Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 03 de xaneiro de 2002 Páx. 75

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 28 de novembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída no procedemento de compatibilidade solicitada por José Manuel Faraldo Lorenzo.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 18 de maio de 2001, resolución no procedemento de compatibilidade incoado por José Manuel Faraldo Lorenzo, e autorízalle a compatibilidade solicitada nos termos e coas condicións que se indican nela.

Tentada a notificación da devandita resolución a través do servicio de correos por dúas veces ó domicilio indicado polo interesado para efectos de notificacións, así como tres veces ó seu centro de traballo, esta non se puido practicar, e foi devolta polo servicio de correos.

En virtude das razóns expostas, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, en concordancia co seu artigo 61, en virtude deste anuncio, notifícalle a José Manuel Faraldo Lorenzo a resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, con data do 18 de maio de 2001, pola que se resolve en determinados termos a solicitude de recoñecemento de compatibilidade formulada polo interesado entre actividade pública e privada.

O solicitante poderá recolle-la resolución mediante comparecencia na Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública, sita no edificio administrativo San Caetano, 1-3º en Santiago de Compostela, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñe-lo interesado, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa comparecencia, para recolle-la resolución, ou, en todo caso, ó do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, á elección do/a demandante, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición na que teña aquel o seu enderezo ou o de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA