Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 21 de xaneiro de 2002 Páx. 806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 12 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación dos expedientes sancionadores OU-167/2001P e OU-171/2001P, por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o esta

blecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 12 de decembro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

-Expediente: OU-167/2001P.-Denunciado: Tomás Rodríguez Justo.-DNI: 76704967.-Último enderezo coñecido: Alameda, 37, Verín (Ourense).-Feito denunciado: pescar empregando cebo natural (Asticot), prohibido desde o 15 de xullo fóra dos encoros do anexo IV da Orde do 20 de xaneiro de 2000.-Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.-Cualificación da infracción: leve.-Sanción: multa de 5.000 pesetas.-Instructora: Miriam Areal López

-Expediente: OU-171/2001P. -Denunciado: José Carlos Feijóo Sousa.-DNI: 8215504.-Último enderezo coñecido: Santa María Maior. Chaves (Portugal).-Feito denunciado: pescar empregando cebo natural (Asticot), prohibido desde o 15 de xullo fóra dos encoros do anexo IV da Orde do 20 de xaneiro de 2000.-Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.-Cualificación da infracción: leve.-Sanción: multa de 5.000 pesetas.-Instructora: Miriam Areal López.