Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 21 de xaneiro de 2002 Páx. 807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 17 decembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolución do expediente sancionador 15-C-32/2001, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa mencionada a continuación (que non puido ser notificada no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-C-32/2001, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a devandita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro que se estime pertinente ó seu dereito. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 de Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela. Noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o derradeiro de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-C-32/2001.

Denunciado: Grupo Goncasse, S.L.

Enderezo: urbanización Soto, rúa A nº 185 baixo, 15009 A Coruña.

Sanción e motivos: 25.000 pesetas (vintecinco mil pesetas), por incumprimento das normas relativas a documentación e información e obstrucción ó labor inspector.

Data da resolución: 4-12-2001.

A Coruña, 17 de decembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña