Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2002 Páx. 502

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (386/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 386/2001, por instancia de José Antonio España Rodríguez contra Empresas Losas Iglesias Hermanos, S.L. e outros sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, o 11 de decembro de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 386/2001, seguidos por instancia de José Manuel España Rodríguez, maior de idade, asistido polo letrado Miguel Taboada Pérez, contra a empresa La Voz de Galicia, S.A. representada e asistido polo letrado Javier García Ruíz; o Fogasa, representado e asistido polo letrado Ramón Novoa Cisneros, e a empresa Losas Iglesias Hermanos, S.L., que non compareceu, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen os feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando parcialmente a demanda interposta polo demandante José Manuel España Rodríguez contra Losas Iglesias Hermanos, S.L. e La Voz de Galicia, S.A., intervindo o Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Losas Iglesias Hermanos, S.L. a que lle aboe á parte demandante a cantidade de 151.634 pesetas máis o 10% de xuro de mora, absolvendo a La Voz de Galicia, S.A. dos pedimentos da demanda en atención á súa falta de lexitimación pasiva.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, do que coñecerá no caso a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Losas Iglesias Hermanos, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esa cédula na Coruña o 11 de decembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado