Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 21 de xaneiro de 2002 Páx. 828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-434).

Por resolución desta alcaldía nº 6494/2001, de data 20 de decembro de 2001, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle no ámbito da urbanización Punxeiro, en Serantes, tramitado por Rogelio-Luis Allegue Castro.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 3 de xaneiro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta