Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 03 de xaneiro de 2002 Páx. 73

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (375/2000).

César Orgeira Maceiras, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas número 375/2000 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Sentencia 00084/2001.

Procedemento: xuízo de faltas 375/2000.

En Betanzos o 26 de xuño de 2001.

Vistos por min, Elena Fernández Curras, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, os presentes autos de xuízo de faltas número 375/2000, nos que foron partes o fiscal e como implicados María Carmen Couceiro Naveira, en calidade de denunciante e Emilio Díaz Lagares e María Taboada García como denunciados, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución e en nome de El-Rei, dicto a seguinte sentencia.

Decido que debo condenar e condeno a Emilio Díaz Lagares e María Taboada García como autores dunha falta do artigo 625.1º do Código penal, á pena de dez días de multa a razón de 700 pesetas diarias para cada un deles, con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas de multa non pagadas e que indemnicen solidariamente a María del Carmen Couceiro Naveira na cantidade de corenta e oito mil setecentas vinte pesetas (48.720) e con imposición dunha cuarta parte das custas a cada un dos acusados.

Que debo absolver e absolvo libremente a Emilio Díaz Lagares e María Taboada García da falta de coaccións que se lles imputaba, con declaración de oficio das dúas cuartas partes das custas procesuais causadas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos dous efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

E para que conste e lles sirva de notificación de sentencia a María Taboada García e Emilio Díaz Lagares, actualmente en paradoiro descoñecido, e

a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o 23 de novembro de 2001.

O secretario

Rubricado