Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 03 de xaneiro de 2002 Páx. 74

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (982/2000).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 982/2000 por instancia de Manuel Pavón Blanco contra Ana María Enriqueta Jato Nogueira, Ana Julia Harfuch Palacio, María del Carmen Gómez Martínez, Marcos David Diego Álvarez y Rodolfo Norberto Pazos, la Asociación Protectora de Animales Abandonados Matilde Figueroa o Apadam (sobre despedimento), nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que estimando a excepción de incompetencia de xurisdicción alegada e desestimando a demanda deducida por Manuel Pavón Blanco contra Ana Jato Nogueira, Marcos David Diego Álvarez, Rodolfo Fernández Pazos, Ana Julia Harfuch y la Asociación Protectora de Animales Abandonados Matilde Figueroa o Apadam debo absolver y absuelvo a parte demandada sen entrar a resolver sobre o fondo do asunto, facéndolle saber que a xurisdicción competente é a xurisdicción civil.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se dará por recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o día seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante a comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito este sen o cal tense por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberá consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, coa clave 65, entregándose xustificante na secretaría ó

tempo de interpoñe-lo recurso declarándose desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando, en primeira instancia, o pronuncioo, mándoo e asínoo».

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais par a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que consta, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á Marcos David Diego Álvarez, expido e asino a presente cédula na Coruña, a 22 de novembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado