Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 03 de xaneiro de 2002 Páx. 75

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (264/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño: nos autos de xuízo número 264/2001, seguidos por instancia de Luisa Trelles Dorado, contra a empresa Esproart 2000, S.L., sobre cantidade, dictouse a sentencia que ten como encabezamento e decisión o seguinte:

Sentencia.

En Lugo o 20 de novembro de 2001.

Vistos por María de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos dimanantes de xuízo verbal número 264/2001, sobre cantidade, no que son partes como demandante Luisa Trelles Dorado, representada polo graduado social José Luis Piñón Calvo e como parte demandada o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez.

Non comparece a empresa Esproart 2000, S.L., malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando en parte a demanda interposta por Luisa Trelles Dorado contra a empresa Esproart 2000, S.L., debo condenar e condeno a empresa citada a que lle aboe á demandante a cantidade bruta de cento noventa e dúas mil trescentas sesenta e cinco pesetas (192.365 pesetas), polos conceptos expresados no quinto dos feitos probados da presente resolución.

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da eventual responsabilidade subsidiaria que puidera alcanzarlle en caso de declaración da insolvencia empresarial.

Notifíquese esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra esta cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións número 2322-69 número de autos 264/2001, que este xulgado do social ten aberta no Banco de Bilbao-Vizcaya desta cidade, rúa da Raíña, número 1, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse

consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico, ou se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá cons

ta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 25.000 pesetas prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na mesma conta número 2322-65-número de autos 264/2001 do Banco Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de se-la empresa demandada condenada que o interpuxera, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo.

María de los Ángeles Andrés Vega.

Rubricado.

Publicación.

Lida e publicada foi a anterior sentencia pola maxistrada que a subscribe, que se atopaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico.

Rafael González Alió.

Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal e para que sirva de notificación en forma á empresa Esproart 2000, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 20 de novembro de 2001.

O secretario

Rubricado