Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Venres, 18 de xaneiro de 2002 Páx. 716

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 10 de xaneiro de 2002 pola que se modifica o prazo das subvencións ás entidades de promoción do Camiño de Santiago para o ano 2002, e ás empresas privadas que realicen actividades de promoción e difusión dos Camiños de Santiago no ano 2002, convocadas polas ordes do 11 de decembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 20 de decembro e do 24 de decembro de 2001).

As ordes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 11 de decembro de 2001, polas que se convocan subvencións ás entidades de pro

moción do Camiño de Santiago para o ano 2002, e ás empresas privadas que realicen actividades de promoción e difusión dos Camiños de Santiago no ano 2002, no seu artigo 5º establecen como data límite de presentación de solicitudes o 31 de xaneiro de 2002.

As subvencións teñen como finalidade axudar a que as asociacións, fundacións, empresas privadas e particulares que teñen como marco de actuación o Camiño de Santiago poidan realiza-las súas actividades; tense, ademais, en conta que moitas desas entidades son estranxeiras, polo que as devanditas subvencións gozan dunha dimensión internacional.

Polo exposto, e dado que as solicitudes de subvencións poden proceder de moi diversos lugares, o cal incidiría na data de chegada da documentación requirida nas ordes de referencia, considérase preciso amplia-lo prazo previsto no mencionado artigo 5º.

Para tal fin,

DISPÓN:

Artigo único.-Prorrógaselle-lo prazo de presentación de solicitudes de subvencións ás entidades de promoción do Camiño de Santiago para o ano 2002, e ás empresas privadas que realicen actividades de promoción e difusión dos Camiños de Santiago no ano 2002, convocadas polas ordes do 11 de decembro de 2001 (DOG do 20 e do 24 de decembro de 2001), ata o 15 de febreiro de 2002.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2002.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo