Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 31 de decembro de 2001 Páx. 16.602

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN E COOPERACIÓN EXTERIOR

DECRETO 403/2001, do 28 de decembro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

Publicado o Decreto 306/2001, do 15 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta

de Galicia, na que se integra a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, e establecidos os seus centros directivos polo Decreto 310/2001, do 17 de decembro, procede determina-la estructura orgánica desta consellería, atendendo ós principios de economía e eficacia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior, co informe previo das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda, en uso das súas atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinteoito de decembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior é o órgano da administración da Comunidade Autónoma ó que lle corresponden as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, relacións coas comunidades galegas no exterior, cooperación ó desenvolvemento, cooperación institucional corporativa, asociativa e fundacional de cara á configuración dunha imaxe integral de Galicia no exterior así como a orientación e integración do retornado.

Artigo 2º

A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, desempeñará as funcións da súa competencia a través dos seguintes órganos:

I. O conselleiro.

II. A Secretaría Xeral.

III. A Dirección Xeral de Emigración.

IV. A Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

I. O conselleiro.

Artigo 3º.

O conselleiro é a autoridade superior da consellería, e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro.

II. A Secretaría Xeral.

Artigo 4º

Un.-A Secretaría Xeral exercerá as funcións sinaladas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, ademais das que lle sexan singular ou especialmente encomendadas por delegación do titular do departamento.

Dous.-Baixo a dependencia directa do secretario xeral existirán as seguintes unidades:

1. Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario.

Exercerá as funcións de xestión de todo o persoal, a coordinación da elaboración do anteproxecto do

orzamento, o seu seguimento e control, a organización do rexistro e os demais aspectos relacionados co réxime interior.

Estrúcturase nas seguintes unidades:

1.1 Servicio de Réxime Orzamentario

Son funcións deste servicio:

a) A elaboración do anteproxecto de orzamento.

b) O seguimento da execución orzamentaria.

c) A habilitación de pagamentos relativos ó capítulo II.

d) O rexistro xeral da consellería e o réxime interior.

1.2 Servicio Técnico Xurídico e de Persoal.

Son funcións deste servicio:

a) Estudia-los proxectos de diposición que vaia promulga-la consellería adaptándoos ás prescricións do ordenamento xurídico cando así se lle encomende.

b) Elabora-las propostas de resolución dos recursos administrativos que debe resolve-lo conselleiro.

c) O estudio das disposicións de carácter xeral que deban someterse á Comisión de Secretarios Xerais e que sexan encargadas polo secretario xeral.

d) O rexistro, arquivo e custodia das disposicións legais emanadas da consellería ou dos seus centros directivos.

e) As funcións relativas ó exercicio do protectorado en relación con aquelas fundacións que se atopen baixo a tutela da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

f) A tramitación dos expedientes administrativos relativos ó persoal funcionario e laboral dependente da consellería.

g) A habilitación de pagamentos relativos ó capítulo I.

h)Programa-las necesidades de persoal da consellería.

i) O control de asistencia e puntualidade.

j) Aquelas outras actividades relativas ó persoal da consellería que, no seu ámbito de competencia, lle encomende o secretario xeral.

2. Dependendo organicamente da secretaría xeral, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades:

2.1 Intervención Delegada.

2.2 Asesoría Xurídica.

III. A Dirección Xeral de Emigración.

Artigo 5º

Un.-A Dirección Xeral de Emigración é o centro directivo encargado de executa-la política da Xunta de Galicia sobre comunidades galegas asentadas fóra

de Galicia. Para tal fin exercerá as seguintes competencias:

a) As actuacións na materia derivadas da Lei 4/1983, de 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

b) As relacións da Xunta de Galicia coas comunidades galegas asentadas fóra do territorio da Comunide Autónoma.

c) A preparación e, se é o caso, sinatura e seguimento da execución dos convenios de colaboración coas distintas administraccións públicas, os seus organismos e demais institucións e que, en relación cos galegos residentes no exterior, teñan por obxecto a consecución de actividades de tipo social, educativo, formativo e cultural que dado o caso procedan.

d) O fomento para a creación, a coordinación e a participación nas principais cidades do exterior nas que así o aconselle o apreciable volume de residentes galegos, de unidades de asesoramento nos centros galegos existentes ou que se creen.

Dous.-Para o exercicio das súas funcións e competencias a Dirección Xeral de Emigración estructúrase na seguinte forma:

1. A Subdirección Xeral de Emigración, á que lle corresponderá a asistencia ó director xeral nas súas competencias específicas e a coordinación e dirección dos servicios e a elaboración das disposicións, programas, estudios e propostas sobre as materias propias dos seus servicios.

Estructúrase nas seguintes unidades:

1.1. Servicio de Acción Social.

Son funcións deste servicio :

a) A xestión administrativa dos programas da consellería baixo a forma de axudas ou subvencións para plans ou programas de acción asistencial e social e de asistencia estructural, funcional e de equipamento dos centros galegos no exterior.

b) A proposta e establecemento das canles de comunicación necesarias cos centros galegos para información das actuacións, axudas e subvencións que vai desenvolve-la Comunidade Autónoma e demais administracións e institucións que resulten de interese para os galegos non residentes.

c) A proposta, articulación e deseño das medidas de actuación de asistencia social tendentes á mellora da calidade de vida dos galegos residentes fóra de Galicia.

d) A coordinación das actividades que presten as unidades de asesoramento nos centros galegos, nos termos nos que se recoñece no artigo 3.1º da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

e) A preparación dos contratos e convenios dentro das funcións da dirección xeral e a prestación do asesoramento que lle solicite o seu titular.

f) A elaboración de toda clase de estudios e informes que lle sexan solicitados pola dirección xeral.

g) A elaboración dos programas de acceso dos galegos non residentes ás prazas de distintas residencias da Xunta de Galicia e demais servicios sociais en colaboración coa consellería con competencia na materia.

1.2. Servicio de Acción Formativa e Cultural.

Son funcións deste servicio:

a) A xestión administrativa dos programas da consellería en forma de axudas, subvencións, cursos ou actividades nas áreas formativas e culturais e aquelas adicadas ós mozos descendentes dos galegos no exterior.

b) A confección e xestión dos programas de formación ou especialización dos mozos galegos residentes no exterior, así como a concesión ou, se é o caso, a proposta de bolsas para cursos, estudios universitarios e post-universitarios nas universidades galegas.

c) A elaboración e xestión de programas para a formación de carácter ocupacional e empresarial dos galegos no exterior nos propios países nos que residen ou para a integración de mozos na acción directiva das comunidades galegas.

d) Xestión do rexistro de comunidades galegas e o apoio ós órganos de consulta e asesoramento das institucións da Comunidade Autónoma no capítulo II da Lei 4/1983 de 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

e) A proposta de iniciativas de participación en traballos, conferencias e simposios de interese, así como a selección de relatorios e a realizacións das xestións necesarias para tales actos.

f) Elaboración de estudios, informes e xestión de programas que lle sexan encomendados polo director xeral.

IV. Dirección Xeral de Cooperación Exterior.

Artigo 6º.

Un.-Correspóndelle á Dirección Xeral de Cooperación Exterior a dirección e coordinación das actuacións da consellería en materia de cooperación ó desenvolvemento, cooperación institucional, corporativa, asociativa e fundacional e orientación e integración do retornado. Especificamente exercerá as seguintes funcións:

a) Subvencións ós proxectos de cooperación ó desenvolvemento, presentados polas ONG galegas.

b) Convenios de cooperación coas ONG galegas e as súas asociacións representativas.

c) Campañas de concienciación e sensibilización.

d) Participación de Galicia nos programas da Agencia Española de Cooperación Internacional.

e) Instrumentos de cooperación con entidades e institucións non estatais nin subestatais de tipo asociativo, académico ou fundacional de carácter científico, social e cultural no estranxeiro.

f) Axudas a entidades e institucións non estatais nin subestatais de tipo asociativo, académico ou fundacional de carácter científico, social e cultural para o fomento das súas relacións de colaboración en proxectos conxuntos con entidades do exterior.

g) Fomento de investigacións e estudios sobre a imaxe integral de Galicia e o galego no exterior a través de bolsas e subvencións. As citadas actuacións requirirán informe previo e vinculante da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

h) Fomento da implicación dos axentes sociais nunha cultura cooperativa que incentive o protagonismo de Galicia e do galego no exterior.

i) Información xeral de tódalas prestacións que poidan afectar ó retornado, así como de todos aqueles dereitos dos que poidan ser potenciais beneficiarios.

j) Información xeral de tódalas prestacións que afecten ós que poidan estar interesados no retorno así como de todos aqueles dereitos dos que poidan ser potenciais beneficiarios.

k) Liñas de cooperación con entidades sociais que persigan os fins e obxectivos relacionados nos dous puntos anteriores.

l) Estudios e investigacións sobre as diversas implicacións, condicionantes e consecuencias do retorno a Galicia dos emigrantes e os seus descendentes e, en particular, a capacidade de absorción dos retornados por parte do sector productivo, a repartición do emprego, o reequilibrio salarial e o custo social do retorno.

Dous.-Para o desenvolvemento das súas funcións a Dirección Xeral de Cooperación Exterior estructúrase do seguinte xeito:

1. Subdirección Xeral de Cooperación Exterior.

Correspóndelle a esta subdirección a asistencia ó director xeral nas súas competencias específicas e a coordinación e dirección dos servicios de cooperación ó desenvolvemento, cooperación institucional, corporativa, asociativa e fundacional e de orientación e integración do retornado e a elaboración das disposicións, programas, estudios e propostas sobre as materias propias dos seus servicios.

Estructúrase nas seguintes unidades:

1.1. Servicio de Cooperación ó Desenvolvemento:

Correspóndelle a este servicio as funcións de:

a) Subvencións ós proxectos de cooperación ó desenvolvemento presentados polas ONG galegas.

b) Convenios de cooperación coas ONG galegas e as súas asociacións representativas.

c) Campañas de concienciación e sensibilización, incluído o fomento da cooperación nos países en vías de desenvolvemento entre o mundo da empresa e as entidades locais.

d) Participación de Galicia nos programas da Agencia Española de Cooperación Internacional.

1.2. Servicio de Cooperación Institucional, Corporativa, Asociativa e Fundacional.

Correspóndelle a este servicio as funcións de:

a) Instrumentos de cooperación con entidades e institucións non estatais nin subestatais de tipo asociativo, académico ou fundacional de carácter científico, social e cultural no estranxeiro.

b) Axudas a entidades e institucións non estatais nin subestatais de tipo asociativo, académico ou fundacional de carácter científico, social e cultural para o fomento das súas relacións de colaboración en proxectos conxuntos con entidades do exterior.

c) Fomento de investigacións e estudios sobre a imaxe integral de Galicia e o galego no exterior a través de bolsas e subvencións. As citadas actuacións requirirán informe previo e vinculante da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

d) Fomento da implicación dos axentes sociais nunha cultura cooperativa que incentive o protagonismo de Galicia e do galego no exterior.

e) Información xeral de tódalas prestacións que poidan afectar ó retornado, así como de todos aqueles dereitos dos que poidan ser potenciais beneficiarios.

f) Información xeral de tódalas prestacións que afecten ós que poidan estar interesados no retorno, así como de todos aqueles dereitos dos que poidan ser potenciais beneficiarios.

g) Liñas de cooperación con entidades sociais que persigan os fins e obxectivos relacionados nos dous puntos anteriores.

h) Estudios e investigacións sobre as diversas implicacións, condicionantes e consecuencias do retorno a Galicia dos emigrantes e os seus descendentes e, en particular, a capacidade de absorción dos retornados por parte do sector productivo, a repartición do emprego, o reequilibrio salarial e o custo social do retorno.

Santiago de Compostela, vinteoito de decembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Aurelio Miras Portugal

Conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior