Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 03 de xaneiro de 2002 Páx. 74

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE LUGO

EDICTO-CÉDULA de notificación (109/2001).

Ricardo Vigal Brey, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Lugo e o seu partido xudicial, fai saber que nos autos que se fará mención se dictou sentencia que ten como encabezamento e decisión o teor literal seguinte:

«Sentencia.

En Lugo, o vinteoito de setembro de dous mil un.

vistos por min, Susana Vázquez Mariño, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal 109/2001, seguidos por instancia de José Manuel Fernández López, presentado polo procurador Manuel Mourelo Caldas e baixo a dirección letrada de José Soto López, contra Manuel Joaquín de Sousa Andrade declarado en rebeldía, e Ana Asunción Cabana Meilán representada pola procuradora Ana María Fernández Santos e baixo a dirección letrada de Manuel Tejada Lorenzo, sobre responsabilidade extracontractual baseada na culpa aquiliana derivada de accidente de circulación.

Decido que desestimo a demanda interposta pola procuradora Mourelo Caldas, en nome e representación de José Manuel Fernández López, contra Manuel Joaquín de Sousa Andrade e María Asunción Cabana Meilán, ós que absolvo das pretensións deducidas contra eles, con imposición de custas á parte demandante.

Modo de impugnación: a presente resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación neste xulgado para ante a Audiencia Provincial de Lugo, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta sentencia, que se notificará en legal forma ás partes, definitivamente xulgando en primera instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentencia pola xuíza que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no mesmo día da súa data, dou fe en Lugo.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado Manuel de Sousa Andrade como consecuencia do seu ignorado paradoiro, esténdese o presente edicto.

Lugo, 13 de novembro de 2001.

O secretario

Rubricado