Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 21 de xaneiro de 2002 Páx. 805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 17 de decembro de 2001 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea Anca IV.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Anca IV, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

A) Antecendentes de feito:

Primeiro.-Mediante escrito de data 14-3-2001, Mª Aurea Otero Lorenzo solicitou autorización para transmisión da concesión da batea Anca IV.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente, son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, dictei a seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de José Otero Castro (DNI/NIF 33180053T), da concesión administrativa da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: ANCA IV.

Situación:

Cuadrícula nº: 262.

Polígono: E.

Distrito: O Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 20-10-1962.

Remate vixencia: 2-11-2002.

Actuais titulares: José Otero Castro (DNI: 33180053T) e Mª Aurea Otero Lorenzo (DNI: 76497183B).

Novo titular: José Otero Castro (DNI: 33180053T).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sin ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 17 de decembro de 2001.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120 do 24 de xuño)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña