Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2002 Páx. 716

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Pescanova Chapela, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Pescanova Chapela, S.A., con nº de código 3602622, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-10-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 3-7-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios

colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 22 de outubro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Pescanova Chapela, S.A.

Ámbito de aplicación e disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo establece as bases para as relacións laborais entre a empresa Pescanova Chapela, S.A. e os seus traballadores adscritos ó centro de traballo, sito en Chapela-Redondela.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio colectivo abrangue todo o persoal do cadro nas súas diferentes categorías profesionais existente no momento da súa sinatura, nos centros de traballo aludidos no artigo anterior, así como os que posteriormente se incorporen ós respectivos cadros de persoal.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2001 cun período de duración ata o 31-12-2001. E será denunciado por escrito, polo menos cun mes de antelación á data do seu vencemento; en caso contrario, prorrogarase por períodos anuais sucesivos.

O conxunto do articulado e as táboas anexas manterán a súa vixencia mentres as partes non acorden modificalo.

Artigo 4º.-Determinación das partes que o concertan.

Este convenio colectivo concértase entre Pescanova Chapela, S.A. representada neste momento por Fernando Ilarri Junquera, José Fafián Seijo, Francisco J. Taboada Costas e o comité de empresa, como representación legal dos traballadores, composto polos membros abaixo asinantes.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen carácter de mínimas e figurarán nas táboas salariais anexas, ou as que constan nas respectivas nóminas.

Terán carácter de absorbibles aquelas melloras que durante a súa vixencia e por disposicións legais puideran establecerse.

Agás o especificado no artigo 21º do presente convenio, no relativo á prima de tarde e prima de baixa temperatura, o persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando dalgún ou algunhas condicións máis beneficiosas, deberá conservalas.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións xerais pactadas neste convenio, crearase unha comisión paritaria composta por:

Parte social: o presidente do comité de empresa, secretario do comité de empresa e un representante de cada un dos sindicatos.

Parte empresarial: cinco membros designados pola empresa.

No caso que existan discrepancias entre as partes e non logre chegarse a un acordo, someteranse á xurisdicción laboral competente.

Organización do traballo

Artigo 7º.-Principios xerais.

A organización práctica do traballo, respectando a lexislación vixente en cada momento, é facultade da dirección da empresa e, por delegación, dos seus mandos ou representantes legais.

Todo isto sen mingua das funcións de información que as mesmas disposicións legais lles atribúan ós representantes dos traballadores, comité de empresa e seccións sindicais, se é o caso.

É política común dos traballadores e da dirección o mantemento de actitudes de información, diálogo e negociación que conduzan a esquemas participativos.

A empresa manterá e fomentará a formación e promoción profesional dos seus traballadores. Anualmente comunicarase ó comité de empresa o plan de formación.

Artigo 8º.-Regulación.

Os contratos do persoal, calquera que sexa a súa modalidade, adaptaranse ás formas e condicións establecidas polas disposicións legais vixentes.

Artigo 9º.-Contratos formativos.

A empresa poderá contratar traballadores en prácticas para a formación, de acordo coas disposicións legais vixentes.

Polo que se refire ó contrato para a formación, a súa regulación será a seguinte:

Os aprendices non poderán ocupar postos de traballo que quedaron vacantes por despedimento

improcedente, obxectivo, ou por calquera tipo de expediente de regulación de emprego.

Características do contrato para a formación:

* Duración: mínima de 6 meses e máxima de 2 anos.

* Prórroga: mínima de 6 meses.

* Idade: de 16 a 21 anos.

* Formación: plan de formación pactado cos representantes dos traballadores.

* Titor: cada dous traballadores como máximo terán un titor, que teña como mínimo o nivel de cualificación que deberá adquiri-lo traballador.

* Salario: o primeiro ano o 100% do salario base do convenio e o segundo ano o 120% do salario base do convenio.

O número destes traballadores non superá o 5% do persoal fixo.

Artigo 10º.-Vacantes e postos de nova creación.

Na creación de novos postos de traballo na provisión de vacantes, cando se requira persoal de novo ingreso, a empresa terá en conta, en primeiro lugar, o persoal a que se refire o artigo 13º do presente convenio, en segundo lugar, o persoal adscrito a outras empresas do grupo e, en terceiro lugar, as peticións dos fillos ou fillas de traballadores en activo, falecidos, xubilados ou pensionistas, concedéndolle o emprego, en todo caso, se superan as probas de aptitude que correspondan. Para postos de certa responsabilidade que precise a empresa, será necesario que as súas condicións e coñecementos non sexan inferiores ós doutros candidatos.

A empresa está obrigada a informa-lo comité de empresa das vacantes producidas e postos de nova creación. Así mesmo, darase difusión nos taboleiros de anuncios.

O comité de empresa participará, de acordo co establecido no artigo 6º, no control das probas que fosen necesarias para a contratación de persoal.

Artigo 11º.-Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisional durante un período de proba variable, segundo a índole do labor que se vai realizar, conforme a seguinte escala:

* Técnicos titulados: seis meses.

* Titulados grao superior, contratos prácticas: dous meses.

* Titulados grao medio, contratos prácticas: un mes.

* Contratos de aprendizaxe: quince días.

* Resto do persoal: quince días.

Durante os períodos que se sinalan, tanto o traballador coma a empresa, poderán desistir da proba

ou proceder á rescisión do contrato, sen previo aviso nin dereito a indemnización. Será nulo o pacto que estableza un período de proba cando o traballador teña xa desempeñado as mesmas funcións con anterioridade na empresa, e dentro da mesma categoría profesional, baixo calquera modalidade de contratación.

O traballador desfrutará, durante o período de proba, da retribución que corresponda á categoría profesional do traballo no que se clasificara. O período de proba será computado para efectos de antigüidade.

Superado o período de proba, o traballador pasará a depender da empresa, coa categoría que corresponda en cada caso.

Artigo 12º.-Postos especiais.

A empresa procurará emprega-lo persoal con capacidade física ou intelectual diminuída por idade ou outros inconvenientes ocurridos antes da súa xubilación, en destinos axeitados ás súas condicións reais, no caso de que existan estes postos. Igual criterio seguirase con quen se encontre na situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Para iso terán en conta as vacantes que se produzan nas seguintes seccións: oficinas de sección industrial, almacén de sección industrial, control de calidade, aseos e vestiarios, podendo cubri-la empresa, entrementres, provisionalmente os ditos postos durante un período máximo de quince días.

Artigo 13º.-Incorporación a outras empresas do grupo.

Os traballadores da empresa Pescanova Chapela, S.A. poderán ser destinados a outras empresas do mesmo grupo de empresas, cando existan razóns económicas, organizativas, técnicas ou productivas que o xustifiquen, sempre que se respecten os límites da mobilidade funcional e o traslado non implique cambio de enderezo, e se efectúe dentro da área de influencia de Vigo.

A decisión de incorporación á nova empresa deberá comunicárselles ós afectados e ó comité de empresa cunha antelación de 30 días naturais, agás acordo noutro sentido.

Os traballadores afectados por esta decisión incorporaranse ó cadro de persoal da empresa do seu novo destino, conservando a súa categoría profesional e antigüidade, que se respectará desde o seu ingreso en Pescanova, S.A.

O seu réxime económico será o vixente na empresa de novo destino, pero conservará en todo caso como garantía o seu salario en cómputo anual no momento do traslado, a excepción dos complementos vinculados ó posto de traballo.

En todo caso e como condicións beneficiosas, seralles de aplicación o disposto no art. 35 sobre complemento de IT do convenio de Pescanova Chapela, S.A. de 1994.

O horario será en réxime de quendas (xornada continuada). O persoal trasladado a Frinova terá o horario que corresponda segundo o convenio colectivo desa empresa. Os que sexan trasladados a outras empresas do grupo incorporaranse a un réxime horario similar ó de Frinova, S.A. ou Pescanova Chapela, S.A.

No caso de necesidade de persoal fixo en Pescanova Chapela, S.A., terá preferencia de recolocación o persoal trasladado, ó que se lle aplicará na súa integridade o convenio de Pescanova Chapela, S.A.

Se a incorporación prevista neste artigo significase para o traballador un incremento nos seus gastos, debidamente acreditado, a empresa deberá compensalo por iso. En ningún caso poderán alegarse gastos compensables achacables ó transporte, se a empresa proporciona medio de transporte nas mesmas condicións que na actualidade, aínda que se cambie o horario.

A aplicación deste artigo estará condicionada á existencia de excedente de man de obra na empresa debidamente acreditado. En caso contrario deberá pactarse ou ben individualmente ou ben co comité de empresa.

A empresa comprométese a non utilizar este artigo cando o número de traballadores que se vaia incorporar ás outras empresas do grupo sexa inferior a cinco, ni na quenda de noite, excepto acordo individual con traballador/es afectados.

Este artigo terá carácter obrigacional e perderá a súa vixencia a partir do 31-8-2002.

Artigo 14º.-Excedencias.

Terán dereito á situación de excedencia todo o persoal afectado polo presente convenio, de acordo coas normas reguladas no Estatuto dos traballadores.

A empresa queda obrigada para o persoal do taller mecánico, factoría e cámaras oficios varios, así como sección industrial, á readmisión dos solicitantes, cando estes a cursasen, polo menos, con dous meses de antelación, sempre e cando a excedencia sexa igual ou superior a un ano.

Xornada, vacacións e licencias

Artigo 15º.-Xornada anual e horario.

A xornada de traballo será de 1.749 horas de traballo efectivo ó ano. Para tal efecto non se computarán como tempo efectivo de traballo os descansos obrigatorios ou pactados.

O tempo de traballo computarase ó inicio e ó final da xornada no posto de traballo.

A xornada anual desenvolverase do seguinte xeito:

* Persoal de fábrica e mantemento:

-Factoría e mantemento (quenda de mañá).

De luns a venres, de 6.45 horas a 14.45 horas, con descanso de quince minutos.

-Factoría e mantemento (quenda de tarde).

De luns a vernes, de 14.45 horas a 22.45 horas, con descanso de quince minutos.

-Factoría e manteñemento (quenda de noite-limpeza).

De luns a venres, de 22.45 horas a 6.45 horas, con descanso de quince minutos.

* Persoal de oficinas:

-Primeira quenda:

Horario de inverno: de 8 a 15 horas de luns a venres; de 8 a 13 horas os sábados.

Horario de verán: de 8 a 14.30 horas de luns a venres; de 8 a 13 horas os sábados.

-Segunda quenda:

Horario de inverno: de 8 a 13.30 e de 14.15 a 16.45 horas.

Horario de verán: de 8 a 15 horas.

O horario do persoal da segunda quenda é de luns a venres.

A xornada intensiva de verán para o persoal de oficinas estenderase desde o 15 de xuño ó 30 de setembro para o ano 2001.

Nas cámaras que teñan que estar a -18ºC ou inferiores cunha oscilación de máis ou menos 3ºC; a permanencia no interior delas será de 6 horas.

Por cada 45 minutos de traballo ininterrompido no interior das cámaras, ou entrando ou saíndo continuamente (carreteiros), concederase un descanso de recuperación de 15 minutos.

Completarán a xornada normal en traballos para realizar no exterior das cámaras.

De mutuo acordo entre a empresa e o comité, realizarase o calendario anual, que abranguerá a relación de días non laborables e período de vacacións, efectuando as correccións de horario que sexan pertinentes. Os días 24 e 31 de decembro non serán laborables.

Os horarios de traballo previstos neste artigo axustaranse en función do que resulte do calendario laboral que se pacte, respectando o número de horas efectivas anuais (1.749).

Artigo 16º.-Horas extraordinarias.

É firme vontade de ámbalas partes a reducción ó mínimo de horas extraordinarias.

Para o suposto de que fora necesaria a súa realización, retribuiranse segundo o valor dunha hora ordinaria incrementada nun 75%.

Para as horas extraordinarias realizadas en sábados, domingos e festivos, o valor das ditas horas incrementarase nun 100%.

Non se terán en conta, para efectos da duración máxima da xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo do número máximo das horas extraordinarias autorizadas, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes ou por causa de forza maior, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratasen de horas extraordinarias.

Consideraranse horas extraordinarias estructurais as realizadas nos seguintes casos:

-Incidencia nas quendas de traballo provocadas por licencias retribuídas, ou IT.

-Ausencia imprevista do relevo no traballo a quenda.

-Reparacións perentorias.

-Peches de exercicio contable e confección de orzamentos.

As horas extraodinarias estructurais pactaranse co comité de empresa.

Artigo 17º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado polo presente convenio terá trinta días naturais de vacacións, que se aboarán coa retribución do salario da táboa anexa maila antigüidade. O xeito da súa realización para o persoal da sección industrial será, como o pasado ano, en dúas quendas voluntarias nos meses de xullo e agosto.

Se por dificultades imprevistas fose preciso efectuar un reaxuste de vacacións, estableceranse de mutuo acordo, de xeito que se salven os inconvenientes que poidan afecta-lo normal desenvolvemento do programa da empresa.

En canto ás vacacións do persoal masculino que polo seu traballo debe cubrir postos de mantemento, sala de máquinas e resto do persoal, serán de forma rotativa, de tal xeito que ós que por sorteo lles corresponda unha das datas que elixa, ó ano seguinte corresponderánlle-las datas alternativas.

Todas aquelas persoas que estean en situación de IT durante o período de vacacións, poderán desfrutalas en calquera outra época dentro do ano.

O persoal de oficinas desfrutará as vacacións de acordo co mesmo criterio que ata a data, se ben de forma preferente entre os meses de xuño a setembro.

Artigo 18º.-Licencias retribuídas.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos casos seguintes:

a) Casamento: 15 días naturais.

b) Maternidade da esposa: 3 días naturais.

c) Enfermidade con internamento ou intervención cirúrxica, tamén con internamento do cónxuxe, pais, pais políticos, avós, fillos e fillos políticos: 3 días naturais (será preciso xustificante médico acreditativo).

d) Falecemento do cónxuxe, pais, fillos, irmáns, pais e fillos políticos: 4 días retribuídos e 2 sen retribuír, se residen na provincia de Pontevedra; 4 días retribuídos e 1 sen retribuír, se é no resto de Galicia e 5 días retribuídos no resto de España.

e) Falecemento de avós e netos: 2 días.

f) Falecemento de irmáns políticos, avós políticos: 2 días; sobriños, sobriños políticos, tíos e tíos políticos: 2 días.

g) Por intervención cirúrxica, sen internamento, ou recoñecemento médico de pais, cónxuxes e fillos: 1 día.

h) Por cambio de enderezo: 1 día.

i) Cando haxa que acudir a probas ou recoñecementos médicos en centros sanitarios, no que se inclúe a Casa do Mar, con xustificante médico: 1 día.

j) Nacemento dun neto: 1 día.

Nos casos que se teña que acompaña-lo cónxuxe e os fillos a recoñecemento médico a Santiago de Compostela por enfermidade: 1 día, fóra da Comunidade Autónoma de Galicia: 3 días; e cando esta saída fose fóra da Comunidade Autónoma de Galicia a consecuencia de operación ou intervención cirúrxica con internamento: 5 días, acreditándose en todo caso, con certificado médico.

Consulta médica en Chapela: 2 horas; Casa do Mar de Vigo e Redondela: 3 horas; Moaña, Pontevedra, Ponteareas, Salceda, Domaio, Cangas e Meixoeiro: o tempo total da consulta, así como o tempo de desprazamento de regreso, debidamente acreditados.

Concédenselle os mesmos dereitos á compañeira/o ca á esposa/o, tanto nos casos de maternidade como enfermidade.

Tódolos días indicados anteriormente se considerarán naturais.

Réxime económico

Artigo 19º.-Crecemento salarial.

A partir do 1 de xaneiro de 2001 rexerán para tódolos efectos os salarios que figuran na táboa anexa e que supuxeron un incremento salarial do 2,75%, máis 3.750 pesetas en cada unha das 16 pagas, incrementando o complemento de convenio. O incremento porcentual, é dicir, o 2,75%, aplicarase a tódolos conceptos salariais, agás no seguro de accidentes ó que neste caso se lle aplicará o 4,75%.

Artigo 20º.-Principios xerais sobre retribución.

Tódolos conceptos salariais que figuran no presente convenio teñen a consideración de retribucións brutas, e sobre elas efectuaranse as correspondentes deduccións por Seguridade Social, IRPF e calquera outra que puidera corresponder por aplicación legal.

Artigo 21º.-Conceptos retributivos.

Salario base.

Complementos salariais.

-Complemento convenio.

-Antigüidade.

-Complemento asistencia.

-Complemento de tarde.

-Complemento de noite.

-Complemento de traballos especiais.

-Complemento sección corte de peixe.

-Prima por traballo a baixa temperatura.

-Complemento de traballos penosos, insalubres, perigosos.

-Complemento controlista.

-Pagas extraordinarias.

-Bolsa de vacacións.

-Complemento de distancia.

-Axudas de custo.

* Salario base.

Salario por unidade de tempo ou de obra: o determinado no convenio e que figura na táboa salarial.

* Complementos salariais.

-Complemento convenio.

Salario de cualificación por categoría profesional e é o que consta na táboa salarial.

-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio desfrutarán de bienios ó 5% do salario mínimo interprofesional ata o máximo de 18 bienios, segundo o cálculo seguinte:

a) Bienios cumpridos ata o 1-1-1985 calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional de 37.170 pesetas.

b) Bienios a cumprir a partir do 1-1-1985 calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional vixente no momento de cumprir tal bienio.

A cantidade resultante de suma-lo calculado nas letras a) e b) configurará o importe da antigüidade adquirida.

A antigüidade computarase desde o 1 de xaneiro do ano no que se cumpra o bienio.

-Complemento de asistencia.

Está en relación cos días de asistencia ó traballo e é o que consta na táboa salarial.

-Prima de tarde.

Establécese un complemento por traballar na quenda de tarde, que consistirá na cantidade de 7.809 pesetas (46,93 euros) mensuais ou a cantidade que proporcionalmente corresponda en función dos días efectivamente traballados nesa quenda, que supoñen 371 pesetas (2,23 euros)/tarde.

Esta prima devengarase nas pagas extras e absorbe as cantidades que se viñan percibindo por este concepto e polo prima de tarde.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas que puidese ter algún traballador por estes conceptos, no seu conxunto global.

-Complemento de noite.

Incrementarase o complemento actual nun 2,75%. Este complemento aboarase nas pagas extras.

-Complemento de traballos especiais.

Percibirase segundo consta na táboa salarial anexa.

-Complemento sección corte de peixe.

Establécese un complemento por traballar na sección corte de peixe de 10.340 pesetas (62,14 euros) mensuais ou a cantidade que proporcionalmente corresponda en función dos días efectivamente traballados nesa sección, que supoñen 470 pesetas (2,82 euros)/día. Tamén percibirá este complemento o persoal que non sexa do equipo e que voluntariamente se incorpore a el.

-Prima por traballo a baixa temperatura.

Establécese esta prima para quen desenvolva o seu traballo no interior de cámaras frigoríficas a temperaturas iguais ou inferiores a -18º C. A esta prima aplicaráselle sempre o aumento acordado en cada convenio, non afectándolle a incidencia do salario mínimo interprofesional. En todo caso, respectaranse no seu conxunto as condicións máis beneficiosas que nestes momentos desfrutan os conductores de carretas elevadoras que, de acordo con este artigo, percibirán unha prima por día de traballo de 574 pesetas (3,45 euros).

-Complemento de traballos penosos, molestos, insalubres e perigosos.

A todo o persoal que polas súas condicións de traballo se lle recoñeza actualmente unha prima polos ditos traballos, seguiráselle recoñecendo este dereito na contía que figura na táboa salarial anexa. Estes traballos pagaranse proporcionalmente ó tempo traballado.

Os demais traballadores que eventualmente teñan que realizar traballos desta natureza, percibirán un complemento do 20% do salario base, en proporción ó tempo traballado nestas condicións e mentres realicen o dito traballo.

-Complemento de controlista.

Establécese un complemento de 257 pesetas (1,54 euros) por día traballado.

-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado por este convenio desfrutará de catro pagas extraordinarias, aboadas a razón dunha mensualidade composta por salario base, complemento de convenio, complemento de distancia, prima de tarde, complemento de traballos especiais e complemento de traballos penosos, maila antigüidade, como se vén facendo ata a data. Estas pagas corresponden a:

a) O día 15 de marzo.

b) O día 15 de xullo.

c) O día 15 de outubro.

d) O día 15 de decembro.

As ditas pagas faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

As pagas correspondentes ós días 15 de xullo e 15 de decembro serán aboadas por semestres. A paga correspondente ó 15 de marzo, para o persoal que ingrese durante o ano, farase efectiva o día 31 de decembro, aboándoselle na súa parte proporcional. A paga correspondente ó 15 de outubro seguirase devengando de acordo coa normativa da empresa, de considerala como paga de asistencia ó traballo e proporcionalmente ó tempo traballado, tendo tal consideración a situación de incapacidade temporal derivada de accidente laboral, maternidade e cando se produza a consecuencia de intervención cirúrxica ou de hospitalización.

-Bolsa de vacacións.

Recoñéceselle a todo o persoal afectado polo convenio unha bolsa de vacacións de 90.000 pesetas (540,91 euros), que se fará efectiva coa paga de xullo.

-Complemento de distancia.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá, en concepto de complemento de distancia, a cantidade que figura na táboa anexa.

-Axudas de custo.

Cando por necesidades da actividade da empresa se considere precisa a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en tres ou máis horas, a empresa facilitará unha axuda de custo de comida de 1.836 pesetas (11,04 euros). Deberá entonces partirse a xornada laboral, considerándose un tempo entre 30 e 60 minutos, segundo circunstancias, para poder realizar tal comida. Se esta continuidade da xornada laboral corresponde á segunda quenda de traballo, aplicarase cando se realicen dúas ou máis horas extraordinarias despois da dita xornada, en concepto de cea.

Nos casos especiais, co consentimento do seu xefe correspondente, se as necesidades do traballo urxente o requiren, poderíase autoriza-lo pagamento da

axuda de custo sen a partición da xornada laboral establecida.

Beneficios sociais

Artigo 22º.-Idade de xubilación.

Queda establecida a xubilación, con carácter obrigatorio ós 65 anos de idade, para todo o persoal da empresa, sempre que reúna os requisitos necesarios para ter dereito á pensión de xubilación do sistema da Seguridade Social.

Ó se produci-la xubilación de acordo co disposto no parágrafo anterior, reconoceráselle ó traballador un premio segundo a seguinte escala:

a) Traballadores cunha antigüidade de 30 anos: catro mensualidades.

b) Traballadores cunha antigüidade de 20 anos: tres mensualidades.

c) Traballadores cunha antigüidade de 15 anos: dúas mensualidades.

d) Traballadores cunha antigüidade de 10 anos: unha mensualidade.

Se a xubilación se anticipa á idade de 65 anos, gratificaráselle con quince días máis por ano de anticipación.

Artigo 23º.-Seguro.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, a empresa, mediante a concertación de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantiralles os seus traballadores ou, de se-lo caso, ós seus herdeiros, e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día:

1. Por accidente non laboral.

1.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo asignara, percibirán a cantidade de 8.413.865 pesetas (50.568,35 euros).

1.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e grande invalidez.

O traballador percibirá a cantidade 8.413.865 pesetas (50.568,35 euros) para os primeiros casos, 16.827.728 pesetas (101.136,68 euros), para os segundos e 33.655.460 pesetas(202.273,38) para os terceiros.

2. Por accidente laboral.

2.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a, persoa que el mesmo asignara, percibirán a cantidade de cantidade 8.413.865 pesetas (50.568,35 euros).

2.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e grande invalidez.

O traballador percibirá a cantidade 8.413.865 pesetas (50.568,35 euros) para os primeiros casos,

16.827.728 pesetas (101.136,68 euros) para os segundos e 33.655.460 pesetas (202.273,38) para os terceiros.

Entenderase por invalidez permanente total, a incapacidade que inhabilite o traballador, de xeito permanente, para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanente absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador de xeito permanente, para toda profesión ou oficio.

Entenderase por grande invalidez a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta e que, por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como son vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros e entregarase ó comité de empresa unha copia oficial.

Artigo 24º.-Complemento IT.

Cando o persoal da empresa estea en situación de incapacidade temporal, terá un complemento de ata o 100% do salario real, é dicir, percibirá a totalidade do salario como se estivese traballando.

Artigo 25º.-Utilización de servicios de comedor.

Todo o persoal da empresa ten dereito ó servicio de cociña e comedores de acordo coas condicións actuais, dentro do horario establecido para tal efecto.

Artigo 26º.-Tenda de peixe.

Todo o persoal pertencente ó cadro de persoal de Pescanova Chapela, S.A., ou pensionistas dela, terá dereito á adquisición de productos comercializados por Pescanova, S.A., na tenda establecida para o efecto, nas condicións de pagamento seguintes:

a) Pagamento a crédito.

1. Productos elaborados/precociñados/vexetais, prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto do 5%.

2. Marisco: prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto de 20 pesetas/kg.

3. Peixe enteiro/filetes/graneis: prezo de tarifa oficial de Pescanova.

Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre prezo de tarifa.

b) Pagamento ó contado.

1. Productos elaborados/precociñados/vexetais, prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto do 7,5%.

2. Marisco: prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto de 30 pesetas/kg.

3. Peixe enteiro/filete/graneis: prezo de tarifa oficial de Pescanova, cun desconto de 3 pesetas/kg.

Sobre os prezos anteriores incrementarase o IVE sobre prezo de tarifa.

Cando a empresa faga unha promoción dos seus productos nas grandes áreas de alimentación da zona, esta farase igualmente na tenda da factoría.

Artigo 27º.-Fondo de pensións.

A empresa estudiará un plan de pensións para todo o seu persoal que, no seu momento, terá carácter voluntario para os traballadores.

Seguridade e saúde laboral

Artigo 28º.-Principio xeral.

As partes asinantes do presente convenio comprométense a adopta-las medidas necesarias para asegura-la eficaz prevención dos riscos para a saúde e integridade física dos traballadores, actuando sobre os métodos e as condicións de traballo, así como sobre a actitude das persoas.

Artigo 29º.-Recoñecementos médicos.

Levarase a cabo un recoñecemento médico, con carácter previo á incorporación ó traballo, que se efectuará o servicio médico de empresa ou unha entidade coa que se concerte tal prestación.

Anualmente e en todo caso sempre que así proceda, efectuaráselles un recoñecemento médico a tódolos traballadores.

Artigo 30º.-Roupa e medios de protección persoal.

A empresa proporcionaralles ós traballadores os medios e as roupas de protección persoal que resulten esixibles para cada situación de risco, e faralles entrega das seguintes pezas de roupa:

Operarios/as e encargados/as:

Par de zocos: 1.

Batas: 2.

Xerseis: 1.

Par de calcetíns: 4.

Mandís de plástico: 2.

Cámaras:

Par de botas illantes: 1.

Pasamontañas: 1.

Xerseis: 1.

Fundas: 2.

Traxe de frío: 1.

Par de calcetíns: 4.

Camiseta de frío: 2.

Mantemento:

Par de botas: 1.

Conxuntos: 3.

Par de calcetíns: 4.

Camiseta de frío: 2.

Xerseis: 1.

Anorak: 1.

Mozos e peóns:

Par de botas: 1.

Fundas: 2.

Par de calcetíns: 4.

Xerseis: 1.

Camiseta de frío: 2.

Resto do persoal:

Batas: 2.

Par de zocos: 1.

A todo o persoal que entre nas cámaras proporcionaráselle a roupa de frío adecuada.

Artigo 31º.-Vestiario.

Polas circunstancias do traballo, será preciso que certo persoal utilice vestiario axeitado ó traballo que efectúa. En tal caso, a empresa proverá o vestiario correspondente. A definición de tal vestiario e a súa calidade, así como os prazos de entrega, será consecuencia das disposicións vixentes, dos requirimentos especiais de traballo e do seu estudio técnico-sanitario, oído o comité de saúde da empresa. Este vestiario será de dous equipos anuais, e farase entrega del na primeira quincena do mes de xaneiro.

Debido á mobilidade funcional, a tódolos traballadores que teñan que ocupar postos de traballo a baixa temperatura (paella, filete, etc.) incorporaráselles nos equipos anuais un xersei (modelo Frinova) e uns quentadores.

Dereitos sindicais

Artigo 32º.-Garantías sindicais.

A empresa garantirá o exercicio de tódolos dereitos dos representantes legais dos traballadores recoñecidos no Estatuto dos traballadores, texto refundido (Real decreto lei 1/1995, do 24 de marzo).

Non serán contabilizadas no cómputo de horas sindicais as destinadas a reunións coa empresa.

O crédito horario poderase acumular nun ou varios traballadores trimestralmente, logo de aviso e negociación coa empresa.

O crédito horario non se computará para efectos de cálculo do índice de absentismo.

Artigo 33º.-Asembleas.

Os traballadortes de Pescanova Chapela, S.A., ademais do dereito recoñecido no artigo 77 do Estatuto dos traballadores, terán dereito á realización dentro da xornada laboral dun máximo de 3 asembleas ó ano cunha duración non superior a 30 minutos cada unha.

A convocatoria e desenvolvemento destas asembleas regularase polo disposto no Estatuto dos traballadores.

Asínase en Chapela, 3 de xullo de 2001.

A empresaO comité de empresa

Asdo.Asdo.

Táboa salarial 2000

CategoríasSalario

base

Complemento asistenciaComplemento convenioComplemento distanciaTraballos especiaisTraballos penososTotal mes

(pesetas)

Total ano

(pesetas)

I. Técnicos titulados

Grao superior e asimilados81.65114.952137.33111.319245.2533.864.240

Técnicos76.92213.533112.96411.162214.5813.379.164

Titulado superior en prácticas

a) Primeiro ano81.65170.899152.5502.440.800

b) Segundo ano81.651105.116186.7672.988.272

Titulado grao medio en prácticas

a) Primeiro ano76.92239.130116.0521.856.832

b) Segundo ano76.92264.222141.1442.258.304

Xefe métodos e tempos76.92213.380100.88211.054202.2383.182.288

II. Técnicos non titulados

Encargados producción76.9227.22580.2279.929174.3032.759.948

Xefe de equipo76.9227.03139.7579.42615.384148.5202.348.196

Encargado/xefe equipo taller76.9227.05467.0889.9227.053168.0392.660.408

Técnico mantemento76.9227.05566.4959.9227.055167.4492.650.964

Encargado mantemento76.9227.05667.5859.927161.4902.555.616

Encargado frigorista76.9227.09460.0419.92915.384169.3702.681.544

Encargado maior76.9227.14360.4119.92915.384169.7892.688.052

Encargado oficios varios76.9227.67841.8669.21015.384151.0602.386.248

III. Administrativos

Xefe de 1ª A76.9229.115125.0839.924221.0443.500.244

Xefe de 1ª B76.9228.052101.4299.924196.3273.109.024

Xefe de 2ª A76.9227.72787.8669.924182.4392.888.116

Xefe de 2ª B76.9227.72480.2479.924174.8172.766.176

Xefe de 3ª76.9227.72476.0309.924170.6002.698.704

Operador76.9227.50163.8899.929158.2412.501.852

Oficial 1ª A76.9225.89567.36410.363160.5442.545.124

Oficial 1ª B76.9225.56163.1569.924155.5632.466.764

Oficial 2ª A76.9225.27759.7729.924151.8952.409.212

CategoríasSalario

base

Complemento asistenciaComplemento convenioComplemento distanciaTraballos especiaisTraballos penososTotal mes

(pesetas)

Total ano

(pesetas)

Oficial 2ª B76.9224.69051.4059.924142.9412.268.296

Auxiliar76.9224.12237.2689.924128.2362.035.288

Auxiliar de entrada76.9223.04724.6639.924114.5561.820.708

Axudante de laboratorio76.9224.12240.2789.924131.2462.083.448

IV. Mantemento

Oficial 1ª76.9227.05660.8929.927154.7972.448.528

Oficial 2ª76.9227.00048.9829.927142.8312.257.296

Oficial 3ª76.9227.00043.0959.9277.692144.6362.286.176

Albanel oficial76.9227.00041.9119.927135.7602.144.160

Electricista 1ª76.9227.00060.7279.9277.692162.2682.568.288

Electricista 2ª76.9227.00049.5189.9277.692151.0592.388.944

Especialista taller mecánico76.9226.98744.2729.922138.1032.181.700

Especialista albanel76.9226.98741.9109.922135.7412.143.908

Oficial 1ª axustador76.9227.05460.8929.922154.7902.448.424

Oficial 2ª axustador76.9227.00048.9829.922142.8262.257.216

Oficial 1ª torneiro76.9227.05660.8919.922154.7912.448.432

Oficial 2ª torneiro76.9227.00047.6649.922141.5082.236.128

Oficial 2ª soldador76.9227.00047.6649.922141.5082.236.128

V. Sala de máquinas

Frigorista76.9227.03143.9869.9227.692145.5532.300.724

Axudante frigorista76.9227.03134.9899.9227.6927.692144.2482.279.844

Mecánico frigorista76.9226.47559.0799.922152.3982.412.468

VI. Factoría-oficios varios

Especialista fabricación76.9228.61526.6839.0713.267124.5581.958.468

Operaria/o76.9227.58326.6837.0383.132121.3581.911.396

Especialista oficios varios76.9226.99027.7189.16115.384136.1752.150.840

Especialista cámaras76.9226.98727.7189.92215.384136.9332.162.980

Mozo76.9226.96825.3559.21015.384133.8392.113.552

Táboa salarial 2001

CategoríasSalario

base

Complemento asistenciaComplemento convenioComplemento distanciaTraballos especiaisTraballos penososTotal mes

(pesetas)

Total ano

(pesetas)

I. Técnicos titulados

Grao superior e asimilados83.89615.363144.85811.630255.7474.030.500

Técnicos79.03713.905119.82111.469224.2323.532.092

Titulado superior en prácticas

a) Primeiro ano83.89676.599160.4952.567.920

b) Segundo ano83.896111.757195.6533.130.448

Titulado grao medio en prácticas

a) Primeiro ano79.03743.956122.9931.967.888

b) Segundo ano79.03769.738148.7752.380.400

Xefe métodos e tempos79.03713.748107.40611.358211.5493.329.792

II. Técnicos non titulados

Encargados producción79.0377.42486.18310.202182.8462.895.840

Xefe de equipo79.0377.22444.6009.68515.807156.3532.472.752

Encargado/xefe equipo taller79.0377.24872.68310.1957.247176.4102.793.568

Técnico mantemento79.0377.24972.07410.1957.249175.8042.783.868

Encargado mantemento79.0377.25073.19410.200169.6812.685.896

Encargado frigorista79.0377.28965.44210.20215.807177.7772.815.276

Encargado maior79.0377.33965.82210.20215.807178.2072.821.956

Encargado oficios varios79.0377.88946.7679.46315.807158.9632.511.852

III. Administrativos

Xefe de 1ª A79.0379.366132.27310.197230.8733.656.504

Xefe de 1ª B79.0378.273107.96810.197205.4753.254.508

Xefe de 2ª A79.0377.93994.03210.197191.2053.027.524

Xefe de 2ª B79.0377.93686.20410.197183.3742.902.240

Xefe de 3ª79.0377.93681.87110.197179.0412.832.912

Operador79.0377.70769.39610.202166.3422.630.644

Oficial 1ª A79.0376.05772.96710.648168.7092.675.116

Oficial 1ª B79.0375.71468.64310.197163.5912.594.600

Oficial 2ª A79.0375.42265.16610.197159.8222.535.464

CategoríasSalario

base

Complemento asistenciaComplemento convenioComplemento distanciaTraballos especiaisTraballos penososTotal mes

(pesetas)

Total ano

(pesetas)

Oficial 2ª B79.0374.81956.56910.197150.6222.390.676

Auxiliar79.0374.23542.04310.197135.5122.151.252

Auxiliar de entrada79.0373.13129.09110.197121.4561.930.772

Axudante de laboratorio79.0374.23545.13610.197138.6052.200.740

IV. Mantemento

Oficial 1ª79.0377.25066.31710.200162.8042.575.864

Oficial 2ª79.0377.19354.07910.200150.5092.379.372

Oficial 3ª79.0377.19348.03010.2007.904152.3642.409.052

Albanel oficial79.0377.19346.81410.200143.2442.263.132

Electricista 1ª79.0377.19366.14710.2007.904170.4812.698.924

Electricista 2ª79.0377.19354.63010.2007.904158.9642.514.652

Especialista taller mecánico79.0377.17949.23910.195145.6502.301.684

Especialista albanel79.0377.17946.81310.195143.2242.262.868

Oficial 1ª axustador79.0377.24866.31710.195162.7972.575.760

Oficial 2ª axustador79.0377.19354.07910.195150.5042.379.292

Oficial 1ª torneiro79.0377.25066.31610.195162.7982.575.768

Oficial 2ª torneiro79.0377.19352.72510.195149.1502.357.628

Oficial 2ª soldador79.0377.19352.72510.195149.1502.357.628

V. Sala de máquinas

Frigorista79.0377.22448.94610.1957.904153.3062.424.000

Axudante frigorista79.0377.22439.70110.1957.9047.904151.9652.402.544

Mecánico frigorista79.0376.65364.45410.195160.3392.538.812

VI. Factoría-oficios varios

Especialista fabricación79.0378.85231.1679.3203.357131.7332.072.320

Operaria/o79.0377.79231.1677.2323.218128.4462.023.968

Especialista oficios varios79.0377.18232.2309.41315.807143.6692.269.976

Especialista cámaras79.0377.17932.23010.19515.807144.4482.282.452

Mozo79.0377.16029.8029.46315.807141.2692.231.664

Táboa salarial 2001

Euro: 166,386 pesetas.

CategoríasSalario

base

Complemento asistenciaComplemento convenioComplemento distanciaTraballos especiaisTraballos penososTotal mes

(euros)

Total ano

(euros)

I. Técnicos titulados

Grao superior e asimilados504,2392,33870,6169,901.537,0724.223,79

Técnicos475,0283,57720,1468,931.347,6621.228,30

Titulado superior en prácticas

a) Primeiro ano504,23460,37964,5915.433,51

b) Segundo ano504,23671,671.175,9018.814,37

Titulado grao medio en prácticas

a) Primeiro ano475,02264,18739,2011.827,25

b) Segundo ano475,02419,13894,1614.306,49

Xefe métodos e tempos475,0282,63645,5268,261.271,4420.012,45

II. Técnicos non titulados

Encargados producción475,0244,62517,9761,321.098,9317.404,35

Xefe de equipo475,0243,42268,0558,2195,00939,7014.861,54

Encargado/xefe equipo taller475,0243,56436,8361,2743,561.060,2516.789,68

Técnico mantemento475,0243,57433,1761,2743,571.056,6016.731,38

Encargado mantemento475,0243,57439,9061,301.019,8016.142,56

Encargado frigorista475,0243,81393,3161,3295,001.068,4616.920,15

Encargado maior475,0244,11395,6061,3295,001.071,0516.960,30

Encargado oficios varios475,0247,41281,0856,8795,00955,3915.096,53

III. Administrativos

Xefe de 1ª A475,0256,29794,9861,291.387,5721.976,03

Xefe de 1ª B475,0249,72648,9061,291.234,9319.559,99

Xefe de 2ª A475,0247,71565,1461,291.149,1718.195,79

Xefe de 2ª B475,0247,70518,1061,291.102,1017.442,81

Xefe de 3ª475,0247,70492,0561,291.076,0617.026,14

Operador475,0246,32417,0861,32999,7415.810,49

Oficial 1ª A475,0236,40438,5464,001.013,9616.077,77

Oficial 1ª B475,0234,34412,5561,29983,2015.593,86

CategoríasSalario

base

Complemento asistenciaComplemento convenioComplemento distanciaTraballos especiaisTraballos penososTotal mes

(euros)

Total ano

(euros)

Oficial 2ª A475,0232,59391,6661,29960,5515.238,45

Oficial 2ª B475,0228,96339,9961,29905,2614.368,25

Auxiliar475,0225,45252,6861,29814,4412.929,28

Auxiliar de entrada475,0218,82174,8461,29729,9711.604,17

Axudante de laboratorio475,0225,45271,2761,29833,0313.226,71

IV. Mantemento

Oficial 1ª475,0243,57398,5761,30978,4715.481,25

Oficial 2ª475,0243,23325,0261,30904,5814.300,31

Oficial 3ª475,0243,23288,6761,3047,50915,7314.478,69

Albanel oficial475,0243,23281,3661,30860,9113.601,70

Electricista 1ª475,0243,23397,5561,3047,501.024,6116.220,86

Electricista 2ª475,0243,23328,3361,3047,50955,3915.113,36

Especialista taller mecánico475,0243,15295,9361,27875,3713.833,40

Especialista albanel475,0243,15281,3561,27860,7913.600,11

Oficial 1ª axustador475,0243,56398,5761,27978,4315.480,63

Oficial 2ª axustador475,0243,23325,0261,27904,5514.299,83

Oficial 1ª torneiro475,0243,57398,5761,27978,4415.480,68

Oficial 2ª torneiro475,0243,23316,8861,27896,4114.169,63

Oficial 2ª soldador475,0243,23316,8861,27896,4114.169,63

V. Sala de máquinas

Frigorista475,0243,42294,1761,2747,50921,3914.568,53

Axudante frigorista475,0243,42238,6161,2747,5047,50913,3314.439,58

Mecánico frigorista475,0239,99387,3861,27963,6615.258,57

VI. Factoría-oficios varios

Especialista fabricación475,0253,20187,3256,0120,18791,7312.454,89

Operaria/o475,0246,83187,3243,4719,34771,9812.164,29

Especialista oficios varios475,0243,16193,7156,5795,00863,4713.642,83

Especialista cámaras475,0243,15193,7161,2795,00868,1513.717,81

Mozo475,0243,03179,1156,8795,00849,0413.412,57