Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 31 de decembro de 2001 Páx. 16.606

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2001, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001286/2001, interposto por Alfredo de la Fuente Mayán.

Con data do 16 de novembro de 2001, o Comité Galego de Xustiza Deportiva recibe da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001286/2001 interposto por Alfredo de la Fuente Mayán contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva do 2 de marzo de 2001 confirmada por Resolución do 27 de xullo de 2001 sobre sanción de suspensión de seis meses dos seus dereitos de asociado e privación de licencia federativa da Federación Galega de Xadrez.

En consecuencia esta Secretaría Xeral para o Deporte acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento y son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2001.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte