Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 03 de xaneiro de 2002 Páx. 76

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (segregación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7023; XG-397, Pontevedra-Cangas-Bueu-Pontevedra-Vilagarcía de Arousa, con ane-

xos.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres,

e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación concesional (segregación de tráficos), da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7023; XG-397, Pontevedra-Cangas-Bueu-Pontevedra-Vilagarcía de Arousa, con anexos, da titularidade da empresa Transporte La Unión, S.A.

A solicitude de segregación de tráficos inclúe a transferencia destes a favor da empresa Gómez de Castro, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes