Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2002 Páx. 503

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (382/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o nº 382/2001 por instancia de Luis Aba Presedo contra INSS e outros sobre xubilación, dictouse a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña, 12 de decembro de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo nº 382/2001, seguidos por instancia de Luis Aba Presedo, maior de idade, asistido polo graduado social Isidro Pousada Vales, contra o INSS, representado e asistido pola letrada Belén Guerra Díaz; a Tesorería Xeral da Seguridade Social, que non comparece; o ISM, representado e asistido polo letrado Carlos Ojea Carballeira; a Compañía Logística de Hidrocarburos, CLH, S.A., representada e asistida polo letrado José Manuel Sánchez Cervera y Senra e a empresa Ponte Naya (Compañía Marítima), S.A., que non compareceu, sendo o obxecto da reclamación, xubilación.

Seguen feitos e fundamentos de dereito:

Decido que, estimando a demanda interposta polo demandante, Luis Aba Presedo contra o INSS, a Tesorería Xeral da Seguridade Social, o ISM, a Compañía Logística de Hidrocarburos, CLH, S.A.; e Ponte Naya (Compañía Marítima), S.A., debo declarar e declaro que o demandante ten dereito a percibi-la pensión de xubilación sobre o 100% da súa base reguladora de 145.504 pesetas, condenando ás entidades demandadas a estar e pasar por tal declaración e ó INSS ó efectivo aboamento na forma regulamentariamente establecida con efectos do 1-11-2000.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Ponte Naya (Compañía Marítima), S.A., mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido, asino esta cédula na Coruña, 12 de decembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado