións públicas, así como non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

4. Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función.

5. Os/As que tivesen a condición de funcionarios/as, estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración á que pertenza.

Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os/as opositores/as propostos/as que non presenten a súa documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados/as e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que puidesen incorrer por falsidade na instancia solicitando tomar parte na oposición.

Décima.-Toma de posesión.

Os/As aspirantes nomeados/as tomarán posesión do seu cargo no prazo de trinta días hábiles seguintes ó da notificación do seu nomeamento. No caso contrario, sen que mediase causa xustificada, decaerán no seu dereito para tódolos efectos legais, quedando na situación de cesante.

Décimo primeira.-Incidencias.

A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven dela, e das actuacións do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que poidan presentarse, e adoptar resolucións, criterios ou medidas necesarias para a boa orde da oposición naqueles aspectos non previstos nas bases.

En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio, o R.D. 364/1995, do 19 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

ANEXO I

Programa

1. A Constitución española de 1978. Principios xerais. Estructura e contido.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas.

3. A organización territorial do Estado español. Diferentes tipos de Administración: central, autonómica, local e institucional.

4. O Estatuto de autonomía de Galicia. O Parlamento de Galicia.

5. O municipio. O termo municipal e a poboación.

6. A organización municipal e as competencias dos seus órganos.

7. A función pública local: a súa organización e réxime xurídico. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos.

8. Funcionarios públicos: situacións administrativas, incompatibilidades e réxime disciplinario.

9. O municipio de Fene. Límites. Poboación. Situación das parroquias e principais núcleos de poboación.

10. Localización dos lugares do concello de Fene. Localización dos edificios destinados a servicios públicos e funcións que se levan a cabo neles.

Bases que rexerán para a contratación laboral fixa a tempo parcial, de catro prazas de peón do servicio de limpeza de escolas e edificios municipais polo sistema de concurso-oposición.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a contratación laboral fixa a tempo parcial de catro postos de traballo de peón do servicio de limpeza de escolas e edificios municipais, cunha xornada de traballo de cinco horas e cuarto prestadas de luns a venres, e polo sistema de concurso-oposición.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos publicaranse soamente no primeiro dos boletíns citados e no taboleiro de edictos.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

Os aspirantes para participar nas probas, terán que reuni-los seguintes requisitos referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser de nacionalidade española ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, de acordo co disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro, e R.D. 800/1995, do 19 de maio.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade.

c) Posuí-la titulación de certificado de escolaridade ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarase, polo menos, ata a data de formalización do contrato.

Ademais, os aspirantes deberán presentar xunto coa solicitude e, en todo caso antes de finalización do prazo de presentación de instancias, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen dos establecidos no correspondente baremo. Poderán presentar fotocopias que virán acompañadas do seu orixinal para compulsa.

Terceira.-Presentación de instancias.

As instancias solicitando tomar parte nas probas, nas que os aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, dirixiranse ó alcalde-presidente e presentaranse no rexistro xeral do concello, en horario das 10 ás 13, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Á instancia xuntarase, inescusablemente carta de pagamento acreditativa de ter aboado o importe dos dereitos de exame que se cifran en 2.000 pesetas, ou xustificante do xiro postal ou telegráfico do seu aboamento e só serán devoltos a quen non fose admitido ás probas selectivas por non reuni-los requisitos esixidos, agás os/as solicitantes en paro que estarán exentos/as logo de xustificación mediante certificación expedida pola oficina de emprego de conforme non perciben ningún tipo de prestación. Presentarase xuntamente coa instancia relacións circunstanciadas dos méritos que se aleguen pola orde que se establece na convocatoria, unindo á devandita relación os documentos xustificativos deles (orixinais ou fotocopias compulsadas), pois non se tomarán en consideración nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos, no momento de presentación de instancias.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos cos motivos de exclusión, e a designación do tribunal cualificador que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, concedéndose un prazo de 10 días para emenda polos aspi

rantes excluídos, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da devandita resolución no BOP e taboleiro de edictos da corporación será determinante, así mesmo, para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

Poderá publicarse exclusivamente a lista de aspirantes excluídos, cos motivos de exclusión.

A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma ca anterior.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará composto polos seguintes membros:

Presidente: o alcalde presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario: o/a do concello ou funcionario/a en quen delegue.

Vocais:

O/A secretario/a do concello.

Un/ha representante da xunta de persoal ou comité de empresa.

Un/ha concelleiro/a en representación de cada grupo político municipal (BNG, PP, PSOE, EU-IU).

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar, sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorra calquera desas circunstancias.

Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para as probas en que así coiden necesario ou conveniente. Os ditos asesores limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, de acordo coas cales, exclusivamente, colaborarán co respectivo tribunal.

A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no taboleiro de edictos da corporación.

Sexta.-Sistema de selección e exercicios.

Concurso.

a) Fase de concurso:

a.1. Por servicios prestados á Administración local como persoal laboral na categoría de peón do servicio de limpeza de escolas e edificios municipais, 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 5 puntos.

Por servicios prestados noutras administracións públicas, nas mesmas condicións sinaladas no epígrafe anterior: 0,05 puntos por mes, ata un máximo de 2,5 puntos.

Estes méritos acreditaranse mediante certificación expedida polo secretario do concello ou entidade pública onde prestasen os seus servicios, ou certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social.

b) Fase da oposición:

Exercicio primeiro.-Consistirá en contestar por escrito 30 preguntas tipo test con respostas alternativas, referentes a coñecementos do termo municipal de Fene, límites, poboación, situación das parroquias e principais núcleos de poboación, edificios destinados a servicios públicos e funcións que se levan a cabo neles, localización de lugares, etc., nun tempo máximo dunha hora. Esta proba puntuará cun máximo de 10 puntos, sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos. Cada pregunta mal contestada será penalizada con cero coma dez (0,10) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con cero coma cero cinco (0,05) puntos. Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% de respostas correctas.

Segundo exercicio.-Constará de dúas partes:

Primeira parte: redacción en galego dun parte administrativo proposto polo tribunal, nun tempo máximo de 30 minutos.

Segunda parte: resolución dunha ou varias probas aritméticas nun tempo máximo de 30 minutos.

O exercicio valorarase na súa totalidade de 0 a 10 puntos e individualmente cada parte de 0 a 5 puntos, terán carácter eliminatorio e para superalos os aspirantes deberán acadar unha puntuación mínima de 2,5 puntos en cada unha das partes.

A puntuación obtida na fase do concurso non poderá aplicarse para supera-la fase de oposición.

A cualificación final e a orde de cualificación dos/as aspirantes aprobados/as virá dado pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas, na fase de oposición e de concurso.

Sétima.-Comezo das probas.

A data, hora e lugar de comezo do primeiro exercicio anunciarase con quince días de antelación, cando menos no BOP e no taboleiro de anuncios, e non poderá comezar sen que transcorran dous meses como mínimo desde a publicación da convocatoria.

A data de celebración dos demais exercicios, publicarase unicamente no taboleiro de edictos do concello.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, sendo excluídos os que non comparezan, agás os casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio e, de seren apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o aspirante interesado.

Oitava.-Relación de aprobados, presentación de documentos e formalziación do contrato.

Rematadas as probas e efectuadas as cualificacións, o tribunal publicará a lista de aprobados que non poderá ser superior ó número de prazas convocadas e elevará a dita relación á presidencia da corporación para que formule a correspondente proposta de nomeamento.

Os opositores propostos presentarán na secretaría do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixen na base segunda, e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa) do certificado de escolaridade ou equivalente.

3. Certificado médico de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

4. Declaración xurada na que se faga constar que non está incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente e de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

No caso de que no prazo indicado os aspirantes non presentasen a documentación esixida, agás causas de forza maior, non se formalizará o contrato quedando anuladas tódalas súas actuacións sen prexuízo da responsabilidade na que puidesen incorrer por falsidade.

Cumpridos os anteriores requisitos, a alcaldía procederá a formaliza-lo correspondente contrato podéndose especificar un período de proba conforme o artigo 14 do Estatuto dos traballadores.

Novena.-Resolución das dúbidas.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde do concurso. En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio, o

Regulamento xeral do ingreso de persoal ó servicio da Administración do Estado de 1995; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

Décima.-Impugnación da convocatoria e dos seus actos.

A presente convocatoria e as súas bases poderán recorrerse mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Bases que rexerán para a contratación laboral fixa a tempo completo dunha praza de xestor/a do Museo do Humor polo sistema de concurso-oposición.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a contratación laboral fixa a tempo completo do posto de traballo de xestor/a do Museo do Humor, polo sistema de concurso-oposición.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos, publicaranse soamente no primeiro dos boletíns citados, e no taboleiro de edictos.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

Os aspirantes para participar nas probas, terán que reuni-los seguintes requisitos referidos á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser de nacionalidade española ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, de acordo co disposto na Lei 17/1993, do 23 de decembro, e R.D. 800/1995, do 19 de maio.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade.

c) Posuí-la titulación de certificado de escolaridade ou equivalente.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarase, polo menos, ata a data de formalización do contrato.

Ademais, os aspirantes deberán presentar xunto coa solicitude e, en todo caso antes de finalización do prazo de presentación de instancias, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen dos esta

blecidos no correspondente baremo. Poderán presentar fotocopias que virán acompañadas do seu orixinal para compulsa.

Terceira.-Presentación de instancias.

As instancias solicitando tomar parte nas probas, nas que os aspirantes manifestarán expresamente que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base segunda, dirixiranse ó alcalde-presidente e presentaranse no rexistro xeral do concello, en horario das 10 ás 13, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No rexistro xeral do concello facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Á instancia xuntarase, inescusablemente carta de pagamento acreditativa de ter aboado o importe dos dereitos de exame que se cifran en 2.000 pesetas, ou xustificante do xiro postal ou telegráfico do seu aboamento e só serán devoltos a quen non fose admitido ás probas selectivas por non reuni-los requisitos esixidos, agás os/as solicitantes en paro que estarán exentos/as logo de xustificación mediante certificación expedida pola oficina de emprego de conforme non perciben ningún tipo de prestación. Presentaranse xuntamente coa instancia relacións circunstanciadas dos méritos que se aleguen polo orde que se establece na convocatoria, unindo á devandita relación os documentos xustificativos destes (orixinais ou fotocopias compulsadas), pois non se tomarán en consideración nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos, no momento de presentación de instancias.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun mes, aprobando a lista de aspirantes admitidos e excluídos cos motivos de exclusión, e a designación do tribunal cualificador que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, concedéndose un prazo de 10 días para emenda polos aspirantes excluídos, dos defectos a que alude o artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da devandita resolución no BOP e taboleiro de edictos da corporación será determinante, así mesmo, para efectos de posible impugnación e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

Poderá publicarse exclusivamente a lista de aspirantes excluídos, cos motivos de exclusión.

A mencionada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma ca anterior.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará composto polos seguintes membros:

Presidente: o alcalde presidente do concello, ou membro da corporación en quen delegue.

Secretario: o/a do concello ou funcionario/a en quen delegue.

Vocais:

O/A secretario/a do concello.

Un funcionario de carreira designado polo presidente da corporación.

Un/ha representante da xunta de persoal ou comité de empresa.

Un/ha concelleiro/a en representación de cada grupo político municipal (BNG, PP, PSOE, EU-IU).

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar, sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Os aspirantes poderán recusar ós membros do tribunal cando concorra calquera desas circunstancias.

Os tribunais poderán dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para as probas en que así coiden necesario ou conveniente. Os ditos asesores limitaranse ó exercicio das súas especialidades técnicas, de acordo coas cales, exclusivamente, colaborarán co respectivo tribunal.

A designación nominal dos membros dos tribunais incluirá a dos respectivos suplentes e será publicada no taboleiro de edictos da corporación.

Sexta.-Sistema de selección e exercicios.

Concurso.

a) Fase de concurso:

a.1. Por servicios prestados á Administración local nun posto de similares características, 0,5 puntos por ano ata un máximo de 5 puntos.

b.1. Por servicios prestados noutras administracións públicas, nas mesmas condicións sinaladas no apartado anterior: 0,25 puntos por ano, ata un máximo de 2,5 puntos.

Estes méritos acreditaranse mediante certificación expedida polo secretario do concello ou entidade pública onde prestasen os seus servicios, ou certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social.

c.1. Pola participación como docente e/ou relator/a en cursos e xornadas relacionadas coas funcións propias da praza á que se aspira (cunha puntuación máxima de 4 puntos neste apartado):

-Pola participación como docente en cursos e obradoiros de formación, 0,75 puntos por curso.

-Por presentar ponencias/comunicacións, en congresos e xornadas, 0,50 puntos por relatorio/comunicación.

Estes cursos terán que ser oficiais, homologados ou coa colaboración da administración.

b) Fase da oposición:

Exercicio primeiro.-Consistirá en redactar por escrito unha proposta de programación de Museo do Humor para un ano, nun tempo máximo de 2 horas. Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e será necesario acadar un mínimo de 5 puntos para superalo.

Exercicio segundo.-Consistirá en desenvolver por escrito durante un tempo máximo de 3 horas un tema sacado ó chou de entre os que figuran no anexo. Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e será necesario acadar un mínimo de 5 puntos para superalo.

Exercicio terceiro.-Consistirá en contestar por escrito 20 preguntas tipo test con respostas alternativas, referentes a coñecementos do termo municipal de Fene, límites, poboación, situación das parroquias e principais núcleos de poboación, edificios destinados a servicios públicos e funcións que se levan a cabo neles, localización de lugares, etc., nun tempo máximo dunha hora. Esta proba puntuará cun máximo de 10 puntos, sendo eliminados os opositores que non acaden un mínimo de cinco puntos. Cada pregunta mal contestada será penalizada con cero coma dez (0,10) puntos e cada pregunta que se deixe sen contestar penalizarase con cero coma cero cinco (0,05) puntos. Para superar este exercicio será preciso ter un mínimo do 60% de respostas correctas.

A puntuación obtida na fase do concurso non poderá aplicarse para supera-la fase de oposición.

A cualificación final e a orde de cualificación dos/as aspirantes aprobados/as virá dado pola suma das puntuacións obtidas no conxunto das probas, na fase de oposición e de concurso.

Séptima.-Comezo das probas.

A data, hora e lugar de comezo do primeiro exercicio anunciarase con quince días de antelación,

cando menos no BOP e no taboleiro de anuncios, e non poderá comezar sen que transcorran dous meses como mínimo desde a publicación da convocatoria.

A data de celebración dos demais exercicios, publicarase unicamente no taboleiro de edictos do concello.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, sendo excluídos os que non comparezan, agás os casos de forza maior debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio e, de seren apreciadas polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fose examinado do anterior exercicio o aspirante interesado.

Oitava.-Relación de aprobados, presentación de documentos e formalización do contrato.

Rematadas as probas e efectuadas as cualificacións, o tribunal publicará a lista de aprobados que non poderá ser superior ó número de prazas convocadas e elevará a dita relación á presidencia da corporación para que formule a correspondente proposta de nomeamento.

Os opositores propostos presentarán na secretaría do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixen na base segunda, e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa).

2. Copia autentica ou fotocopia (que se presentará xunto co orixinal para a súa compulsa) do certificado de escolaridade ou equivalente.

3. Certificado médico de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

4. Declaración xurada na que se faga constar que non está incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente e de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

No caso de que no prazo indicado os aspirantes non presentasen a documentación esixida, agás causas de forza maior, non se formalizará o contrato quedando anuladas tódalas súas actuacións sen prexuízo da responsabilidade na que puidesen incorrer por falsidade.

Cumpridos os anteriores requisitos, a alcaldía procederá a formaliza-lo correspondente contrato podéndose especificar un período de proba conforme o artigo 14 do Estatuto dos traballadores.

Novena.-Resolución das dúbidas.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para a boa orde do concurso. En todo o non previsto nestas bases, rexerá como supletorio, o Regulamento xeral do ingreso de persoal ó servicio da Administración do Estado de 1995; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, e demais normas aplicables.

Décima.-Impugnación da convocatoria e dos seus actos.

A presente convocatoria e as súas bases poderán recorrerse mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

ANEXO

1. Teoría do humor.

2. Vantaxes do humor.

3. O humor no mundo.

4. O humor galego.

5. A caricatura.

6. O humor gráfico no mundo.

7. O humor gráfico en Galicia.

8. Teoría do cómic.

9. O cómic no mundo.

10. O cómic galego.

11. Museo do Humor.

12. As coleccións do Museo do Humor (dos primeiros debuxos a hoxe).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 5 de decembro de 2001.

Xosé María Rivera Arnoso

Alcalde