Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 21 de xaneiro de 2002 Páx. 808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2001 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no arrendamento de local para dependencias do Centro de Promoción de Negocios do Instituto Galego de Promoción Económica en Nova York (Estados Unidos).

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e no artigo 55.2º do Decreto 550/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, e á vista das competencias atribuídas polos artigos 1 e 7 da Lei 5/1992, de creación do Igape, en virtude das facultades ó meu favor conferidas por acordo de delegación de facultades do Consello de Dirección do Igape do 30 de marzo de 2000 (DOG nº 81, do 27 de abril).

RESOLVO:

Facer público que, por razón das especiais características que debe cumpri-lo local para satisface-las necesidades do Centro de Promoción de Negocios do Igape en Nova York (Estados Unidos), xustifícase a utilización do procedemento de contratación directa do arrendamento dun local sito en Beck & Arad Business Center-Long Beach-Nova York (Estados Unidos) para dependencias do Centro de Promoción de Negocios do Igape en Nova York.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica