Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 21 de xaneiro de 2002 Páx. 806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-129/2001, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen, xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recuso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8 de xaneiro de 1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contado desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo.

Lugo, 12 de novembro de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-129/2001.

Denunciado: Salvador Montoya Jiménez.

DNI: 33541876.

Enderezo: r/ Poeta Aquilino Iglesias, nº 23-1º d, Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial con cana sen estar en posesión da preceptiva licencia de pesca en vigor, así como non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Medio Ambiente, ó ter capturado unha troita de tamaño inferior ó regulamentario (1-16 cm). Feitos constatados o día 24-5-2001, ás 18 h no río Miño. Lugo.

Precepto sancionador: 34.1º; 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: menos grave.

Sanción: 55.000 pesetas (330,56 euros).

Indemnización por danos e perdas de 1.000 pesetas (6,01 euros).

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio de esta actividade por un período dun ano.